Optimates (do latínoptimātes, «os óptimos» ou «os mellores»; en singular: optimas), tamén chamados boni («homes bos») era a denominación que se lle aplicaba a políticos que representaban a facción aristocrática durante a República romana tardía.[1]
Existe unha "acalorada discusión académica" sobre se os romanos recoñecerían na denominación un contido ideolóxico ou, en troques, implicaba exclusivamente unha división política entre partidarios da autoridade senatorial (optimates) e defensores das demandas populares como o repartimento de terras (os populares).[2]
Robb, M. A. (2010). Beyond Populares and Optimates: Political Language in the Late Republic(en inglés). Stuttgart: Franz Steiner Verlag GmbH. ISBN978-3-515-09643-0.