Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Vigo’ Category

Está Abel Caballero que se sale, el tío. No le llega con enfrentarse a todas las instituciones habidas y por haber, perderle el respeto a la gente elegante de la Xunta de Galicia y de la Diputación y hacerle feos a la oposición. Ahora se ha puesto a tirar todos aquellos elementos que podrían haber sido construcciones emblemáticas de la ciudad. Por ejemplo, usted tiene una muralla del siglo XVII en el centro de la ciudad. Pues no hay mejor sitio para poner, qué sé yo, pues una escuela de hostelería o un salón de plenos para bodas y bautizos. O tiene la mayor playa de Galicia, pues nada mejor que llenarla de chiringuitos con altavoces berrando a Julio Iglesias doce horas al día. ¿En qué otra ciudad se podrían ver cosas tan bonitas? En muy pocas de la provincia, eso se lo aseguramos nosotros, que desde luego en Porriño no las hay. Pues en lugar de buscar elementos emblemáticos, ya está el Caballero con el mazo en la mano y haciéndose fotos. Pues como empecemos el juego de ponerse el mazo en la mano, a lo mejor sale perdiendo, por listo.

Es como lo de los impuestos. Bajarlos lo hace cualquiera. Lo difícil es haberlo hecho antes, eso sí que tiene mérito y no lo de ahora. Total, para eso, mejor no hacer nada. Y es que para cosas difíciles, sentarse en una mesa a contar los vuelos que queremos para Vigo. Sevilla, Madrid, Paris, Nueva York, Tailandia, Toronto. Un mundo entero ante nuestros ojos. Otra cosa es decir cómo lo vamos a hacer, claro. En Vigo lo realmente difícil es lograr sentarse con Figueroa en una mesa, como si no se duchase, el pobrecico. Quien no disfruta de los pasos de gigante que damos es el fiscal de delitos urbanísticos. Se queja, el muy amargado, de que la Bravo Bosch sólo viene a la foto y en cuanto se va la prensa,se levanta disparada y si te he visto no me acuerdo. Como si no fuese bastante fortuna aprovechar esos segundos de la delegada de Vigo, que está aquí civilizándonos y no lo sabemos agradecer.

porcosEstos son los topos que encontraron debajo del restaurante el Castillo. Ya tiene su asociación de afectados.

Read Full Post »

Non sabemos se será ou non o pobre Figueroa o candidato ás eleccións locais. O que é seguro é que quen sexa vaino ter complicado para explicar aos vigueses como é posible que a Xunta propoña «unha central de compras e un xestor único» para os tres aeroportos galegos e ao día seguinte explicar que a Xunta non ten competencias aeroportuarias. Se pretendían xestionar competencias alleas ou é que directamente mentiron non é algo doado de explicar. Por suposto, dá por feito que as subvencións ás liñas aéreas están ben se as dá a Xunta, pero cando as dan as cidades son «fratricidas«. Xa sabemos que se a Xunta algo quere é que os galegos nos levemos ben entre nós. Que ela pintar non pinta moito, pero, por favor, libertade e iso sí, pero con educación sobre todo.

Digo eu que poderían na Xunta pór a Abel Caballero de exemplo do que debe ser un bo alcalde, xa que se conforma co que lle boten. Que o Ave chega a Coruña, a Santiago e a Ourense antes que a Vigo, pois non pasa nada. Que se retrasa o retraso inicial, pois tampouco. A quen non lle parece ben é á Voz de Galicia, que saca un dos seus titulares para casos especiais do tipo «Caballero recoñece agora que». Tamén teñen o de «Caballero se empeña en «, e con estes dous van enchendo a edición local entre accidentes de coches e folgas de revoltosos.

feijjo e caballero

 

Feijoo e Caballero, unha historia de odio entre un interino e un funcionario.

