
Foi hai seis meses cando decidín soltar amarras do teu peirao. Neste tempo, permanecín en contacto vía ondas electromagnéticas con escasísimas visitas miñas ao teu embarcadoiro ou túas á miña cuberta. Desde hai un tempo, a dor agudizárase. Preguntaches porqué e asegurei non saber cando realmente sei de máis. Onte, decateime de que á pesar de soltar amarras, o meu navío apenas se movera, oscilando simplemente no mesmo sitio onde estivera. E así foi como me decatei de que había que elevar a áncora. E decidín elevala e agora agardo a iniciar o movemento, a comezar a travesía paseniño.



Boa viaxe Mar!! Animo na túa travesía, e aínda que pareza unha viaxe perigosa e solitaria, non é así nin moitos menos, eso sí, escolle ben a tua ruta, e o teu mapa. E son sopra o vento, pois tocará remar, eso sí, nunca quedarse quietos. Un biquiño!
Moitas grazas. Un bico