Outro luns con debate no Concello sobre temas que non incumben ás capacidades dos concelleiros. Se é o único que poden facer, pois ben está. Nós so podemos escandalizarnos. ¿Hai maior escándalo que a ruptura oficial do Faro de Vigo con Feijoo? «Vigo reclama a Feijoo«. Isto non se vía así dende aquelas celebradas enquisas ás forzas vivas da cidade sobre os presupostos (por certo, que botamos de menos saber qué opina Alvariño sobre calquer tema, a última de Almovodar, polo menos). Entre esta e a patada na boca que lle mete La Voz de Galicia a Figueroa estamos dispostos a saír á rúa se fora necesario, que o vai ser. As persoas decentes xa non temos referencias nesta cidade. Mesmo temos que soportar que os columnista de La Voz de Galicia, lonxe de criticar a Caballero por ser antipático, lle reclaman que pelexe máis. Pero se so lle queda saír cun coitelo á rúa a arranxar os problemas a facazos, ou eso di Louzán.
E se a última vez que falei aquí, fíxeno de misterios, o de hoxe non é menor. Din que o Concello aprobou hoxe unha moción, pero que en realidade só o PP votou a favor dela. A non ser que a minoría do Pp teña pasado hoxe a maioría por unha milagre é imposible que nada que voten eles en solitario sexa aprobado por ninguén. Pero para o bravo redactor esta imposibilidade democrática se converte en «papel mollado». Máis que papel mollado hai quen lle chama «vontade das urnas», pero é que son uns cursis. Estas cousas que pasan no Concello pasan en pouco sitios. Por exemplo, na Xunta non pasan. No Concello podes entrar, insultar ao alcalde, aos concelleiros e ao bedel se a cousa se pon ben, e non pasa nada. pero na Xunta, se tuses máis alto do que Bravo Bosch considera adecuado, acabas no xulgado. Por moito menos desto tense desfogado o Figueroa ben a gusto co sectario de Caballero.
En Vigo, se hai que protestar, protéstase ata contra o decreto equino.
