1. |
Amuleto
03:08
|
|
||
|
Un amuleto contra o que me vai levar. Un talismán para quedar un pouco máis. Unha oración, unha chave, un bisturí. Un amuleto para non pensar en ti. Un amuleto para non pensar en ti. Unha tarde que se fai noite e a noite non acaba, a intuición dunha resaca que non pasa, que non me deixa ir. Unha pastilla para non sentirme así. Un amuleto para non pensar en ti. Unha pregaria que reanime o corazón. Unha palabra, unha frase, un tetragramatón. Un truco barato para non sentir. Un amuleto para non pensar en ti. Un amuleto para non pensar en ti.
|
||||
2. |
O demo vén verte
02:30
|
|
||
|
Vén á túa casa. Peta na porta. Entra na sala sen saudar. Pasa á cociña. Acaba a cervexa. Ponte cachondo e faiche levitar. O demo vén verte. Cheira estraño. Ten a túa cara. Sabe de todo menos de calar. Sácache os cuartos. Sácache as tripas. Dásllas con gusto. Que fermoso está! O demo vén verte.
|
||||
3. |
Despois
04:04
|
|
||
|
Vas ter que explicarme ben o que vén despois, porque eu non entendo ben o que vén despois. É só escuridade e nada o que hai despois? Ou claridade iluminada coma o sol? Vas ter que explicarme o que hai despois. Vas ter que explicarmo. Parabapá. Ti que estiveches alí, ti, di que vén despois, se vai haber quen me recorde alí, despois, se vou poder saber de vós, saber de vós despois, e visitarte cando soñes con nós os dous. Vas ter que explicarme o que hai despois. Vas ter que explicarmo. Parabapá. Uh, ah, uh.
|
||||
4. |
Regras para radicais
01:42
|
|
||
|
Radical: o poder non é o que tes, é o que mostras. Ri máis. Fai que morran de vergoña. A mellor táctica é bailar. Nunca afrouxes, apértate a min máis. A mellor táctica é soñar. Radical: pega xa, pega máis. Non sexas aburrida. Marca a meta e soña con ela mentres poidas cada noite e cada día porque a mellor táctica é bailar, nunca afrouxes, apértate a min máis. A mellor táctica é soñar.
|
||||
5. |
4AM: penso en ti
05:57
|
|
||
|
7AM: penso en ti mentres soa o espertador. 8AM: penso en ti mentres algún exército resiste ao invasor. 10AM: penso en ti mentres fago que atendo a outra xente. 11AM: penso en ti mentres me odio cordialmente. 4AM: penso en ti. 4AM: sigo aquí pensando en ti. 4AM: penso en ti. 3PM: penso en ti mentres o mundo arde coma un brulote. 6PM: penso en ti, en por que cojones te trouxen. 10PM: penso en ti porque non dou deixado de pensar en ti. 11PM: penso en ti porque pensar en ti é o que son: son o que pensa en ti. 4AM: penso en ti. 4AM: sigo aquí pensando en ti. 4AM: penso en ti. 4AM: sigo aquí pensando en ti.
|
||||
6. |
Fantasmas
03:51
|
|
||
|
Hai unha estancia, unha lámpada e un colchón. Hai un fantasma esperando no salón. Dime se vou recordar. Dime se vas recordar. Dime que vou recordar. Dime que imos recordar os dous. Oh, uh, oh. Hai un fantasma que me segue ao camiñar. Hai tantas caras que non logro recordar... Dime se vou recordar. Dime se vas recordar. Dime que vou recordar. Dime que imos recordar os dous. Oh, uh, oh. Hai un fantasma que me segue.
|
||||
7. |
Sombras calvas
02:57
|
|
||
|
Sombras calvas de si. Plans de pensións. Investimentos por se pasa o peor. Colchóns. Capital aforrado. Colchóns de espiña por soñar demasiado. Por que teñen que ser sombras calvas de si? Momias fartas de si. Terceiras residencias. Esqueceron que vivían nun baixo cuberta. Xeración que morre cedo. Xeración de zombis preñada de medo. Por que teñen que ser sombras calvas de si?.
|
||||
8. |
|
|||
|
Dixo o raposo: “Unha vez pensei en cambiar, sacar a praza, comer san, aprender a rezar”. Dixo o raposo: “Unha vez quíxenme reformar e foron vinte minutos para non recordar, vinte minutos todos para non recordar”. E dixo o pombo: “Unha vez pensei en cambiar, tirar as plumas, mudar a pel e roer e casar”. Dixo o pombo: “Unha vez quíxenme reformar, e aquilo durou o que un castelo de area ante o mar. O mesmo que un castelo de area ante o mar”. Dixemos tantas cousas e tan poucas van pasar. Son cousas que dixemos e nunca van pasar.
|
||||
9. |
Atende ben
03:49
|
|
||
|
Atende ben: a culpa será vosa se teño que marchar. Eu quíxenvos tanto mentres a gráfica marcaba o que tiña que marcar. E agora rematou. Son os ciclos da vida, o ciclo dos cartos, o circo do capital, que vén e que vai e haise que conformar. Se teño que marchar só vos vou deixar unha balsa vermella de lama vermella e unha estrada vermella e corazóns azuis, se teño que marchar. Torres de alta tensión, tendedeiros de corvos, un expositor do que pensastes ser e xa non sodes, pero a culpa é vosa, eu que vou facer se son como son: unha corporación, un ente abstracto sen corazón que non sente nin padece, e que vou facerlle se son como son. Se teño que marchar só vos vou deixar unha balsa vermella de lama vermella e unha estrada vermella e corazóns azuis, se teño que marchar.
|
||||
10. |
Sueño con serpientes
05:27
|
|
||
|
Sueño con serpientes, con serpientes de mar, con cierto mar de serpientes, sueño yo. Largas, transparentes y en sus barrigas llevan lo que puedan arrebatarle al amor. Oh, oh, oh, la mato y aparece una mayor. Oh, oh, oh, con mucho más infierno en digestión. No quepo en su boca. Me trata de tragar, pero se atora con un trébol de mi sien. Creo que está loca. Le doy de masticar una paloma y la enveneno de mi bien. Oh, oh, oh, la mato y aparece una mayor. Oh, oh, oh, con mucho más infierno en digestión. Ésta al fin me engulle y mientras por su esófago paseo voy pensando en qué vendrá. Pero se destruye cuando llego a su estómago y planteo, con un verso una verdad. Oh, oh, oh, la mato y aparece una mayor. Oh, oh, oh, con mucho más infierno en digestión. Oh, oh, oh, con mucho más infierno en digestión.
|
||||
Grampoder Santiago De Compostela, Spain
Grampoder somos Le Roi e Martin Wu. Facemos
rock portátil, pop campestre, folk
psicodélico,
hardcore comeflores. Quizá nos
coñezas de aventuras como The
Homens, aínda que
o máis probable é que non // Grampoder somos Le Roi y Martin Wu. Hacemos rock portátil, pop campestre, folk psicodélico, hardcore comeflores. Quizá nos conozcas de aventuras como The Homens aunque lo más probable es que no.
... more
If you like Grampoder, you may also like: