SALITRE TEN QUE IR AO CARRO

Posted in Uncategorized on 2009/07/24 by programasalitre

Unha vez ao ano todos os barcos teñen que ir ao carro. As xentes do mar saben ben que quere dicir isto. Aos terrícolas explicarémoslle que o carro son as vías polas que se soben os barcos nos estaleiros, para deixalos en seco e poder reparalos ou limpalos e pintalos. Chegou o momento en que Salitre tamén ten que ir ao carro. Limparémolo ben, rasparémoslle o verdín e pintarémolo de patente de moitas cores. Logo en setembro botarémolo de novo para volver a sucar o mar que cantaron Martín Codax, Manuel Antonio, López Abente, ou Bernardino Graña. Para atracar nos portos nos que traballan os homes e mulleres que son mar, que son máis peixes que humanos, aínda que con moita humanidade baixo as escamas, e que son realmente os que inspiran aos poetas que cantan ao mar. Salitre precisa de todas as voces portuarias e mariñeiras para producir o vento que empuxe as súas velas. Agardamos por todos os portuarios e mariñeiros, e aos terrícolas tamén, para volver a navegar xuntos. Mentres tanto que os Espíritos Mariños vos acompañen e vos axuden, meus amigos de salitre e vento.

X. H. Rivadulla Corcón

NO GROVE UN MAR MOI VERDADEIRO

Posted in Uncategorized on 2009/07/20 by programasalitre

Ao pensar no porto do Grove vexo luz e sinto tranquilidade. Pola ría de Arousa entra no Grove unha brisa mariña luminosa e sosegada. Isto fai que apreciemos neste porto un ritmo distinto, de xentes con tempo para deterse a contemplar a vida, o que permite unha mirada sobre ela reflexiva e por tanto filosófica. Son as xentes do mar do Grove de natural mariñeiras, como se este aspecto viñera a eles coa propia vida, non como algo adquirido no transcurso dela, como se naceran xentes mariñas, por iso miran ao mar e falan con el e del como quen o fai con xente de confianza. Isto permite ter unha visión sen dramatismos das traxedias mariñas, o que deixa espazo para manifestacións de alegría. Son xentes alegres porque saben destilar a alegría no alambique das historias mariñas. Resultounos un mar moi verdadeiro este do Grove por esa naturalidade tan mariñeira, onde cada cousa é o que é porque non existe a posibilidade de ser outra cousas. Cando se é mar se é sen máis.

X. H. Rivadulla Corcón

Luns 20. Porto de “O GROVE”

Posted in Uncategorized on 2009/07/17 by programasalitre

Salitre navegará  na compaña dos membros da Asociación Amigos da dorna Meca de O Grove., os cales se preocupan da recuperación de embarcacións antigas e dornas cas cales acoden a regatas  de diferentes lugares da Ría de Arousa.  Neste tipo de embarcación D. José Triñáns naufragou, fai anos, preto da Illa de Sálvora. Paseando polo porto de O Grove é fermoso atoparse coas collareiras vendendo as pezas artesán que elas mesmas elaboran.

Esta vila estivo marcada por importantes emigracións á diversos lugares de Europa, este motivo marcou o carácter das súas xentes que o demostran ca súa familiaridade ás persoas que visitan o lugar. José Vicente foi un dos moitos mecos que viviron esta experiencia. Outros fixeron o camiño contrario por amor a unha muller como lle aconteceu ao italiano Rafaelle Mansi.

Nesta vila atopamos a peixería san Martiño creada pola confraría que vende unha media de 600 quilos ao día. David e Vanessa, cuñados, dedícanse ao marisqueo e falarán das vantaxes que lles ofrece este oficio á hora de compaxinalo ca crianza dos fillos. Os nenos do Grove teñen soños, e algún deles, como o pequeno Mateo soña con ser un gran capitán, quizais dun fermoso buque de vapor como o Hidria Segundo.

