CryptoLocker é un troiano que xurdiu a finais de 2013 e foi perfeccionado en maio de 2017. Este malware é unha forma de ransomware que infecta sistemas Windows e cifra os datos da vítima, esixindo o pago polo descifrado.[1]
Nunha enquisa realizada por investigadores da Universidade de Kent, o 41% dos que afirmaron ser vítimas dixeron que decidiran pagar o rescate, unha proporción moito maior do esperado; Symantec estimara que o 3% das vítimas pagaran e Dell SecureWorks estimara que o 0,4 % das vítimas pagaran.[2] Tras o peche da botnet que se empregara para distribuír CryptoLocker, calculouse que arredor do 1,3% dos infectados pagaran o rescate; moitos puideron recuperar ficheiros dos que se fixera unha copia de seguridade e crese que outros perderon enormes cantidades de datos. Non obstante, crese que os operadores extorsionaron un total duns 3 millóns de dólares.[3]