Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alonso
Instancia de
Composto por
Nome orixinal
Alonso (es)
Wikidata
Alonso é un nome masculino e apelido castelán de orixe xermana . Provén do xermánico Adelfuns , composto por unha raíz gótica ath- , que podería vir de hathu 'loita' e outra raíz funs (disposto, valente). No castelán deu Alonso , no francés Alphonse (e de aí veu a súa reintrodución ó castelán como Alfonso , trala entronización dos Borbóns en España) e no galego e no portugués Afonso . En Galicia, a maior parte dos apelidos Afonso que se documentan na Idade Media foron castelanizados como Alonso durante os séculos XVI e XIX, por iso hoxe é máis frecuente a forma castelanizada ca a propia [ 1]
Ao se tratar dun patronímico moitos fidalgos colleron como apelido o nome de sei pai, polo que todos os Alonso non teñen a mesma orixe.
As orixes máis antigas fican en Burgos, Asturias e Galicia. De aí se estenderon ao resto da península na reconquista e de aí a América. As rexións con máis concentración de Alonsos son Asturias e Cantabria.
Alonso II de Fonseca , Alonso de Acevedo e Fonseca (? - † Santiago de Compostela 1512 ), foi arcebispo de Santiago de Compostela durante o século XV.
Alonso III de Fonseca , Alonso de Fonseca e Ulloa, (Santiago de Compostela en 1475), relixioso galego, arcebispo de Compostela e de Toledo.
Afonso de Lanzós nobre e dirixente irmandiño do século XV.
Xesús Alonso Montero , ensaísta , membro da RAG e do CCG e catedrático de Literatura galega, nado en Vigo en 1928.
Antón Alonso Ríos , Antón Hipólito Alonso Ríos, mestre, escritor, líder agrarista e político galego nado en Camporrapado, Cortegada , Silleda en 1887 e finado en 1980.
Fran Alonso , Francisco Alonso Villaverde, escritor e filólogo galego, nado en Vigo en 1963.
Eduardo Alonso , Eduardo Alonso Rodríguez, director teatral e enxeñeiro técnico naval nado en Vigo en 1948.
Eliseo Alonso , Eliseo Alonso Rodríguez, escritor galego en galego e castelán, nado en Goián (Tomiño) en 1924 e finado na Habana en 1996.
Pedro Alonso , actor galego nado en Vigo en 1972.
Luís Alonso Girgado , editor, escritor, investigador e tradutor galego nado en Ferrol en 1946.
Xurxo Alonso , pintor e escritor galego nado en Bos Aires, Arxentina, en 1956.
Alonso García , bispo de Palencia (España) durante os anos 1265-1276.
Alonso Berruguete , escultor castelán do manierismo , nado en Toledo en 1490.
Alonso de Palencia (1423-1492), escritor español.
Alonso de Cervantes poeta español do século XV .
Alonso de Arellano , explorador español do século XVI .
Martín Alonso Pinzón (1441-1493), co-descubridor de América .
Alonso Ortiz (¿?-1503), escritor español da prerrenacenza .
Hernando Alonso de Herrera (1460-1527), humanista español.
Alonso de Ojeda (1468-1515), descubridor do lago de Maracaibo .
Alonso Suárez de la Fuente del Sauce , bispo de Xaén (España) durante os anos 1500-1520.
Alonso Fernández de Lugo (¿?-1525), conquistador das Illas Canarias .
Alonso Álvarez Guerrero , poeta español da Renacenza .
Alonso de Santa Cruz , cronista dos Reis Católicos e do rei Carlos I de España.
Alonso de Salazar , explorador español do século XVI
Alonso Lobo de Medina Sidonia (1510-1593), relixioso franciscano español.
Alonso Mudarra (1510-1580) músico español.
Alonso de Bárcena ou de Barzana (1528-1598), misioneiro xesuíta español.
Alonso Sánchez Coello , pintor valenciano.
Alonso de Ercilla (1533-1594), escritor de La Araucana .
Alonso Anguiciana de Gamboa , gobernador da Costa Rica do 1573 ao 1577 .
Alonso López el Pinciano (1547-1627), médico e poeta español.
Alonso Puerta , político español.
Alonso García Ramón (1552-1610), gobernador do Reino de Chile.
Alonso de Barros (1552-1604), escritor español.
Alonso Lobo (1555-1617), compositor español.
Alonso de Ribera (1560-1617]], gobernador do Reino de Chile.
Alonso Correque caudillo indíxena da Costa Rica a finais do século XVI .
Alonso Cano (1601-1667), artista español do barroco .
Alonso Álvarez de Soria el Tuerto (¿?-1604), poeta español.
Alonso Alegría (1940-), dramaturgo peruano.
Alonso Cano , pintor e arquitecto español, nado en Granada en 1601.
Alberto Alonso , actor español.
Alejandro Alonso , escritor de ciencia ficción arxentino.
Alfredo Alonso , executivo dos medios de comunicación cubano-estadounidense
Alfonso Alonso Aranegui , alcalde de Vitoria (País Vasco).
Alicia Alonso , bailarina cubana.
Amado Alonso , filólogo e lingüista hispano-arxentino.
Anabel Alonso , actriz española.
Bruno Alonso González , militante do PSOE que durante a Guerra Civil Española foi Comisario da Frota Republicana.
Carlos Alonso González Santillana , futbolista do Real Madrid .
Cecilio Alonso , xogador de balonmano español.
Clara Alonso , modelo española.
Dámaso Alonso , poeta , filólogo e crítico literario español.
Daniella Alonso , actriz estadounidense.
Diego Alonso , futbolista uruguaio.
Edu Alonso , futbolista español.
Ernesto Alonso , cineasta mexicano.
Fernando Alonso , piloto asturiano de Fórmula 1 .
Gabriel Alonso Aristeaguirre , foi un futbolista vasco, nado en Hondarribia (Gipúscoa).
Gabriel Alonso de Herrera , agrónomo e naturalista español.
Iván Alonso , futbolista uruguaio.
Joaquín Alonso , futbolista asturiano do Real Sporting de Gijón .
Jorge Barbi Alonso , pintor surrealista español.
José Antonio Alonso Conesa , alcalde de Cartaxena español.
José Antonio Alonso Suárez , ministro de defensa español.
José Luis Alonso de Santos , dramaturgo español.
Juanito Alonso , futbolista español.
Julián Alonso , extenista español.
Laz Alonso , actor cubano-estadounidense.
Manuel Alonso Martínez , xurista español.
Manuel A. Alonso , escritor e médico portorriqueño.
Marcos Alonso , xogador e adestrador de fútbol español.
María Clara Alonso , actriz, cantante, bailarina e condutora arxentina.
María Conchita Alonso , actriz venezolana.
Miguel Alonso Gómez , compositor español.
Mikel Alonso , futbolista español.
Noel Alonso , futbolista español
Norberto Beto Alonso , futbolista arxentino.
Osvaldo Alonso , futbolista cubano.
Pedro Luis Alonso Jiménez , alcalde de Málaga e procurador nas Cortes Españolas .
Ángel Pichi Alonso Herrera , futbolista español.
Tomás Alons , Tomás Alonso de Armiño y Calleja , político castelán nado en 1881.
Victorino Alonso García , empresario español, propietario das dúas principais empresas da minaría do carbón.
William Alonso , planificador e economista arxetino-estadounidense
Xabi Alonso , exfutbolista español.