Read Full Post »

No sabemos muy bien si la propuesta de la Xunta para las futuras ayudas a las líneas aéreas consiste en romper los pactos actuales o en no renovarlos en diciembre. Si nos fiamos por el Atlántico Diario la cosa ya está hecha, la ruptura, decimos. La justicia vuelve a reinar y la transtoria locura de la Xunta de subvencionar vuelos para Lavacolla se acabó. O, por lo menos, se acabó hasta que uno lee la noticia y comprueba que no se ha roto nada, que, en realidad, no se renovará el convenio. Bueno, tampoco, que el convenio que deja la Xunta lo recogerá el Concello de Santiago para los vuelos de Milán, Londres y Francfurt. Por su parte, La Voz de Galicia dice que los vuelos que pierden el apoyo de la Xunta son los de Málaga, Alicante y Sevilla. Son más elegantes y no dan por hecho que el Concello retomará la subvención de estos vuelos, sólo mencionan que la Xunta así lo sugiere. Nosotros, que no entendemos de gestores únicos ni de centrales de compras, no entendemos como se va a gestionar centralizadamente la coordinación de vuelos en Galicia si cada concello, por su cuenta, puede ofertar el llevarse los vuelos del vecino para meterse los dedos en el ojo. En eso estamos con Negreira, que de momento no querrá perder los vuelos obtenidos.

Y es que a veces parece que está todo solucionado con buena intención y no es así. Por ejemplo, la comisión del auditorio en donde pasa sus raticos buenos Relova. Pues resulta que se te estaba preparando para criticar a Caballero por su poca participación y resulta no sólo que le aporta toda la documentación que quiera, si no que hasta se ofrece a acudir cuando le llamen. Mientras, la concesionaria de este auditorio parece que es el primer interesado en que no se mueva mucho el porqué no acaba de arrancar su actividad. Digo yo que puede ser porque el arrancar la actividades del auditorio es precisamente su responsabilidad directa y única. Y si el auditorio no funciona es porque la concesionaria no cumple su parte del contrato, que no incluye el arreglo de ninguna calle, por cierto. Y es que Vigo tiene la propiedad de ser uno de los pocos lugares donde si algo se rompe no es culpa del manazas, si no del primero que pase por allí.

O, donde si alguien no sube los impuestos al ritmo de la subida de la vida, no rebaja esos impuestos, si no que los «congela«. Pero si la vida sube un 1,4% y el gobierno sólo sube las pensiones un 0,25%, no baja las pensiones, si no que las sube.

Image

El Caballero me ha congelado los impuestos, pero los he podido pagar gracias a la subida de mi pensión.

Read Full Post »

Outro luns con debate no Concello sobre temas que non incumben ás capacidades dos concelleiros. Se é o único que poden facer, pois ben está. Nós so podemos escandalizarnos. ¿Hai maior escándalo que a ruptura oficial do Faro de Vigo con Feijoo? «Vigo reclama a Feijoo«. Isto non se vía así dende aquelas celebradas enquisas ás forzas vivas da cidade sobre os presupostos (por certo, que botamos de menos saber qué opina Alvariño sobre calquer tema, a última de Almovodar, polo menos). Entre esta e a patada na boca que lle mete La Voz de Galicia a Figueroa estamos dispostos a saír á rúa se fora necesario, que o vai ser. As persoas decentes xa non temos referencias nesta cidade. Mesmo temos que soportar que os columnista de La Voz de Galicia, lonxe de criticar a Caballero por ser antipático, lle reclaman que pelexe máis. Pero se so lle queda saír cun coitelo á rúa a arranxar os problemas a facazos, ou eso di Louzán.

E se a última vez que falei aquí, fíxeno de misterios, o de hoxe non é menor. Din que o Concello aprobou hoxe unha moción, pero que en realidade só o PP votou a favor dela. A non ser que a minoría do Pp teña pasado hoxe a maioría por unha milagre é imposible que nada que voten eles en solitario sexa aprobado por ninguén. Pero para o bravo redactor esta imposibilidade democrática se converte en «papel mollado». Máis que papel mollado hai quen lle chama «vontade das urnas», pero é que son uns cursis. Estas cousas que pasan no Concello pasan en pouco sitios. Por exemplo, na Xunta non pasan. No Concello podes entrar, insultar ao alcalde, aos concelleiros e ao bedel se a cousa se pon ben, e non pasa nada. pero na Xunta, se tuses máis alto do que Bravo Bosch considera adecuado, acabas no xulgado. Por moito menos desto tense desfogado o Figueroa ben a gusto co sectario de Caballero.

