Saltar ao contido

David

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
David
Imaxe
 Instancia de
 Semellante a
Obra
Biografía
 Lugar de nacemento
 Data de nacemento
1039 a. C.
1040 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Lugar de falecemento
 Data de falecemento
969 a. C.
961 a. C. Editar o valor en Wikidata
 Lugar de sepultura
 Circunstancias morte
 Grupo étnico
 Sexo
 Linguas faladas
 Relixión
Actividade
 Alumno/a de
 Cargo ocupado
 Docente de
Aías (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
 Nai
Nitzevet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Pai
 Cónxuxe
 Fillo/a
Localización
 Lugar de nacemento
Identificadores
VIAF28348953 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000101373309 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL11165551A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02cvn Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX901878 Musicbrainz: 07c88bd9-8023-47d0-a82c-3cd6c59e16d4 Discogs: 3589427 Find a Grave: 8422 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

David (en hebreo: דָּוִד Dāwîḏ; en árabe: داوُد Dāwūd; en siríaco: ܕܘܝܕ Dawid; en grego antigo: Δαυίδ; en latín: Davidus, David) foi, segundo os Libros de Samuel, o segundo rei do Reino de Israel (século X a.C.), e de acordo co Novo Testamento, devanceiro de Xesús. A súa vida é datada de forma convencional entre c. -1040 e o -970, e o seu reinado sobre Xudá c. -1010 e o –970.[1]

Os Libros de Samuel, 1 Reis e 1 Crónicas son as únicas fontes de información sobre David do Antigo Testamento, malia que a Estela de Tel Dan (datada do c. -850 ou -835) contén a frase בית דוד (bytdwd), que se le como "Casa de David", polo que moitos estudosos confirman que puido existir unha dinastía real xudía do século -IX chamada Casa de David.[2]

Descrito como un valoroso guerreiro de gran renome, está considerado ademais un poeta e músico que compuxo moitos dos salmos contidos no Libro de Salmos. O Rei David está amplamente considerado como un rei xusto e eficaz tanto no goberno como na batalla.

Segundo o cristianismo, David é unha salientada figura por pertencer o seu mesías Xesús de Nazaret á Casa de David. No islam, David é considerado un profeta.

Artigo principal: David (nome).

David (דָּוִד, Dāwîḏ) ten o significado de "o amado" ou "o querido", e provén da raíz דּוֹד dôwd, que ten o significado etimolóxico de "ferver" pero que sobrevive na Biblia hebrea no senso figurado de "amar" e, especificamente un termo para un tío (irmán do pai).[3]

Na tradición cristiá, o nome foi adoptado do siríaco: ܕܘܝܕ como Dawid, en grego como Δαυίδ, e en latín como Davidus ou David. No Corán escríbese داوُد, transliterado Dāwūd.

David foi adoptado como un nome cristián dende moi cedo, como David de Gales (século VI), David Saharuni (século VII) ou David I de Iberia (século IX).

Unha variante en galego é Davide.

Narrativa bíblica

[editar | editar a fonte]

Segundo a Biblia, foi unificador das doce tribos na etapa posterior ós xuíces. Unxido por Samuel por riba de Saúl, o primeiro e lexítimo rei. Conquistou a cidade de Xerusalén e instaurou alí a capital do reino. Tivo catro fillos: Amnón, Abxalom, Adonías e Salomón.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Carr, David M. & Conway, Colleen M., An Introduction to the Bible: Sacred Texts and Imperial Contexts, John Wiley & Sons (2010), p. 58
  2. Alter 2004, p. xii.
  3. Strong's Concordance H1732

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Xaúl
SALOMÓN
Rei de Israel

1010-970 a.E.C.
Sucesor:
Salomón

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.