lunes, 1 de diciembre de 2025

Delicias de outono.

 Durante todo o mes de novembro, o alumnado xunto coas súas familias, foron elaborando unhas receitas de outono exquisitas. 

Algunhas son sinxelas de facer, con ingredientes que temos pola cociña; outras... non tanto. 

Por aquí deixamos o receitario para que elixades as que máis vos apetezcan. Anivádemos e mans á masa!



Moitas grazas a todos/as por participar!!!


martes, 18 de noviembre de 2025

Chegou a maleta viaxeira!

O CEIDA, a través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os centros educativos varias coleccións de libros para achegar o medio natural ao seu alumnado. Con elas pretende dar a coñecer o patrimonio natural da nosa contorna máis próxima e fomentar a realización de actividades ao aire libre nos centros de ensino.

A nosa maleta é a literaria: unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. O alumnado coñecerá criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea. Porque a lectura pode ser unha ferramenta marabillosa para conectar coa natureza.

Image


Por aquí deixamos o listado completo dos contos que inclúe a maleta: https://www.ceida.org/sites/default/files/adxuntos-paxinas-basicas-biblioteca/maletaliteraria2022.pdf





jueves, 30 de octubre de 2025

Lecturas as escuras.

 Chegou o Samaín... e na biblio afundíronse as luces! Quedamos completamente a escuras!

Que podemos facer?

O alumnado de 6º de primaria tivo unha idea fantástica!!

Tras moitas horas de ensaio, preparación e algún que outro contratempo... divertiron a todo co colexio contando historias fantásticas (unhas daban máis medo que outras). Todas, as escuras!!!!!

Moitas grazas polo voso traballo. 

Image

PD. O público quere unha segunda sesión polo nadal...

lunes, 6 de octubre de 2025

Apertura da biblio.

 Por fin chegou o día!!! 

Este curso traballamos baixo o proxecto dos inventos, polo que dende a biblioteca preparamos unha actividade temática moi chula.

O alumnado tivo que buscar libros relacionados con inventores españois. Algunhos eran fáciles de atopar grazas as etiquetas temáticas, pero outros... tiveron que ser creativos.

Image

Image




miércoles, 7 de mayo de 2025

Vistita de María. Miradas al mundo.

 Hoxe acudiu ao centro María, fundadora da ONG Miradas al Mundo, para contarnos en que consiste unha ONG, onde traballan eles e cales son as súas áreas de actuación. 

Ademais, o alumnado tivo a oportunidade de facer unha videochamada cos rapaces e rapazas de Guinea-Bisáu e facerse moitas preguntas.

Image

Tras este encontro, imos facer un Feirón Solidario para colaborar coa ONG Miradas al Mundo. 

Image



miércoles, 30 de abril de 2025

Knolling

 Aquí tedes as aportacións do Knolling literario.

Sabedes a que libro pertence cada un?

Image

Image

miércoles, 23 de abril de 2025

Visita de Paula Merlán

 O 23 de abril, día do libro, Paula Merlán visitou a biblioteca do centro.

Os peques fixeron uns marcapáxinas chulísimos!

Image
O concello de Cabanas regalou estes dous exemplares para a nosa biblioteca. 

Mirade que dedicatorias tan especiais.

Image

jueves, 17 de abril de 2025

lunes, 24 de marzo de 2025

Día da Poesía

 


Para conmemorar o día da poesía, o equipo de biblioteca realizou esta proposta: 

Image



Image

Image

Image



Seguindo o proxecto do centro, "Festa rachada", os acrósticos están relacionados coa festa que traballou cada clase. 
Aquí vos deixamos o poema do alumnado de 4º de primaria recitado por eles: 




E por aquí van todas as poesías: 

Image






viernes, 14 de marzo de 2025

Semana da prensa. Resultados.

Tras unha semana coas Noticias Bizarras... 

chegaron os resultados!

Image


Grazas a todos e todas por participar.

Image

Image

Image





Queda por aquí un link de interese para identificar noticias falsas. Image



 

jueves, 6 de marzo de 2025

SEMANA DA PRENSA

 Outro ano máis... volven as "noticias bizarras" 

na semana da prensa.

Image



viernes, 28 de febrero de 2025

Libroucho cumpriu os mandadiños da Meca romeira.

 A mascota da biblio, Libroucho, non quiso perder a troula do entroido.

Foi o encargado de trasladar os mandadiños da Meca Romera para todos e todas. 

Ademais de mostrar os carteis, foi o primeiro en engalanarse. 


Mirade que guapiño!!


Image




viernes, 14 de febrero de 2025

Apadriñamento lector con moito AMOR!

O apadriñamento lector deste trimestre concidiu nun día moi especial... por iso fixemos lecturas con moito amor!

O mal tempo non impediu gozar desta xornada tan esperada pola rapazada.

Despois de cada lectura, os padriños e madriñas lectores agasallaron aos pequechos cunha fermosa pegatina 💓.


Image


Image



Image


Image


 

miércoles, 27 de noviembre de 2024

Sorpresa!

Non sabemos moi ben como pasou... pero os debuxos dos contos cobraron vida!

Por aquí vos deixamos os vídeos do primeiro ciclo de primaria.








Queredes ver como se moven o resto? Tedes que agardar un anaquiño...

lunes, 18 de noviembre de 2024

Un medidor de conto

 Acordádevos dos personaxes dos contos?

Pois mirade o novo medidor da biblioteca...

Image




E ti, es tan alto/a como ...?


jueves, 14 de noviembre de 2024

Apadriñamento lector.

 Hoxe gozamos dunha xornada moi interesante. 

Os máis peques do cole tiveron uns padriños e madriñas lectores moi especiais. 

Image

Image

Image Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image

Image






lunes, 4 de noviembre de 2024

Adiviña o personaxe!

 Estas obras de arte son froito da actividade desta semana. 

O alumnado do cole, a través das pistas que daban as mestras, foron debuxando un personaxe de conto.

Image

Image

Image

Image




jueves, 24 de octubre de 2024

Espectáculo "Cabicivai"


O xoves 24 visitounos Pablísimo coa súa bici, que viña cargada de obxectos cos que deu vida a contos de diferentes países. Pasámolo xenial!

Image

Image

Image



lunes, 7 de octubre de 2024

APERTURA DA BIBLIOTECA

Xa está aberta a biblioteca do cole!

Para a primeira xornada desde curso, o alumnado tivo que completar unha "check list" moi especial.

Image

Image