Arquivo dixital promovido pola DAG Asociación Galega de Deseño, que ten como principal obxectivo promover a investigación e a documentación da historia do deseño galego, difundindo parte do seu legado. Os contidos deste proxecto están estruturados en tres bloques: Arquivo do deseño, Rexistro Sonoro e Recursos.

Buscar

Arquivo do deseño
Selección de pezas e proxectos de deseño galego con certa relevancia ao longo da historia. As imaxes e documentación que compartimos proceden de arquivos, museos e coleccións públicas ou privadas.
Rexistro sonoro
Gravacións de voz de profesionais do deseño galego que comparten información e reflexións sobre o seu traballo e a súa traxectoria.
Recursos
Lista de referencias para saber máis sobre o deseño galego nas súas distintas disciplinas. Está organizada en catro categorías principais: bibliografía impresa, recursos web, espazos físicos e recursos audiovisuais.
1964-rotulo-bar_choco 1847-cabeceira-la_distraccion-antonia_vila_soneira-08 1929-galicia-grafica-lolita-diaz-balino-01 1934-As_Cruces_de_Pedra-Castelao
Rótulo “Bar Choco”
Cabeceira “La distracción”
Portada da revista “Galicia Gráfica”
Cuberta “As cruces de Pedra na Galiza”
Ver máis
Un podcast que rexistra as reflexións de profesionais do deseño galego na súa propia voz.

EQUIPO DE TRABALLO

AR\DE nace e medra grazas a un grupo de persoas voluntarias que crean, xestionan e comunican o proxecto. O Arquivo conta co apoio e asesoramento de profesionais especialistas en distintas disciplinas do deseño.

Os contidos publicados nesta páxina web poden ser compartidos grazas á colaboración dunha serie de persoas e entidades, que facilitaron o acceso ás imaxes e axudaron a recompilar a información necesaria.