Hai 15 anos que souben do camiño das súas miserias. Todo este tempo pasou como unha media vida na que había frases que entendía mentres outras comézoas a comprender agora. O saber erudito, da rúa, é o que ten, garda a súa ciencia destilada, na adega en barrica de carballo ata que lle quitas o corcho á botella e descobres que sana a alma.
Fito é así, un poeta do día e da noite, que axuda a iniciar unha viaxe introstrospectiva necesaria. Esta fin de semana, o sábado, vendeu 10.000 entradas -din- para o seu concerto no Ifevi en Vigo. Pouquísimos conseguen esgotar os billetes nesta praza tan difícil. E desde o primeiro segundo, todos cantamos as cancións sen esperar ós estribillos. O vídeo do primeiro single deste últmo disco expande a onda de Fito a través da Fitoterapia. Eu tamén os comecei a escoitar en cinta cando daquela xiraba con Platero y Tú.
Visto desde a entrada era como entrar nunha nube. Fume, fume, pero sen lume. O lume chegaría despois a través das guitarras e do saxo, das palmas, da cara de felicidade das xentes que nos reunimos alí non para venerar unha estrela senón para compartir a vida cun “amigo”.
A súa humanidade tivo tempo para arrancar un aplauso pola volta á casa dos mariñeiros do Alakrana. El, que vive en Bermeo, aínda que non ve o mar desde a casa, é sentido coa xente.
Foron dúas horas e media de espectáculo de rock and roll de etiqueta negra, con versións inesquecibles como a de “Soldadito marinero” na que empezas chorando coa alma en ritmo lento para o final rockeala e dar brincos. Esa é a maxia de Fi