Imagen

En Vigo, se hai que protestar, protéstase ata contra o decreto equino.

Read Full Post »

Pararon as rotativas pola primeira vez «na historia da democracia en Vigo» que se conxelan as taxas e impostos municipais. Pois haberá varios alcaldes que dirán que non é verdade, que eles xa conxelaron os impostos. O segredo parece estar en que os anteriores os aumentaron o mesmo que o IPC, mentras que agora nin iso vai subir Caballero. Parece lóxico, xa que o IPC xa non vai valer nin para subir soldos nin pensións, que tampoco valga para subir impostos. Tamén parecerá lóxico que pola parte do Pp estiveran en contra, xa que logo afirman que o Concello ten unha importante débeda oculta, e que a austeridade obriga a mantelos e mesmo subilos impostos que esta idea non lle gustara. Pois non, o mesmo señor que onte dicía que estabamos en crise e que tiñamos que pechar os servizos públicos por falta de cartos, agora di que non hai que recaudar. Eu non entendo, pero é que eu non teño os estudos de Fidalgo. Dos de Figueroa non digo nada, claro.

Isto debe ser como aquilo de que a xente non lle gustan as humanizacións, que o que queren é que lles arranxen as canalizacións de auga. Pero cando se enteran de que non lle cambian as losetas, ben que saen a manifestarse e mesmo paralizan as obras que fagan falta. E non entraremos no tópico das subvencións ás compañías aéreas, que onte eran a causa de pérdida de viaxeiros en Peinador e agora necesitamos máis. Según o que se dicía hai so un mes, o Concello vai á quiebra económica e está disposto a afundir o aeroporto, e todo co apoio da oposición, claro. Duros tempos nos que mesmo o Atlántico Diario ten que soltar algunha perliña en apoio ás teses de Caballero e contra as da Xunta. Que nos explicaran como mandar a eses turistas das «Rías Baixas» para que vaian dende Peinador ata Nigrán non pediremos explicacións, non vaia ser que nos enchan as carreteiras de bicicletas da Deputación.

mexilon

Louzán enterouse de que en Europa te andan en bici e foi buscar ao que entende el por un estranxeiro para comprobalo.

Read Full Post »

Empeza o luns coa declaración formal de folga das limpadoras do Hospital Xeral. Nada que non poda pasar un luns e que, por suposto, nos move á maior das solidariedades coas traballadoras implicadas. A parte desto estamos desexando ver á responsable da Cig pola parte da limpeza, Tránsito Fernández, irlle berrar á delegada da Xunta, María José Bravo, do mesmo xeito que lle berraba ao alcalde cando a folga era das limpadoras dos colexios. Pode ser que o caracter democrático e participativo que lle esixía ao Concello non o atope con tanta comodidade nas dependencias da Xunta, onde non so non ten un pleno semanal que rebentar, senon que non atopa o que rebentar, así que en lugar de ter ido a protestar alá, como ía ao Concello, decidiu quedar no centro de traballo en non meter á pobre Bravo Bosch. Aposto que mentras dure este conflicto non se lle vai ver o pelo, mentras que o de Caballero viuse non so durante o conflicto, senón mesmo antes de que iste comenzara. Polo momento xa foron educadamente, e sen molestar moito, á sede da Xunta a entregar a declaración de folga, cunha foto ordenada e no exterior do edificio. As folgas, que non sexan nin políticas e sen molestar, así dá gusto.

E mentras isto pasa, o Relova, contra vento e marea, continúa a súa dura labor de lograr unha boa indemnización para a empresa concesionaria do Auditortio vigués. Primeiro tentou anular a concesión unilteralmente, supoñemos que a cambio dunha sustanciosa cantidade, claro. Logo tentou demostrar que a crise do hotel era culpa do Concello e agora xa está disposto a escoitar ás partes interesadas en deixar morrer o negocio e pedir en compensación unha indeminación. Eu non digo que o negocio do Auditorio esté baseado nun pacto non escrito entre Corina Porro e a actual concesionaria sobre o adecentamento urbanístico da zona e que, unha vez visto que é imposible que o Pp cumpla a súa palabra, tentan rescatar os cartos investidos pola empresa privada con cargo ás arcas municipais. E non o digo porque isto significaría que o Pp está traballando a favor do negocio dun particular e contra os cidadáns. Algo imposible de imaxinar. Esto sería como dicir que os 22 barcos prometidos por Feijoo no seu día para Barreras son fume e mentiras. Nada que ver coa realidade.

ImagenImagenXa é casualidade que a foto da Cig e a de Novas Xeracións para ilustrar os plenos do Concello se parezan tanto. Polo menos os cachorros franquistas te tapan al Rubén Pérez.

Read Full Post »

A min esto de Eurofund e Porto Cabral e estas cousas de grandes comerciais, verán vostedes, non é por ser antipático, pero non me gustan nadiña. E non é por ter nada en contra de sitios grandes, porque teño ido a Madrid e mesmo teño quedado a durmir e aquí me teñen, tan pancho. Pero é que alguén que di «shopping research» e queda igual de pancho ca min cando durmo en Madrid non me gusta un pelo. Teño moito prexuizos e un deles é contra a xente que di cousas raras. E que conste que non é por envexa porque a min non me invitaran a pasalo ben en Zaragoza como aos medios vigueses. A uns máis que a outros, polo tamaño da noticia, parece. Nin sequera é porque a min iso do surf en piscinas podendo facer unha carreteira decente á praia de Patos ou facer parques con árbores enriba doutro parque con árbores que xa estaba antes pero sen tendas, non acabo de velo claro. Ben está que as cidades crezan e non se devoren a si mesmas, o caso é se iste é un bo pulo ou é unha patochada.

Porque iso sería como facer unha publireportaxe disfrazada de noticia. Non teño nada en contra das publireportaxes, nin en contra das noticias, pero é como atopar a cabeza dun cabalo na cama. Xuntos dan un pouco de arrepío. Vale que o día que se aproba a plantación de cen árbores se saquen reportaxes sobre os vellos que pasan calor por falta de sombra. Pase, xa postos, a que non sexamos capaces nin de convencelos de que se poñan gorras para a foto. Así non hai xeito de convencer a ningures de que están a piques de sufrir unha insolación, o carallo dos abuelos. Mesmo vale sacar como normal que o PP diga que hai que baixar impostos  despois de dicir que a débeda do Concello é de 100 millóns e que a súa política en todo o país para solucionar a débeda sexa subilos impostos. Pero tampouco pasa nada por pór as cousas no seu sitio, as reportaxes por un lado e a publicidade por outro. Máis que nada por atopalas cousas logo, digo.

Image

Os vellos do carallo non quixeron pór nin un pano na cabeza para ilustrar o mal que o pasan por culpa de Caballero.

Read Full Post »

Éste era el título de una de aquellas noticias con las que nos alegraba el día el Atlántico Diario meses antes de las anteriores elecciones locales. Supongo que la cosa iba por la sonrisa fácil del regidor, que contrasta con otras impresiones que me han llegado de personas cercanas a él y que aseguran que tiene cara de palo la mayor parte del tiempo. Igual que la mayoría de mandatarios, tanta responsabilidad se tiene que notar a la fuerza, supongo. El caso es que la hambruna que padecen los vigueses, las pestes y endemias varias que asolan la ciudad ofendían el buen juicio del redactor, escandalizados por la bonhomía de Caballero.

