Estou a unhas horas de presentarme ante o oráculo. Ela guiarame no camiño. E mesmo aínda que teño fe non podo apartar as verbas de P advertindo de que non hai pócima perfecta. Menos mal que La si mantén as miña esperanza.

—————————————————————————————-
Dixo Mi que teño “mal” os chakras 3 e 7. O número 3 xa o agardaba. O sete era consciente del pero non imaxinaba que esa falta de fe nalgo puidera pasarlle factura ao meu corpo, á miña saúde. Pasaron xa varias semanas desde a sesión de Reiki e, sinceramente, non noto nada diferente. Iso si esta tarde decidín encher o cuarto de flores de loto. Cristal branco, cristal violeta e amarelo para mudar unha vida.
——————————————————————–
18.11.09
Hoxe comeza algo novo. Non empezou o día 14 como tiña previsto. Non, comezou hoxe. Para iniciar algo había que afronta-los demos. Tres foron as vítimas. Comecei polo traballo. P, R, D. Eu ben sei do que falo. Os demais non teñen porque saber. Nunca imaxinei que este exercizo de demonización puidera facerme sentir tan ben. A cinza é gris pero ten un tacto aterciopelado, tócala es difumínase entre luces azuis. Verbas e lume. Gracias, MJ.
——————————————————————————-
Cando escribo isto xa pasaron varios meses dende as primeiras horas co oráculo. Ó final de todo, decepcionoume. Son unha persoa á que non se pode retar. Corres un riscos que, ante todo, vante perxudicar a ti.




Tomo nota pero para outra. Eu xa marcho de aquí, rumbo a outra travesía, creo.