31.10.06

O blogmillo nos bares

ImageChssst!

(Que as paredes
teñen blog)

25.10.06

Parábola

Image
O amo da Terra
quixo zarrala cun muro

ficou dentro

24.10.06

Protagonista da miña vida

Image
Tanto pasado e tan pouco
futuro para por fin dar
estado
. . . . . . . presente

18.10.06

Lírica

ImagePódeche gustar unha cántiga
a primeira vez que a escoitas?

Cun poema pasa o mesmo

17.10.06

Es ti

Image
Ti es a tal pra min
Quero sermos

Ámonos

11.10.06

Para non fodela

Image
Podemos follar a vida
pero tamén cómpre que lle

fagamos un chisco o amor

9.10.06

A aldea máis grande de Europa

ImageAo entrar pola autoestrada
Santiago é unha metrópole

de tella

5.10.06

Talkin' 'bout my generation

Image
Os faladoiros do s. XXI
non son no Derby
son nas portas dos baños do Maycar

3.10.06

O país do circunloquio

ImageCantamos cumbias
para falarmos por fin

con seseo