Hoy volvemos por estos fueros. Sólo que ahora el escandalizado es Roberto Relova, esforzado exdirector del Conservatorio municipal y actual único miembro de la comisión sobre el Auditorio municipal que se reúne consigo mismo y eventualmente con la directora de este auditorio. Ya se le advirtió cuando se votó por la formación de esta comisión que los socialistas no formarían parte de ella. El Concello haría lo que mandara, aportando la documentación que se le requiriese, como así ha sido, y acudiendo cuando se le llamase, cosa que todavía no ha pasado. Parece ser que Relova por el momento ha llegado a la conclusión de que hay que anular la concesión de este auditorio, que no se anule, que el alcalde da dinero sin justificar a la concesionaria y que el alcalde mejoró las condiciones de la concesionaria para hundir al auditorio. Todo bastante lógico por el momento. Como nosotros somos fans de Relova, auténtico fichaje estrella de Corina Porro, le daremos un margen. De momento sólo recordaremos que puestos a hundir al Auditorio de Vigo unos han contribuído más que otros.

Mejor suerte parece tener la Xunta de Galicia, donde realizan estudios urbanísticos sin considerar elementos técnicos elementales y no reciben críticas de ningún tipo por ello. Al Concello parece que le marcan más de cerca. Sería interesante que además de epítetos le dedicasen alternativas, pero esto parece una tarea demasiado complicada para quien puede pasar por tres partidos políticos en un año sin despeinarse.

louzan1Louzán no pinta nada aquí, pero siempre que hablemos de risas, tendrá un lugar en nuestro corazón (foto robada del Facebook de Paula G.)

Read Full Post »

emocións

Hai veces nas que un non sabe como tomalas cousas e hoxe é un deses días. Nesta cidade, dende tempos de Manoel Soto pagamos a auga por riba dos nosos consumos reais. Foi un acordo un tanto extraño que actualmente tomou a forma de que eses cartos de máis que nos cobra a empresa concesionaria reverten na cidade por medio de inversións a negociar entre Aqualia e o Concello. Dende que estas ideas de bombeiro se lle ocorreron non sei a quen, pasaron polo Concello ademáis do Psoe actual, o PP duas veces e o Bng unha. E a cousa non sería grave se non fose porque o mesmo que pide que esta desfeita do recibo da auga viguesa se arranxe é o único concelleiro que leva sentado no Concello dende aqueles lonxanos anos. Un calvo que cando empezou calzaba tupé, non sei se se decatan.

E é que en Vigo a memoria é ben lixeira. Por exemplo, hai quen non lle chega máis que para lembrar os últimos seis anos. Así, non son capaces de lembrar un momento no que sentaran nunha mesma mesa PP, Psoe e Bng para traballar sobre Peinador. Digo eu que non é raro que non o lembren. O raro é que non lembren máis que seis anos, posto que tal cousa nunca sucedeu. Pero, vamos, que interpretacións maliciosas sempre se fixeron. Por exemplo, hai quen di que a xente perde interese por vivir no Casco Vello porque so houbo seis pretendentes por piso no último sorteo. Non din que se desilusionan por vivir en vivendas arranxadas polo IGVS pola sua mala calidade, nin que non soportan mirar a cara de misioneira de Bravo Bosch repartindo pan entre os pobres, non. Din que a culpa é do pouco interese por vivir neste barrio. O mellor o que pasa é que a xente está farta de ver como se reparte por sorteo o seu futuro e por riba con contagotas. Este mes doce vivendas, o anterior, dazaoito, logo, oito máis. Por certo, que tendo en conta que desta vez o número de solicitantes por piso foi superior que en ocasións anteriores, a posibilidade de que a xente canse de Bravo Bosch é máis probable que a exposta pola prensa.

