O grupo formouse cando David Draiman respondeu a un anuncio de procura dun cantante feito polos membros de grupo. Draiman, quen en pouco tempo transformaríase no líder do grupo, crecera nunha familia extremadamente relixiosa contra a que se rebelou na súa adolescencia, amosando no contido das letras das cancións a negación da benevolencia dun ser superior.
A banda gravou dous EPs nos seus primeiros anos, enviados a distintas discografías. Tiveron un éxito notable có seu single "Stupify" no ano 2000 e seguidamente có álbum The Sickness, produción que finalmente os lanzou ao éxito. Un ano máis tarde participaron no Ozzfest tour 2001, iniciando logo o "Music as a Weapon" Tour, por Estados Unidos e Europa.
En outubro do 2002, o seu segundo álbum Believe chegou ao número 1 das listas de éxitos estadounidenses, o que levou á banda a participar novamente no Ozzfest tour do 2003.
Entre o 2005 e o 2006 o grupo aprazou dúas veces unha xira europea debido a problemas de voz de David Draiman. (Jägermeister tour en novembro do 2005 e "Music as a Weapon III" a comezos do 2006).
O seu single "Stricken" foi o tema central do evento de loita libre "WWE New Years Revolution" 2006. En 2008 saíu á venda o seu último álbum Indestructible, producido por eles mesmos.