Salitre con Cariño. Luns 13 de xullo

Posted in Uncategorized on 2009/07/10 by programasalitre

Este é o porto con máis tradición no Cantábrico galego. A captura máis importante deste porto era a pescada pero son o xurelo, a sardiña, e a xarda. Sen esquecer o percebe. Suso Vizoso, falarános da importancia desta institución en Cariño. Guillermo Canosa e un percebeiro que traballa sempre nos perigosos aguillóns do Cabo Ortegal. Luis Hevia ensinaranos os mares a as diferentes pedras que conforman a costa de Cariño. Inés agora traballa nunha conserveira pero antes estivo embarcada nunha draga. Ubaldo e un dos vellos mariñeiros de Cariño que andou embarcado toda a vida. Lolita e muller de mariñeiro. Ela sabe moi ben como todalas mulleres dos mariñeiros teñen que facer de pais e nais ao tempo. A Aula do Mar de Cariño sae a facer visitas ornitolóxicas e turísticas por esta zona da costa. Jose Miguel e o seu guía. A tradición máis famosa en Cariño é a Danza de Arcos. Con Donato veremos que é. Cariño López e un heroe que participou activamente na liberación de Europa do fascismo. O seu neto, Andrés de Modesto, contaranos como foi a súa vida.

NOTA DE PRENSA CARIÑO CURTA

Este é  o porto con máis tradición no Cantábrico galego. A captura máis importante deste porto era a pescada pero son o xurelo, a sardiña, e a xarda. Sen esquecer o percebe.

Suso Vizoso, falarános da importancia desta institución en Cariño.

Guillermo Canosa e un percebeiro que traballa sempre nos perigosos aguillóns do Cabo Ortegal.

Luis Hevia ensinaranos os mares a as diferentes pedras que conforman a costa de Cariño.

Inés agora traballa nunha conserveira pero antes estivo embarcada nunha draga.

Ubaldo e un dos vellos mariñeiros de Cariño que andivo embarcado toda a vida.

Lolita e muller de mariñeiro. Ela sabe moi ben como todalas mulleres dos mariñeiros teñen que facer de pais e nais ao tempo.

A Aula do Mar de Cariño sae a facer visitas ornitolóxicas e turísticas por esta zona da costa. Jose Miguel e o seu guía.

A tradición máis famosa en Cariño é a Danza de Arcos. Con Donato  veremos que é.

Cariño López e un heroe que participou activamente na liberación de Europa do fascismo. O seu neto, Andrés de Modesto, contaranos como foi a súa vida.

CARIÑO. XENTES QUE APORTAN Á SÚA PAISAXE

Posted in Uncategorized on 2009/07/10 by programasalitre

Cariño soa ao bater do mar nos aguillóns de Ortegal, a formación rochosa máis antiga da península Ibérica. Este son as veces exerce de canto de serea que atrae aos viaxeiros, e non fan mal en seguir esa chamada para chegar ao espectacular Ortegal, do que se pode dicir o mesmo que dixo Uxío Novoneyra dos “tesos cumes do Caurel”:  Eiqui síntese ben o pouco que é un home. A viaxe a Ortegal valerá a pena. Pero nós queremos que non te quedes na paisaxe, que sigas camiño ao centro do corazón das xentes mariñeiras do porto de Cariño; porque aquí síntese ben o moito que as xentes poden aportar a súa paisaxe, para dotala de historia. Así é Cariño un continente fermoso cun contido máis fermoso aínda, por humano, entrañable e confortable. Xentes para abrazar as de Cariño, que as veces transmiten un pouso na alma de decepción por crer que perderon algo no transcorrer do tempo, pero nós sabemos que non é así: un pobo grande de verdade nunca perde a súa grandeza.

X. H. Rivadulla Corcón

15,1 – 135.000 galegos e galegas

Posted in Uncategorized on 2009/07/06 by programasalitre

Na emisión do programa de Salitre no Porto de Malpica acadamos unha audiciencia media de 15,1 %. Audiciencia que sempre foi en aumento ata rematar o espazo con o 20% do share.

