Conta cunha edición europea (Time Europe, antes coñecida por Time Atlantic) publicada en Londres. Esta edición cobre ademais o Oriente Medio, a África e, dende 2003, América Latina. Alén diso, unha edición asiática (Time Asia) é editada de Hong Kong. Unha edición canadense (Time Canada) é editada de Toronto. Segundo moitos observadores da prensa mundial, a Time é hoxe a revista semanal de maior circulación no planeta.