Está visto que a cousa esta dos pisos e do urbanismo parece provocar alteracións na lóxica máis elemental en certos eidos. Por exemplo, nas prisas dos promotores. Non protesta ninguén porque en Navia non haia prazas no colexio público e teñan que ir ao de monxas que está na avenida de Europa, nin protestan pola falta de garderías públicas nin por un médico que atenda polas tardes nin por unha biblioteca. Non, o problema é non poder construir esas 1.4000 vivendas a maiores que non van ter nin esas escolas nin garderías nin médicos nin bibliotecas. Estas nin están nin se lle esperan.

É o que ten a lóxica. Hai quen se sinte puro e virxinal porque condena ao inexistente terrorismo galego mentres é incapaz de condenar aos terroristas que comercian coa saúde dos galegos. Aínda que so fora pola vergoña de telos mantido no seu mesmo partido. Nomal todo.

Alberto-Nunez-Feijoo-Marcial-Dorado_EDIIMA20130331_0054_13No PP ben saben que se tes barco non podes ser mala persona.

Read Full Post »

Que os vigueses somos xente insatisfeita por natureza é cousa ben sabida. Basta con ler hoxe que unha noticia tan fabulosa como que Peinador recupera o voo a Madrid das sete da mañán coa que abre a edición La Voz de Galicia na súa edición local e a outra do Atlántico Diario de que cambian os avións de hélices por reactores, gracias a Louzán e Ana pastor, por suposto, é respostada polo alcaldista Faro de Vigo para lembrar que en realidade Air Europa reduce os seus servizos en Peinador ata case a metade. Puras ganas de acedar o ben que van as cousas, digo eu. Se mesmo un xuiz animouse a dicir aos despistados que esqueceron recoller os seus barquiños de paseo nas ilegais naves de A Lagoa que, no caso de non pasar por elas, serán convintemente multados. Hai xuices que non entenden que unha coñita para apoiar aos compañeiros navegantes de fin de semana quedan chulísimas no club de iates.

Non somos quen de entender porqué hai xente que non é feliz en Vigo. Bo, en realidade sí o sabemos. Por que todos seriamos felices en Vigo se non chega a ser polo de sempre. Por ese alcalde que temos, que por ter a culpa, ata ten a culpa da tontería de moda, do relaxing cup of café con leite da alcaldesa de Madrid. Que esa sí que mola. E se lle parece que esaxero é porque non coñece a Begoña Sotelino, redactora que si algo sabe, é quén é o culpable. ¿Culpable de qué? Pois ata de Ana Botella se fora preciso. Co ben que estaría esta cidade cunhas fontiñas e mira, outra cousa cousa que é culpa de Caballero.

Porque xa postos a disfrutar de Vigo podemos mesmo esquecer os límites aos visitantes das Illas Cíes. Dous mil ao día, dicían na Consellería de Medio Ambiente. Pois en agosto pasaron 100.000 turistas e todos tan contentos. Se isto non é para estar orgullosos, non sei de qué poderemos estalo. Do Museo Liste, quizás, e ter sido capaces de mantelo sen pór nos seus xardíns a nave espacial que demandaban os pais do veciño colexio Altamar. Ou da habilidade do Atlántico Diario de non mencionar o feito de que o museo Liste de Oseira tivo que pechar cando a Deputación de Ourense cerroulle a financiación. Se iste despiste serve para constatar a volta dos Outeiriños ao redil da honradez, por nós, ben.

En fin, que dende aquí so podemos celebrar a bonhomía desta cidade. Se vostede é boa persoa ata no Rotary Club vigués lle abren as portas. Se é boa persoa, terá vostedes amigos que lles faciliten a eles ser bos tamén, claro. Se vostede é boa persoa pero dos que so son coñecidos no seu barrio, non faga perder o tempo a quen está aquí para nos salvar, por favor. Tan contentos e positivos estamos hoxe que nin pensamos parar a pensar porqué o Pp critica o atraso dunhas obras despois de absterse para que poideran continuar. Se hai un mes non estaban seguros de querelas, agora parece que sufren cada día sen velas terminadas.

tumblr_mscxcbTA4a1s5qbnao1_400Boas noticias houbo sempre. O caso é telas presentes.

Read Full Post »

Older Posts »

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar