01/09/20

Un verán diferente

Image

Como cada primeiro de setembro, a pequena do fogar está de parabéns por facer anos
Mais este aniversario é especial, pois por vez derradeira a cifra das candeas terá un só díxito
Tamén será distinto porque todos seguiremos levando posta, coma nos últimos meses, unha máscara
De feito, así foi todo este verán sempre que saíu fóra da casa, agás cando se foi bañar na piscina ou na praia
Baixo estas liñas, vémola coa súa tía en Cambados, onde por fortuna sobra patrimonio natural e cultural que visitar

Image

Image

Image

Ademais da capital comarcal, tamén visitou outras vilas do Salnés
Foi o caso da Arousa ou de Vilanova, onde entrou nas casiñas do Xardín Umbrío

Image

Image

Image

Tamén estivo na Casa Museo Valle-Inclán, sito nun edificio señorial que nos trasladou a outrora

Image

Image

Image

E percorreu en varias ocasións as rúas cheas de vida de Vilagarcía
En especial as peonís do centro, como tamén tivo ocasión de facelo en Pontevedra
Seguindo pola costa cara ao norte, levámola de escapada á principal vila da seguinte ría, a de Noia

Image

Image

Image

Alí tivo a sorte de xantar, e moi ben, nun pazo da Idade Media
Os seus arcos eran góticos, coma algúns dos de Santa María A Nova
A igrexa alberga o Museo das Laudas Gremiais, que visitamos ao son dun violín 

Image

Image

Image

Selma tamén visitou a familia da Coruña, onde asistiu a concertos e funcións teatrais
E no parque acuático de Cerceda, ao que acudiu unha tarde, xa se puido bañar na piscina grande

Image

Image

Image

Unha das xornadas máis especiais foi a que compartimos cos tíos de Marta na súa acolledora casa no campo
Unha vez tivemos que retornar a Lugo, quedaron para sempre na lembranza todas estas vivencias dun verán diferente

Image

2025

Remata o ano, polo que toca facer balance desta última volta que demos arredor do sol O 2025 non resultou doado, en diversos aspectos, pero ...

Image