Feeds:
Entradas
Comentarios

Archive for the ‘Xunta’ Category

Non sabemos se será ou non o pobre Figueroa o candidato ás eleccións locais. O que é seguro é que quen sexa vaino ter complicado para explicar aos vigueses como é posible que a Xunta propoña «unha central de compras e un xestor único» para os tres aeroportos galegos e ao día seguinte explicar que a Xunta non ten competencias aeroportuarias. Se pretendían xestionar competencias alleas ou é que directamente mentiron non é algo doado de explicar. Por suposto, dá por feito que as subvencións ás liñas aéreas están ben se as dá a Xunta, pero cando as dan as cidades son «fratricidas«. Xa sabemos que se a Xunta algo quere é que os galegos nos levemos ben entre nós. Que ela pintar non pinta moito, pero, por favor, libertade e iso sí, pero con educación sobre todo.

Digo eu que poderían na Xunta pór a Abel Caballero de exemplo do que debe ser un bo alcalde, xa que se conforma co que lle boten. Que o Ave chega a Coruña, a Santiago e a Ourense antes que a Vigo, pois non pasa nada. Que se retrasa o retraso inicial, pois tampouco. A quen non lle parece ben é á Voz de Galicia, que saca un dos seus titulares para casos especiais do tipo «Caballero recoñece agora que». Tamén teñen o de «Caballero se empeña en «, e con estes dous van enchendo a edición local entre accidentes de coches e folgas de revoltosos.

feijjo e caballero

 

Feijoo e Caballero, unha historia de odio entre un interino e un funcionario.

Read Full Post »

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar