Oe oe oe!
Xullo 29, 2007
Pim, pam, pum. Fodin!
Aviso de derrube
Abril 20, 2007
En todo este tempo nin un triste foghete.
BSO
Marzo 29, 2007
Acepto encantada, claro, pero coas miñas condicións. Eu porei 5 cancións coas que lembro ter fodido, non teñen por que ser grandes cancións que acompañen o acto, non son recomendacións, son as que foron.
1. Portishead * Roads
Esto era amor, un deses algo difíciles, de cando a un lle gustan os trebóns. Ainda me lembro, del , dos nosos beizos rozándose mentras nos cantabamos moi baixiño oh, can’t anybody see, we’ve got a war to fight, never found our way, regardless of what they say. Todo alento e pel.
2. And One * Metalhammer
Un clásico do clubbing gótico que ainda perdura nos nosos corazóns. Daquela eramos así, novos, promiscuos, exibicionistas. Inesquecible aquel que me erguía a saia ata a cintura para agarrarme o cú, apretaba coma ninguén. Negrura, paredes de cemento e dentes afiados, como para non poñerse a mil.
3. Underworld * Cowgirl
Un clube, un baño, volume altísimo, felicidade de mentira. Nunca máis fodín en ninguén así. Si que o lembro, el era unha besta brava e eu unha cowgirl sen botas, i want to give you everything, i want to give you energy, want to give a good thing, to give you everything.
4. Ryuichi Sakamoto * The Wuthering Heights
Como presta foder con esta canción un día deses de choiva gorda contra a uralita, pegan moi ben. E pegaba tamén moi ben con aquela mociña de pel branca, toda chea de pecas ela. As tetas máis bonitas que vin na miña vida, todas pra min, todas enteiras.
5. Julee Cruise * Falling
Enterámonos de que repoñían a serie (Twin Peaks) e tentamos vela, e a min gústame foder no sofá, que si, pero a excusa esta era moi mala. Non chegamos nunca ó primeiro descanso coa roupa posta, a culpa toda era dos seus cortinóns vermellos.
A quen lle paso esto:
a cesare
a o leo
a pawley
a ascárida
a rabudo
Eu non morro de fame
Marzo 10, 2007
Ter unha lingua entre as pernas durante 15 minutos non é que non me guste, é que non me pon cachonda. Parécenme ben unhas lambidas, eso si, pero máis non. E se me volves decir que é que nunca ma comeron coma dios manda, eu direi que nunca che enterraron os de agulla nos collóns coma debe ser.
Fódesme coma un actor porno
Marzo 4, 2007
Unha nota de seguido se un home aprendeu a foder porque o fixo en moitas mulleres ou porque mirou moita ponografía. E non o digo polas porno-obsesións contemporáneas ( rasurados, anais e faciais), é algo máis básico, de pose. Se foden en ti ao lonxe, deixando espazo para un primeiro plano da polla entrando e saindo, entón, sonche da escola do porno.
Non hai que desesperarse, amigas. Só hai que poñerse enriba.
Depende de nós
Marzo 2, 2007
Evidentemente depende da habilidade d@ partenaire
E non será que o único que precisamos é movernos un pouco?. A min funcióname.
Eu tamén
Febreiro 26, 2007
1. Quedo durmida .
2. Poño mala cara se me quecen e non me foden.
3. Paso dos preliminares.
4. Sempre estou pensando en foder.
5. Córrome en 5 minutos.
Como fodemos?
Febreiro 26, 2007
Eu digo: fodemos como cremos que somos.
Caladiño estás máis feo
Febreiro 8, 2007
Os tíos silenciosos non me fan moito xeito, cando case non os sinto respirar son coma un barco sen GPS. E tenme pasado veces, eu dalle que dalle, coa polla na boca, e o tío teso e calado coma unha figura de mármore. E ai, sen pista ningunha, fai que se corra. Bendita experiencia, se os mariñeiros saben cara onde apunta a estrela polar eu sei o que é que che suban os collóns.
Vinganza
Febreiro 6, 2007
Míralle aos ollos, sorrí e dille que eres ti a que quere foder no seu cú.