Saltar ao contido

Enron

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Enron
Logotipo
Imaxe
 Nome orixinal
Enron Corporation (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Forma xurídica
 Industria
 Produto ou servizo
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
 Director/a executivo/a
 Bolsa de valores
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
1985 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
2001 Editar o valor en Wikidata
Historia
outubro de 2001Escândalo da Enron (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Cadro de persoal20600 (31 de decembro de 2000) Editar o valor en Wikidata
Ingresos totais100789000000 $ (2000) Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto979000000 $ (2000) Editar o valor en Wikidata
Activos totais65503000000 $ (31 de decembro de 2000) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF142338268 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000096404114 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02rsc Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
IMDB: co0255238 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Enron Corporation foi unha empresa enerxética estadounidense con sede en Houston, Texas. Empregaba aproximadamente a 21.000 persoas e era unha das empresas líderes mundiais en distribución de enerxía (electricidade e gas natural) e comunicacións. Os seus ingresos alcanzaron os 101.000 millóns de dólares no ano 2000, pouco antes do escándalo financeiro que a levou á quebra.[1]

Obxectivo de numerosas acusacións de fraude contable e fiscal e agobiado por unha débeda de 13.000 millóns de dólares, o grupo declarouse en quebra en decembro de 2001, arrastrando consigo a Arthur Andersen, o seu auditor. Naquel momento, as investigacións revelaron que Enron manipulara os seus balances financeiros, coa axuda de empresas e bancos, e ocultara 25.000 millóns de dólares en débeda durante dous anos consecutivos, inflando artificialmente os seus beneficios.[1]

O goberno dos Estados Unidos abriu ducias de investigacións penais contra executivos de Enron e Arthur Andersen. Enron tamén foi demandada polas partes prexudicadas. Segundo os investigadores, executivos e contables, así como institucións financeiras e bufetes de avogados que traballaban para a empresa nese momento, foron, dalgún xeito e en diversos graos, responsables do colapso da empresa.[1] Debido a unha serie de escándalos financeiros corporativos, como o de Enron, a Lei Sarbanes-Oxley foi redactada en 2002.[1]

  1. 1 2 3 4 SILVEIRA, Alexandre Di Miceli da "Fracassos Corporativos associados a problemas de Governança Corporativa: O caso Enron]" (PDF). agosto de 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28/09/2015. Consultado o 27/08/2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.