Saltar ao contido

Polycom

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Polycom
Logotipo
Imaxe
Características
 Forma xurídica
Implicados
 Bolsa de valores
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1990 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Fusionado con
Cifras e dimensións
Cadro de persoal3200 Editar o valor en Wikidata
Ingresos totais1500000000 $ (2011) Editar o valor en Wikidata
Beneficio neto136000000 $ (2011) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Sede
 País
Códigos e identificadores
VIAF175343241 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0c6vzt Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: polycompany Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Polycom (NASDAQ: PLCM) é unha corporación multinacional. Con máis de tres mil douscentos empregados, presenza mundial e vendas anuais de aproximadamente 967 millóns de USD , segundo o rexistro até o ano 2009.

Esta corporación fabrica e vende principalmente equipos de teleconferencia e videoconferencia.

Polycom foi fundada en 1990 por Brian L. Hinman e Jeffrey Rodman, os cales foran colegas de traballo en PictureTel Corp. cando decidiron fundar Polycom, co obxectivo de producir solucións integradas de voz, vídeo e datos para unha mellor comunicación empresarial.

Polycom foi inicialmente unha empresa de investigación e desenvolvemento até 1992, cando comezaron a producir e entregar o seu primeiro produto de comunicación de voz, a SoundStation. En xaneiro de 1998, completaron a adquisición da empresa de comunicacións ViaVideo Communications, Inc. En febreiro de 1998, comezaron a fabricar e distribuír ViewStation, unha gama de produtos de videoconferencia. En decembro de 1999, adquiriron Atlas Communications Engines, Inc., un distribuidor privado de dispositivos de acceso integrado e enrutadores DSL. Durante os anos seguintes adquiriron varias outras empresas de solucións de son e videoconferencia.

A seu actual CEO é Andrew M. Miller e a súa sede central está en Pleasanton, California.

Competidores

[editar | editar a fonte]

Os seus principais competidores son: Aastra, Ascom, Cisco, ClearOne, Konftel, LifeSize, snom, Tandberg e Vocera.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]