lunes, 31 de agosto de 2009

Na Costa da Vela

Image
A zona da Costa da Vela, normalmente "invadida" por centos de turistas, é un recuncho tranquilo nos días anubrados como o de hoxe. Na Praia de Melide (Cangas, Pontevedra) sobre 400 gaivotas, O 50% Gaivota escura (Larus fuscus) das que 3 exemplares estaban anelados (2 anelas metálicas e 1 anela plástica de cor negro).

Image

Bando monoespecífico de Gaivota escura (Larus fuscus) en migración activa en dirección sur observado na Costa da Vela.


Image

Exemplar de Gaivota escura (Larus fuscus), 0;N[JN40]↑/0;α, observada na praia de Melide, probablemente anelada por Nils Lorentzen, Noruega.


Image

A presenza na praia deste exemplar xuvenil de Gaivotón (Larus marinus), cun comportamento extremadamente agresivo, repartindo picotazos a discreción, provocando un estado de nerviosismo dentro do grupo de láridos.


Image

Nunha visita curta a Punta Balea observamos esta Gaivota patiamarela adulta, 0;α /0;V[ZH7H]↓, anelada na illa de Sálvora, A Coruña por Andrés Bermejo.


Image

Tamén outro adulto de Patiamarela marcado con anela metálica en tarso dereito, coa numeración 6062201 e remite ICONA (España).


Image

Preto da desembocadura das augas tratadas da EDAR de Balea, estaba este cadáver de Gaivota patiamarela (Larus michahellis), posiblemente predado por Visón americano (Mustela vison).


Image

E xusto un día antes..., este exemplar de Visón americano (Mustela vison) estaba recorrendo a zona intermareal de Punta Balea.


Un saúdo.