Debería poñerse de moda o latín. Non quero caer xusto no que criticaba Tusón en “Mal de linguas”, pero o latín semella tan elegante e, ó mesmo tempo, tan categórico.
Se eliximos unha verba ó chou, podemos atoparnos con “defraudar”. É a primeira que vén á miña cabeza desta volta. “Defraudar”, palabra aguda que sona como un peso nada máis pronunciala. Pero “Defraudare”, xa ten outro aquel. Parece máis liviana.
Defraudar: “Frustrar, perde-la confianza ou a esperanza que se poñía nalguén ou nalgo”.
Pero quizais prefira outra frase: A cane muto et aqua silente cave tibi. É dicir, que teñamos coidado do can que cala e da auga que non fai ruido. Si, mellor será coidarse deles.
Lubos, un eslovako de mediana idade, leva décadas adicándose o estudo e ó retrato dos morcegos. Fascínalle o seu mundo de escuridade, o seu modo de pasar a meirande parte da súa vida “patas arriba”. Precisamente, “patas para arriba” (Arsy-versy) foi como o seu sobriño, Miro Remo, titulou un documental seu de 2009, protagonizado por Lubos, a nai deste mailos quirópteros. A peza foi unha das máis aplaudidas a pasada fin de semana no VI Festival Internacional de Documentais de Tui “Play Doc”.
Certas pasaxes do documental lembran unha das actividades de Axena: a visita a minas “pechadas”. Lubos relata na obra audiovisual como nestes fogares de quirópteros ten atopado o morcego orelludo dourado, o de ferradura grande e o morcego ratoneiro grande, entre outros.
O novo realizador Miro Remo descobre o hábitat destes animais no film amosando como o seu tío se adentra nunha mina (mesmo con cartel de prohibido o paso) con nove focos no corpo, luz abondo para fotografa-los morcegos durmidos, coas ás despregadas de cheo no voo ou regañando os dentes. As imaxes en branco e negro, logradas por Lubos mediante a súa cámara analóxica, móstranse tamén no documental que, ó mesmo tempo, recolle o conflito entre unha nai -a avoa do realizador- e un fillo, o tío de Miro.
A muller, de 75 anos de idade recalca a idea de que o seu fillo é considerado un tolo no pobo (o que o propio Lubos recoñece) pola súa afección, que lle leva a convertir o lecer de retratar morcegos no seu único fin existencial. A queixa da señora radica en que o seu fillo carece de traballo e que é visto como un friki.
Non ía adicarlle nin unha liña. Pero mudei de opinión. Vou ser breve porque non podo abusar da miña condición actual.
Asegura Rosa Díez que “Zapatero podría ser gallego en el sentido peyorativo del término”. Que entende Rosa Díez por “pexorativo” en canto a ser galego? Debería aclaralo antes de voltar a pisar esta terra que non é a primeira vez que insulta.
Recoñezo a súa valía como eurodeputada anos atrás na defensa do sector pesqueiro pero agora dáme máis que noxo coas súas opinións. Pero iso xa é falar de política e este blog non se creou para iso. Hoxe imos falar de EDUCACIÓN e RESPETO. Xusto o que lle falta a esa señora porque se Zapatero podería ser “galego no sentido pexorativo do termo”, Rosa Díez é unha descarada no sentido literal da palabra.
Ademais deste post, mostrei a miña repulsa enviando un e-mail desde a páxina de Unión Progresista. Na parte de arriba, hai unha icona cunha arroba. Deixeille alí unha mensaxe con moita educación, toda a que a ela lle falta.
O puzzle ao que lle faltan pezas, a paleta de pintura que non dá culminado o cadro, a máquina de escribir que queda sen tinta... Un diario dunha travesía de Ítaca a Ítaca. En galego, por suposto