25/08/25

Os castelos do Val do Loira

 Image

Vimos de percorrer un dos vales máis fascinantes do mundo
Visitamos parte dos principais castelos do Loira, no centro de Francia
Comezamos coa primeira fortaleza considerada Patrimonio da Humanidade
Trátase do château de Sully-sur-Loire, que marca río arriba o inicio destes bens
-O de Saint-Brisson-sur-Loire, a 280 km, pecha a sección distinguida pola Unesco-

Image

Image

Image

Tivemos o acerto de facer noite nun hotel con encanto, o Burgevin, situado moi preto do castelo
Puidemos así vee o monumento tanto de día como de noite, que foi unha das experiencias que máis lle gustaron á nosa filla

Image

Image

Image

O resto dos castelos que vimos xa eran todos dos de visita obrigada
O primeiro, o de Amboise, encóntrase no alto da turística vila homónima
Tamén lle dá nome á liñaxe dos condes que a posuíron, enemistados cos Anjou
Finalmente, acabou por ser residencia real, e hoxe só se conserva parte do conxunto

Image

Image

Image

A fortaleza medieval orixinal fora erixida sobre un castro galo con vistas ao Loira

Image

Image

Image

Na capela de Santo Huberto, que preside o centro da vila, encóntrase a tumba de Leonardo da Vinci
O xenio florentino pasara os seus últimos anos de vida aquí, no château de Clos Lucé, baixo o mecenado de Francisco I

Image

Image

Image

Dende Amboise dirixímonos cara ao castelo que máis me gustou de entre os que vin
Trátase do que se encontra en Chaumont-sur-Loire, que me encantou pola súa aposta decidida pola arte contemporánea

Image

Image

Image

O monumento acolle unha morea de salas dedicadas a amosar os traballos de novos artistas
Non só nas plantas superiores do edificio principal, senón tamén nos estábulos ou nos celeiros

Image

Image

Image

Por se fose pouco, Chaumont-sur-Loire tamén acolle un festival internacional de xardíns

Image

Image

Image

O seguinte castelo que visitamos está considerado a auténtica xoia da coroa
Refírome ao de Chambord, que ademais é o de maiores dimensións de todos cantos hai no val

Image

Image

Image

Comezouse a construír como residencia do devandito Francisco I precisamente o ano que finou Leonardo da Vinci

Image

Image

Image

Image

Un dos detalles máis salientables deste xigante renacentista é a dobre escaleira de caracol que ascende dende o seu estómago
Ao carón do máis alto, unha exposición explica os pormenores de cando, durante a ocupación de París, gardou as obras do Louvre

Image

Image

Image

Ademais dos castelos de Chambord e de Amboise, tamén fora residencia real o de Blois, situado entre ambos

Image

Image

Image

De feito, é neste monumento onde mellor se recoñece ese carácter, en gran medida grazas á calidade da restauración das súas salas

Image

Image

Image

Entre as numerosas pinturas expostas no castelo, destaca o retrato de Antonietta Gonsalvus, obra de Lavinia Fontana

Image

Image

Image

Capital do departamento de Loir e Cher, Blois foi a cidade que nos acolleu durante o groso da nosa estadía no Val do Loira

Image

Image

Image

Tarde tras tarde, percorremos as animadas rúas do seu recinto histórico
As diferentes prazas do centro albergan ambientes de distinta índole, con locais tanto familiares como para a mocidade

Image

Image

Image

O último castelo que visitamos figura no podio dos que gozan dunha maior popularidade
Proba diso é que aquí atopamos moreas de turistas chegados dende o outro extremo do mundo

Image

Image

Image

O château de Chenonceau ten a particularidade de encontrarse sobre unha ponte
É tamén coñecido como o castelo das damas, debido á longa lista de mulleres ás que pertenceu a propiedade durante séculos 

Image

Image

Image

Image

Entre elas destaca Luísa de Lorena, cuxa tumba está situada no medio do bosque, á beira do río Cher

Image

Image

Image

Image

Falando de forestas, resulta salientable non só a riqueza do patrimonio cultural da zona, senón tamén a do natural

Image

Image

Image

A uns 30 quilómetros, agárdanos a cidade de Tours, coa súa destacada zona monumental
Alí pódense ollar as distintas basílicas de San Martiño, tanto a nova, que alberga os restos do santo, coma a antiga

Image

Image

Image

No xardín do Museo de Belas Artes recíbenos esta árbore senlleira, un cedro libanés con máis de sete metros de circunferencia

Image

Image

Image

Recuncamos na última cidade que visitamos, Orleáns, onde xa pararamos á ida
Desta volta, tamén fixemos noite, e deunos tempo a apreciar mellor os sesu atractivos

Image

Image

Image

Entremedias, botamos uns días no único lugar do planeta con seis salas equipadas co sistema de proxección IMAX
Falaremos dese parque de atraccións sen parangón na seguinte entrega sobre esta inesquecible viaxe ao corazón de Francia

Image

2025

Remata o ano, polo que toca facer balance desta última volta que demos arredor do sol O 2025 non resultou doado, en diversos aspectos, pero ...

Image