Image

A CNT escribe unha nova vitoria sindical ao forzar á empresa ARENAL PERFUMERÍAS a cumprir coa saúde laboral das traballadoras

Unha vez máis, a presión sindical directa e combativa logra impoñer dereitos básicos contra a inacción patronal. A CNT, acadou un acordo vinculante no marco do Acordo Interprofesional Galego (AGA).

Seguir lendo A CNT escribe unha nova vitoria sindical ao forzar á empresa ARENAL PERFUMERÍAS a cumprir coa saúde laboral das traballadoras
Image

A CNT denuncia a explotación laboral na casa rural PARADA DE FRANCOS do Camiño de Santiago

A casa rural-restaurante PARADA DE FRANCOS, situada en Teo e propiedade da empresa WAY WALK SL, opera como un microcosmos da explotación patronal máis descarada. A CNT inicia conflito en defensa do afiliado afectado, quen sufriu vulneracións laborais que deixan en evidencia a absoluta impunidade coa que actúan algúns empresarios na hostalaría, mesmo nun espazo tan simbólico como o Camiño de Santiago.

Seguir lendo A CNT denuncia a explotación laboral na casa rural PARADA DE FRANCOS do Camiño de Santiago
Image

A CNT desenmascara a discriminación por enfermidade na empresa SEOKAIZEN

A empresa SEOKAIZEN, con base en Nigrán (Pontevedra), amosou a súa verdadeira cara nun caso de discriminación laboral flagrante. Esta compañía de marketing dixital, que se vende como unha empresa moderna dedicada á xeración de tráfico orgánico e á creación de contido para outras empresas, practicou unha discriminación directa por razón de enfermidade contra un afiliado da CNT, negándose a contratalo tras coñecer a súa condición médica.

Seguir lendo A CNT desenmascara a discriminación por enfermidade na empresa SEOKAIZEN
Image

Vitoria da CNT contra a explotación disfrazada de solidariedade na ONG ECOS DO SUR

A organización ECOS DO SUR, con sede na Coruña, amosou unha hipocrisía inigualable polo abuso laboral dunha traballadora e o seu despedimento fraudulento, aproveitándose de programas sociais para pagar salarios de miseria. A CNT conseguiu un acordo favorable para a afiliada, poñendo en evidencia as prácticas abusivas desta entidade.

Seguir lendo Vitoria da CNT contra a explotación disfrazada de solidariedade na ONG ECOS DO SUR
Image

Vitoria laboral da CNT contra o despedimento fraudulento na conserveira CONGALSA da Pobra do Caramiñal

A loita sindical volve inflixir un revés á política de abusos da empresa conserveira CONGALSA, radicada na Pobra do Caramiñal. A CNT acadou unha nova vitoria nun conflito protagonizado por un despedimento disciplinario baseado, unha vez máis, en feitos falsos e sen a preceptiva audiencia previa.

Seguir lendo Vitoria laboral da CNT contra o despedimento fraudulento na conserveira CONGALSA da Pobra do Caramiñal
Image

A CNT denuncia despedimento fraudulento no RESTAURANTE O CATRO e amosa a súa prática represiva.

O RESTAURANTE O CATRO, establecemento situado na céntrica praza do 8M en Santiago de Compostela, amosa o seu verdadeiro carácter co despedimento disciplinario dunha traballadora, executado mediante unha vulneración sistemática dos máis básicos dereitos laborais.

Seguir lendo A CNT denuncia despedimento fraudulento no RESTAURANTE O CATRO e amosa a súa prática represiva.