Empeza o luns coa declaración formal de folga das limpadoras do Hospital Xeral. Nada que non poda pasar un luns e que, por suposto, nos move á maior das solidariedades coas traballadoras implicadas. A parte desto estamos desexando ver á responsable da Cig pola parte da limpeza, Tránsito Fernández, irlle berrar á delegada da Xunta, María José Bravo, do mesmo xeito que lle berraba ao alcalde cando a folga era das limpadoras dos colexios. Pode ser que o caracter democrático e participativo que lle esixía ao Concello non o atope con tanta comodidade nas dependencias da Xunta, onde non so non ten un pleno semanal que rebentar, senon que non atopa o que rebentar, así que en lugar de ter ido a protestar alá, como ía ao Concello, decidiu quedar no centro de traballo en non meter á pobre Bravo Bosch. Aposto que mentras dure este conflicto non se lle vai ver o pelo, mentras que o de Caballero viuse non so durante o conflicto, senón mesmo antes de que iste comenzara. Polo momento xa foron educadamente, e sen molestar moito, á sede da Xunta a entregar a declaración de folga, cunha foto ordenada e no exterior do edificio. As folgas, que non sexan nin políticas e sen molestar, así dá gusto.
E mentras isto pasa, o Relova, contra vento e marea, continúa a súa dura labor de lograr unha boa indemnización para a empresa concesionaria do Auditortio vigués. Primeiro tentou anular a concesión unilteralmente, supoñemos que a cambio dunha sustanciosa cantidade, claro. Logo tentou demostrar que a crise do hotel era culpa do Concello e agora xa está disposto a escoitar ás partes interesadas en deixar morrer o negocio e pedir en compensación unha indeminación. Eu non digo que o negocio do Auditorio esté baseado nun pacto non escrito entre Corina Porro e a actual concesionaria sobre o adecentamento urbanístico da zona e que, unha vez visto que é imposible que o Pp cumpla a súa palabra, tentan rescatar os cartos investidos pola empresa privada con cargo ás arcas municipais. E non o digo porque isto significaría que o Pp está traballando a favor do negocio dun particular e contra os cidadáns. Algo imposible de imaxinar. Esto sería como dicir que os 22 barcos prometidos por Feijoo no seu día para Barreras son fume e mentiras. Nada que ver coa realidade.

Xa é casualidade que a foto da Cig e a de Novas Xeracións para ilustrar os plenos do Concello se parezan tanto. Polo menos os cachorros franquistas te tapan al Rubén Pérez.