Todos pídenlle a Deus a saúde maila libertade e eu pídolle a morte e non ma quere mandar.
Todos le piden a Dios la salud y la libertad y yo le pido la muerte y no me la quiere mandar.
Everybody says to God send us the health and the freedom and I say send me the death and He doesn´t want to send to me.
Benquerido Pablo… que non te cegue á pasión… os restos da tumba romana non apareceron «na illa dos millonarios» sinon na finca Mirambell. A empanada mental é do conxunto dos medios (e do concello+patrimonio Xunta) que seguen chamando «villa romana de Toralla» a unha villa que non está en Toralla, sinon no continente.
De feito na noticia a chaman «aToralla peninsular». A illa ven sendo algo así como determinados lugares do Castro, un lugar onde milagrosamente non se atoparon restos arqueolóxicos de ningún tipo.
Certamente. O problema parte da denominación oficial da vila (dita denominación a decidiu no seu día o Concello seguindo o criterio do nome orixinal, que foi posto pola familia Mirambel cando fixo a primeira excavación, e logo seguiu chamándose así por inercia – como acostuma a facerse en todos os xacementos – e así figura nos materiais divulgativos editados, e na propia sinalización do sitio, na que en toda a cartelería da finca Mirambel figura nos carteis «Villa romana de Toralla»). Creo que no proxecto do centro de interpretación xa figura como proposta mudar o nome e chamalo «xacemento romano da finca Mirambel» ou algo así, que sería, en efecto, máis correcto.