Coma sempre, moitas grazas a todos.

Luns 6 de xullo: Salitre en CAMBADOS

Posted in Uncategorized on 2009/07/03 by programasalitre

Cambados é un porto cheo de historias e xentes emprendedoras como as mariscadoras que co fin de conservar o marisqueo, levaron a cabo medidas para a recuperación do berberechos e ameixas. Mª José, unha das mariscadoras, ensinará como se collen na seca as miñocas que logo se venden para cebo. Damián é o abastecedor da gasolineira que hai no porto. Atoparemos unha das depuradoras pioneira no emprego da atmosfera modificada para o marisco, o que ofrece moitas vantaxes para a comercialización. Na lonxa de Tragove realízanse dous tipos de poxa, a tradicional e a dixital, Ramón Somoza explicará a diferenza entre elas. Coñeceremos como se fai un butrón da man de Charo, que comezou na profesión de atadeira aos nove anos e arranxa todo tipos de aparellos, como os que emprega Samuel Vázquez no seu oficio de mariñeiro. Ángel, un mariñeiro retirado que agora se dedica entre outras cousas a cultivar albariño, contará as súas experiencias no mar ao longo de toda unha vida.

CAMBADOS É UN COÍDO

Posted in Uncategorized on 2009/07/03 by programasalitre

A contundente vila de pedra que é Cambados fronte ao mar faime ter a sensación de que é un coído, esa formación de rochas á beira do mar, como unha praia pétrea, na que a marea deixa pucharcas onde os nenos e nenas poden xogar cos seus barquiños de lata,  pescar lorchos, coller caramuxas ou lampros. Así vimos a Cambados. E esa imaxe de nenos e nenas xogando no coído converte ás xentes mariñeiras da vila en personaxes dun conto de fadas, pero non nunha narración fantástica, senón simbólica, porque é o símbolo de cómo facer dunha vida mariñeira un xeito de vivir onde se entrelaza a vida real e a vida construída con dimensións de conto para poder soportar a realidade, da que non se fuxe, senón que se busca transformala en algo que se poda vivir. É o Cambados mariñeiros un conto para contarlle aos fillos e fillas cando van durmir, para que así podan ter soños fermosos, e cando esperten teñan aprendido os secretos de como construírse unha vida para si na que se poda respirar.

X. H. Rivadulla Corcón

SALITRE achégase ó cumio: 18.7% e 152.000

Posted in Uncategorized on 2009/06/25 by programasalitre

O pasado luns SALITRE acadou un novo record de audiencia. O 18,7 % de tódolos galegos que estaban vendo a televisión sintonizaron con Salitre.

Moitas grazas a todos/as.

LUNS 29 xuño. Salitre na Costa da Morte: MALPICA

Posted in Uncategorized on 2009/06/25 by programasalitre

A flota de Malpica a forman 68 barcos dedicados a maioría á pesca coa arte do cercos coas que capturan sardiña, xarda, xurelo e polbo.Belén contaranos por que é importante para ela vivir aquí. Alfredo Gundín e o último boteiro de Galicia. Paco de Corme e un vello percebeiro pioneiro na sua extración. Jose Antonio leva 20 anos traballando na Cruz Vermella do Mar. María Ángeles, presidenta da asociación “O fieital” falaranos da importancia da profesión de palangreira. E con estes palangres un mozo tan novo como Eugenio coidan do mar, xa que esta é un arte selectiva, como el nos contará. A gastronomía que rodea o mundo do mar e ampla pero destaca A Caldeirada. Dulcinea, de 87 anos, amosaranos os segredos para preparala. Roque e Balseiro nos contan que actividades se fan desde a asociación A Tralla que vincula o mar e o rock galego. Salitre despídese neste programa cunha entrevista moi importante. Mario, o último fareiro que viviu nas Sisargas, que xa ten 92 anos.

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos