lunes, 26 de noviembre de 2007

Simposio "Pobre Mundo Rico" ( Vigo)

MAÑÁ LUNS 26 EN VIGO REMATA O CICLO DE "CINEMA CONTRA A POBREZA" CON "A PARTIDA" E "EL SIGLO DE LA GENTE"

O Auditorio do Centro Cultural Caixanova de Vigo, proxectará a curta e o documental ás 19:30. Ao día seguinte, clausúranse as actividades do Simposio en Vigo de "Pobre Mundo Rico" con BAUTISTA VIDAL e FRANÇOIS HOUTART

C.I.P., Domingo 25 novembro 2007

Coa Curtametraxe de ficción brasileira "A Partida”, dirixida e guionizada por Sandra Ribeiro, e a proxección do sétimo capítulo da serie "Voces contra a globalización... ¿outro mundo é posible "? dirixido e guionizado por Carlos Estévez para La2 de TVE, "EL SIGLO DE LA GENTE", finaliza o ciclo "Cinema contra a pobreza" incluído na programación do Simposio Internacional "Pobre Mundo Rico" que comezou en Vigo o 2 de outubro pasado.

"A Partida” é unha curta producida por Sr Cinema & Vídeo Produçôes no 2005, e trata sobre un vello illado na gran cidade, que vé o mundo a través da ventá do seu apartamento. Viaxando no recordo, regresa ao interior de Pernambuco cando, aínda novo, non soñaba con outra cousa que non fose "a partida".

"EL SIGLO DE LA GENTE"

O sétimo capítulo, que pecha a serie "Voces contra a globalización... ¿outro mundo é posible", céntrase nos sucesos de Seattle e Génova, acode ao Foro Social de Porto Alegre e ao de Caracas e formula se... ¿outro Mundo é Posible?, e como ha de ser ese mundo que xa está a nacer

¿Quen goberna o mundo? ¿Cal é o poder real dos políticos?

O seu director e guionista, Carlos Estévez, formulouse mil preguntas á hora de levar a cabo esta produción audiovisual. "¿Sabe Vde. que o volume de negocios dunha soa multinacional é superior ao produto interior bruto de moitos países, incluídos Austria ou Dinamarca? ¿Cal é o papel dos paraísos fiscais que dan acubillo ao diñeiro do crime ou ao da corrupción? ¿Por que se permiten a existencia destes territorios sen lei? ¿Cal é o papel real de organismos como o Fondo Monetario Internacional, o Banco Mundial ou a Organización Mundial do Comercio? ¿Que pasou realmente na Arxentina para que a súa economía se viñese abaixo?

Estes e outros temas analizáronse en 54 charlas que Carlos Estévez mantivo con importantes personalidades como JOSÉ SARAMAGO, PÉREZ ESQUIVEL, CARLOS TAIBO, EDUARDO GALEANO, JEAN ZIEGLER, JOSÉ VIDAL BENEYTO, SAMÍ NAÏR, IGNACIO RAMONET, JOSÉ BOVÈ, MARIA JOSÉ FARIÑAS, FRANCOISE HOUTART, MANU CHAO, GIOVANNI SARTORI, CASALDÁLIGA, TONI NEGRI, AVI LEWIS, MAYOR ZARAGOZA, FÀTEMA MERNISSI, VITORIO AGNOLLETTO e DAVID HELD, voces contra o xeito no que se está a levar a cabo no mundo o modelo de globalización.

O último capítulo desta serie foi o seleccionado polo Club Internacional de Prensa para pechar o ciclo de cinema no marco do Simposio, toda vez que dá resposta a moitas das preguntas formuladas ao longo do Simposio, e que en boa medida, xa tiveron resposta coas case 100 persoas que participaron como conferenciantes ou relatores de Mesas-Debate nas sete cidades principais de Galicia.


Ó día seguinte, o Martes 27, clausúranse as actividades do Simposio en Vigo, cidade que tivo un peso específico na programación do mesmo. Este acto de clausura céntrase na conferencia que impartirá a relevante persoalidade internacional de recoñecido prestixio polo seu compromiso social, a súa loita contra a pobreza e desigualdade nos países do mundo, François Houtart. O sacerdote teólogo da liberación, belga, hablará sobre “A construción anti-imperialista e antineoliberal”. Previamente, o físico e presidente do Instituto do Sol en Brasil, Bautista Vidal, intervirá para falar das alternativas ó cultivo contra a pobreza: a produción de enerxía vexetal.

FRANÇOIS HOUTART, REFERENTE INTERNACIONAL NA LOITA CONTRA A POBREZA, PECHA O MARTES EN VIGO "POBRE MUNDO RICO"

En Vigo e Ourense –o mércores 28-, compartirá escenario con Bautista Vidal, presidente do Instituto do Sol, Brasil, defensor da produción de enerxías vexetais

François Houtart, Teólogo da Liberación, director do Centro Tricontinental de Lovaina a Nova -Bélxica-, Houtart é un dos impulsores do Foro Mundial das Alternativas e do Foro Social Mundial

Os actos terán lugar en Vigo, na Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova -antigo García Barbón-

En Ourense, será o mércores no Salón de Actos do Centro de Desenvolvemento de Caixanova -Avda. de Pontevedra 9-

O martes clausúrase a programación de Vigo do Simposio Internacional "Pobre Mundo Rico", cunha relevante figura internacional no ámbito da loita contra a pobreza e pola igualdade dos países, pobos e continentes do mundo: François Houtart, que compartirá espazo -Sala de Conferencias do Centro Cultural Caixanova- con Bautista Vidal, presidente do Instituto do Sol de Brasil.

O Simposio Internacional "Pobre Mundo Rico" chega así á súa última semana de celebración con relevantes figuras internacionais, referentes na loita contra a pobreza, a desigualdade, a inxustiza e o compromiso social. François Houtart, teólogo da liberación, fundador e director do Centro Tricontinental de Lovaina a Nova en Bélxica, e un dos impulsores do Foro Mundial das Alternativas e do Foro Social Mundial, estará en Galicia nos que serán os tres últimos actos do evento que terán lugar en Vigo, Ourense e Santiago os días martes, mércores e xoves próximos. A súa conferencia versará sobre "A construción anti imperialista e antineoliberal".

François Houtart, un punto de referencia

François Houtart estudou filosofía e teoloxía no Seminario de Malinas; Ciencias Sociais na Universidade Católica de Lovaina; Urbanismo no Instituto Internacional de Urbanismo de Bruxelas, e Socioloxía na Universidade de Chicago. É doutor en Socioloxía, e director do Centro de Investigacións en Socioloxía das Relixións, na Universidade de Lovaina, onde dirixe tamén a revista Social Compass.

Realizou múltiples investigacións sociolóxicas en países como Chicago, Arxentina, Colombia, Nicaragua, Cuba, Haití, Camerún, Kenya, Sri Lanka, India, Vietnam, Corea, Filipinas e diversos países europeos.

No CeTri (Centro Tricontinental), dirixe a revista Alternatives Sud. É experto no Concilio Vaticano II, membro do Consello Internacional do Foro Social Mundial, Dr. H. C. de Notre Dame University, membro honorario das Academias de Vietnam e de Cuba, e autor de máis de 50 libros de socioloxía da relixión, da cultura, da globalización, ... e de centenares de artigos publicados en outras tantas revistas e publicacións especializadas.

En Vigo e Ourense, con Bautista Vidal

En Vigo e Ourense o martes e mércores, Houtart compartirá espazo co presidente do Instituto do Sol de Brasil, José Walker Bautista Vidal, Enxeñeiro Civil licenciado na Escola Politécnica da UFBA; post graduado en Físicas pola Universidade de Stanford, en EEUU, e investigador do Centro Brasileiro de Investigacións Físicas.

Foi Primeiro Secretario de Estado de Ciencia e Tecnoloxía de Brasil, en Baía; Secretario de Tecnoloxía Industrial do Ministerio de Industria e Comercio cando se implantou o Pró-Alcohol; profesor das Universidades federais de Baía e de Braslilia de Unicamp. É membro titular do CNPq e de CÁPELA, onde preside o Consello de Deliberación. Secretario de Articulación Municipal do Ministerio de Medio e Desenvolvemento Urbano, e foi fundador de 30 institucións de Investigación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico.

Autor de 16 libros, entre eles, "De Estado Servil a Nação Soberana (Premio de Interpretación da Cultura Brasileira, 1987); "Poder dous Trópicos"; "Dialética dous Trópicos"; "Ou Esfacelamento dá Nação; "Brasil, Civilização Suicida, e Reconquista do Brasil.

Bautista Vidal falará sobre "Cultivar contra a pobreza", ofrecendo unha alternativa: "O cultivo das enerxías vexetais".

François Houtart, anti imperialista e antineoliberal

Na súa conferencia, "A construción anti imperialista e antineoliberal", Houtart explicaranos como nos últimos anos coñecemos un fenómeno novo: a converxencia de resistencias ao neoliberalismo como fase contemporánea do capitalismo. Iso tivo lugar 25 anos despois do Consenso de Washington, orientando a economía mundial cara ao neoliberalismo e 10 anos despois da caída do "muro de Berlín", significando o triunfo do mesmo neoliberalismo.

"Debemos entender o porqué deste novo fenómeno social. A súa expresión é dobre, por unha parte as protestas contra os grandes poderes de decisión: Banco Mundial, FMI, G8, Cumio europeo, etc., e por outra parte a organización dos Foros Sociais, mundial, continentais, como nacionais, temáticos ".

A razón fundamental é o efecto social, económico, político e social das políticas neoliberais e das normas impostas polas organizacións financeiras e comerciais internacionais. O número de pobres aumenta, a desigualdade social crece, trátase dunha ofensiva contra o traballo e contra o Estado (privatizacións) e finalmente unha destrución do medio. Fronte a estes efectos, crece a conciencia de que todos os grupos humanos están afectados na súa vida cotiá polo fenómeno. Os Foros permitiron facer crecer esta conciencia en varios sectores sociais das sociedades e en varios puntos do mundo.

Non obstante, xa empezamos a entrar nunha perspectiva de nova construción anti imperialista e anti neoliberal. Trátase en particular de América Latina. En tódalas partes do mundo hai movementos de base que tratan de reorganizar social e economicamente a sociedade doutro xeito, pero é soamente en América Latina onde temos novos poderes que tratan de romper coas redes capitalistas internacionais e de establecer políticas a favor dos máis pobres.

"Iso comproba que é posible realizar transformacións que toman as súas distancias coa lóxica do sistema capitalista".

A produción de enerxía vexetal: Bautista Vidal

Para Bautista Vidal -descendente de galegos, do concello de Ponteareas- "o planeta Tierra está hoxe rexido por un sistema produtivo predador da natureza, movido principalmente por enerxías fósiles que degradan o medio do planeta, levándoo á destrución. A Civilización da Fotosíntese corresponde a un avance na dirección da sustentabilidad, racionalidade, estabilidade política mundial, complexidade e poder humanista. Brasil ten todas as condicións para liderar o mundo na produción de enerxías renovables e limpas vexetais substitutas vantaxosas do petróleo".

A degradación producida polos fósiles soamente será reducida e eliminada cunha civiliación conducida á produción de combustibles limpos obtidos principalmente nas rexións tropicais por medio da fotosíntese na que a enerxía eletromagnética do sol é transformada en enerxía química dos hidratos de carbono (azucres, amidóns e celulosas), e lipídios (óleos vexetais), entre outros, e usada en substitución dos combustibles fósiles que teñen orixe tamén no sol. Vólvese así ás formas orixinais de uso indirecto da enerxía do Sol, convertida en curto espazo de tempo en formas enerxéticas vexetais, grazas á fotosíntese.

As enerxías fósiles, provenientes tamén do Sol, levan centos de millóns de anos para formarse, como o petróleo. El pasa pola forma de hidratos de carbono antes de sufrir o proceso de fosilización. O óleo de xirasol, forma enerxética vexetal, fórmase tan só en dous meses, tamén a partir da radiación solar.


www.clubinternacionaldeprensa.org
www.pobremundorico.org
Club Internacional de Prensa de Galicia

miércoles, 21 de noviembre de 2007

Magosto Popular.

Esta Sexta-feira dia 23 de Novembro, e desde as sete e meia do seram até que se rematem

No LS Faísca (Rua Toledo nº9. O Calvario – Vigo) imos celebrar um magosto Popular, convidando a todas e todos as e os que por lá passedes, a degustar o que outrora fora elemento principal da dieta do nosso pais: as castanhas.

Un magosto es una fiesta tradicional gallega celebrada en el mes de noviembre cuyos elementos pricipales son la castaña y el fuego.
Una vez hay brasas, se coloca sobre ellas un cilindro metálico con agujeros en su base, llamado tambor, en el que se extienden las castañas a las que previamente se les ha realizado un corte en un extremo para que no salten o exploten. Una vez asadas se pelan y se comen.
Es común tiznarse la cara con los restos de la hoguera, ya que trae suerte.
Hay varias teorías sobre el origen del término Magosto: Magnus Ustus (gran fuego) o Magum Ustum (resaltando el carácter mágico del fuego).
Fiestas hermanas a la del magosto son la fiesta de gaztañarre en el País Vasco, el maguestu en Asturias, la magosta en Cantabria, la castañada en Cataluña y la chiquitía, chaquetía, calvochá o magosto (llamada en algunos lugares igual que en Galicia) en Extremadura. También se conoce como magosto el asado de castañas en la región de El Bierzo (Castilla y León). En Portugal también se encuentra esta tradición y se denomina magusto.

Fuente: http://es.wikipedia.org

Desaparecidos em México :: charla :: mercores 20h na cova

En México, tras 7 anos de gobernar a ultradereita tense criminalizado aluita social, se persigue, hostiga, tortura e executan desaparicionsforzadas. Nestes anos desapareceron 100 persoas sin que se fixera xustiza. Yolanda Castro activista de Chiapas fará unha reseña destas violacionsdos dereitos humans a nivel nacional, Nadín Reyes, ofrecerá a súatestimuña familiar da desaparición forzada do seu pai Edmundo Reyes Amaya. Yolanda Castro Apreza é representante de "K'inal Antsetik" e do "FrenteNacional de Lucha por el Socialismo", Nadín Reyes Maldonado, representantee fundadora d "AsociaciónHastaEncontrarlos"
na "cova do ratos" este merkores as 8 da noite

martes, 20 de noviembre de 2007

CICLO DE CINEMA LUSÓFONO CS Faísca e CS Revolta Novos horarios

Organizam: AGAL, CS Faísca e CS Revolta
Os filmes projetaram-se às 20:30 hrs.
CICLO DE CINEMA LUSÓFONO
Dia 22 de Novembro, Quinta feira: "CAPITAES DE ABRIL" , Maria de Medeiros, 2001.
No Centro Social Faisca.
Dia 27 de Novembro, Terça feira: "CASTELAO" , Jorge Prelorán, 1980.
No Centro Social Revolta.
Dia 29 de Novembro, Quinta feira: "O BOSQUE ANIMADO" , Ángel de la Cruz e Manuel Gómez, 2001.
No C. S. Faisca.
Dia 3 de Dezembro, Terça feira: "ESTAÇOM CENTRAL BRASIL" , Walter Salles, 1988.
No C. S. Revolta.
Dia 6 de Dezembro, Quinta feira: "ANIKI BOBÓ" ,Manoel de Oliveira, 1942.
No C. S. Faisca.

jueves, 15 de noviembre de 2007

Actividades no MARCO

Venres 16 de novembro, ás 18.00, terá lugar o ENSAIO XERAL DA OBRA na fachada do edificio do MARCO, na rúa Príncipe.


‘Os homes tamén moven paredes’

Espectáculo de danza sobre a fachada do edificio do MARCO

Compañía Provisional Danza / Carmen Werner, coa colaboración de Teatro Ensalle

Un espectáculo insólito, fóra do común, nun espazo totalmente distinto dos escenarios habituais. Seis bailaríns da Compañía de Carmen Werner danzan sobre a fachada do MARCO, nun plano vertical, permanecendo pendurados en altura ata que a coreografía remata na rúa, ao pé do edificio que funciona como pano de fondo.

· Lugar: fachada principal, rúa Príncipe

· Intérpretes: Josué Espino, Victoria P. Miranda, Laura Marrero, Manuel Rodríguez, Igor Calonge, Carmen Werner

· Música: Réquiem de Mozart, Obertura Messiah de Haendel, Porta VIII de Stoa

· Duración: 20 min

DATAS E HORARIOS DO ESPECTÁCULO

· sábado 17 e domingo 18 de novembro, ás 18.00

DATA E HORARIO DO ENSAIO XERAL

· venres 16 de novembro, ás 18.00

miércoles, 14 de noviembre de 2007

Presentación na Cova dos Ratos "Servizo de información de dereitos sociais"

Presentación do "Servizo de información de dereitos sociais", sábado 17 de novembro ás 20.00 na Cova dos Ratos (Romil 3).

Ademais contaremos coa presenza de Manolo Saez -membro de Baladre- que nos falará da experiencia doutras oficinas do estado.

A oficina leva funcionando dende o mes de setembro co obxectivo de ofrecer información alternativa sobre prestacións sociais (tipos de axudas, contías, requisitos, documentación, onde dirixirse...) e denunciar a pobreza e a precariedade.

Máis info: www.comunidadebasecoia.org

martes, 13 de noviembre de 2007

Concentración antifascista

Xoves 15 de Novembro, ás 20:00 hh no MARCO (Rúa Príncipe) Concentración en solidariedade co antifascista asasinado o domingo en Madrid dunha coitelada no corazón e os 2 feridos graves causados por un nazi de "Democracia Nacional".
Image

lunes, 12 de noviembre de 2007

CICLO DE CINEMA LUSÓFONO





Organizam: AGAL, CS Faísca e CS Revolta

Os filmes projetaram-se às 20:30 hrs.

Dia 15 de Novembro, Quinta feira: "CAPITAES DE ABRIL" , Maria de Medeiros, 2001.

No Centro Social Faisca.

Dia 20 de Novembro, Terça feira: "CASTELAO" , Jorge Prelorán, 1980.

No Centro Social Revolta.

Dia 22 de Novembro, Quinta feira: "O BOSQUE ANIMADO" , Ángel de la Cruz e Manuel Gómez, 2001.

No C. S. Faisca.

Dia 27 de Novembro, Terça feira: "ESTAÇOM CENTRAL BRASIL" , Walter Salles, 1988.

No C. S. Revolta.

Dia 29 de Novembro, Quinta feira: "ANIKI BOBÓ" ,Manoel de Oliveira, 1942.

No C. S. Faisca.


sábado, 3 de noviembre de 2007

(Local Social Faísca) Primeiro ano de andamento

Há agora um ano que o projecto social, político e cultural dum grupinho de pessoas puxo em andamento o Centro Social Faísca. Em primeiro lugar queremos agradecer a tua participaçom, em maior ou menor grao, do nosso projecto e as suas actividades.

Para celebrar este primeiro ano de andamento o próximo Sábado día 10 de Novembro às duas e meia, organizamos um Jantar seguido de música tradicional ao vivo.

O jantar consistirá no tradicional Cocido galego, pam, vinho, postre e chupinhos.

O preço será de dez euros por pessoa. Anotar-se neste correio ou no local, quanto antes para poder calcular as cantidades.

Local Social Faísca

viernes, 2 de noviembre de 2007

Local Social Faísca (Cursos)

Os Cursos de CAPOEIRA e REQUINTA vam dar começo

REQUINTA
As aulas de iniciaçom e aperfeiçoamento deste instrumnto musical galego impartiram-se todas as Sexta-feiras das sete ás oito e meia do seram

O Curso começará esta sexta-feira día 2 de novembro e o preço é de 15 euros para as sócias e socios e 20 euros para as nom sócias.

CAPOEIRA
As aulas seram impartidas por Paulo Rodrigues, do Grupo de Capoeira Birimbau Dourado, do Brasil (mestre coloral).

Aulas de umha hora dous días por semana. Começo do curso a próxima segunda-feira dia 5 de Novembro, e as aulas impartiram-se as segunda-feiras de oito e meia a nove e meia e as quartas de nove e meia a dez e meia.

O Preço é de 25 euros mensais para as sócias e sócios do Centro Social e de 30 euros para as nom sócias

E o último curso que ficava pendente por começar dos que tinhamos programados neste começo de curso no Local Social Faísca, o de Baile tradicional Galego.

As aulas seram todas as terça-feiras ás oito e meia do seram. Começará o próximo día 6 de Novembro.

Preço: 10 euros para socias e socios e 15 euros para as pessoas nom sócias.


Para apontar-te ou mais informaçom
Rua Toledo nº 9. O Calvário.
Local Social Faísca
www.faisca-gz.blogspot.com
[email protected]

lunes, 29 de octubre de 2007

2 de novembro Proxección na Cova Contra o TAV/AVE

(grupo axitacion social)

Presentación deste novo DVD feito para denunciar a desfeita da Alta Velocidade. "O AVE, de Barcelona a Galiza"
Duración 25 min.+ Extras, o venres 2 de novembro ás 20:30 na Cova dos Ratos.

Organizan: Grupo Axitación Social e Asociación Caleidoskopio.


"Os obxectos tecnolóxicos, como a miseria e a opresión, teñen unha cor política. Ao examinalos non debemos fixarnos na apariencia neutral dos seus resultados técnicos (a velocidade, neste caso), senón nas alteracións sociais, ambientais e políticas que provocan: en qué medida modifican o traballo ou a nosa vida cotiá?; como inciden no territorio, na cidade, nos barrios?; como cambian a nosa percepción da realidade e como inflúen nas nosas ideas ou no noso carácter?; que efectos teñen sobre a nosa saúde física e mental? ?
En resumo, que gañamos ou perdemos cos artefactos tecnolóxicos? ou, mellor aínda, quen gaña e quen perde?
Calquera que for quen de plantexarse tales cuestións sen prexuízos obterá as respostas adecuadas."

Miquel Amorós.


Podes conseguir o DVD contactando con: [ L a p s u S ]
distribuidora alternativa materias dos movementos sociais
CSA "A Cova dos Ratos":
Romil 3 Baixo Vigo -Galiza
986 49 33 81
[email protected]

viernes, 19 de octubre de 2007

Campionato de matraquilho.

Este Sábado dia 20 às 19h organizamos no nosso local da Rua Toledo nº9 – O Calvário um outro campionato de matraquilho.

Inscripçons até o momento de começar.


E lembrar que estamos aguardando mais inscripçons para começar o resto dos cursos e actividades: Capoeira, Baile galego, Teatro e Escalada. E já deu começo, mas póde-se apontar quem quixer, o curso de Gaita (Sexta-feira-venres- às oito) e o de História da Galiza –de balde- (hoje, manhá e a sexta-feira e todos os dias da semana que vêm às oito do seram).

L.S. Faísca

www.faisca-gz.blogspot.com

domingo, 7 de octubre de 2007

Comeza a acción do artista Gustavo Romano nas rúas de Vigo

Como parte da exposición TEMPO AO TEMPO

A partir da semana que ven, unha vez clausurada a exposición DOPPELGÄNGER nas salas do primeiro andar do MARCO, comezarán as tarefas de montaxe da exposición TEMPO AO TEMPO, ata a súa inauguración o 19 de outubro.

Algúns dos artistas atópanse xa en Vigo coa preparación dos seus proxectos. É o caso de Gustavo Romano (Bos Aires, Arxentina, 1958), que participará na exposición coa peza titulada Time Notes. Oficina de reintegro del tiempo perdido, unha videoinstalación feita a partir dunha acción que o artista ten levado a cabo en varias cidades do mundo, nesta ocasión na rúa do Príncipe, fronte á fachada principal do MARCO.

O proxecto Time Notes [Billetes de Tempo] comprende unha serie de accións en espazos públicos utilizando un sistema de diñeiro baseado en unidades temporais (billetes de 1 ano, de 60 minutos, etc.). Nel poden participar todas as persoas que se acheguen a esta oficina móbil.

A oficina de reintegro do tempo perdido ofrécese como lugar de recepción e clasificación do tempo cedido involuntariamente, baixo presión ou por razóns arbitrarias —traballando nun emprego non desexado, perdido nunha relación equivocada, servindo ao exército, etc. Na oficina móbil, un representante de Time Notes House acusará recibo da descrición de como perdeu o seu tempo o declarante, e lle lo reintegrará cun billete do valor correspondente, coa causa da perda impresa no reverso. Toda a acción será gravada en vídeo para incluíla posteriormente na obra exhibida na exposición TEMPO AO TEMPO.

Image

Oficina do tempo perdido

· Datas: venres 5 e sábado 6 de outubro

· Lugar: rúa do Príncipe, fronte á fachada principal do MARCO

· Horario: de 11.00 a 13.30 e de 17.00 a 20.00

Curso de História da Galiza no Centro Social Faísca de Vigo

A vindoura quarta-feira dia 10 de Outubro começará no C.S. Faísca (Rua Toledo nº9. O Calvario – Vigo) em colaboraçom com a AGAL de Vigo o curso de História ("História dum Povo singular.A Galiza"). Pretende ser um repasso sintético da História desde os primeiros povoadores até o século XX ocorrida no nosso territorio e impartido polo professor e presidente da AGAL Alexandre Banhos.

As interessadas e interessados em assistir deveram apontar-se no própio local social, no correio [email protected] ou ligar para o telefone 661346477.

O curso desenvolverá-se no mês de Outubro em sessons de duas horas diárias de segunda a quinta-feira, e nom terá custo algum, cum total de 20 horas lectivas, aproximadamente.

Horário: vai-se desenvolver em sessões de duas horas de 19:30 a 21:40 horas

Os seguintes dias de Outubro: 10, 11, 15, 16, 17, 19, 22, 23, 24, 25.

INTRODUÇOM A HISTÓRIA DA GALIZA

1. A povoaçom galega e o continuum paleolítico

2. A Galiza pre-romana, a sua celticidade.

3. A Galaeciae romana. A Crise imperial e o nascimento do Gallaeciorum regnum.

4. Os Suevos. Os povos germânicos na península

5. O Cristianorum regnum

6. A divisom da Galiza e o nascimento de Portugal

7. Os grandes reis galegos

8. Os reis galegos coroados do reino centro peninsular

9. Portugal e a Galiza encontros e desencontros

10. Os irmandinhos, e a doma e castraçom do reino da Galiza

11. A Galiza sob os Austrias

12. A Independência de Portugal e os Bourbons

13. A guerra peninsular. O Provincialismo

14. O século XIX. O nascimento jurídico de Espanha. O Regionalismo

15. Nótulas sobre o Século XX, e o nosso auto-redescobrimento histórico

Lembrar-vos também que estam abertos os praços para a inscripçom no resto dos cursos: Capoeira, Baile galego, Gaita, Requinta, escalada e a formaçom dumha companhia teatral

sábado, 6 de octubre de 2007

APRENDER A VER ARTE

Dende o Departamento de Comunicación do MARCO de Vigo achegamos información sobre o curso APRENDER A VER ARTE, impartido por Emilio Cendón González.
Dende hoxe, martes 2 de outubro, está aberta a matrícula para este curso, que terá lugar durante seis sesións consecutivas, todos os martes (Grupo 1) e sábados (Grupo 2) entre o 30 de outubro e o 15 de decembro.
A inscrición estará aberta ata completar o NÚMERO MÁXIMO DE 20 PARTICIPANTES POR GRUPO.
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe 54
36202 Vigo
www.marcovigo.com
Tel. +34 986 113900

martes, 2 de octubre de 2007

GENOCIDA BUSCADO: Jorge Héctor Vidal

GENOCIDA BUSCADO: Jorge Héctor Vidal

Image

Fue médico de la Bonaerense, torturador y apropiador en los Centros Clandestinos del Pozo de Banfield y la Brigada de Investigaciones de San Justo. Está libre gracias a la Ley de Obediencia Debida, y se encuentra prófugo de la justicia. [Más información]

miércoles, 26 de septiembre de 2007

6 de outubro Roteiro polo Dereito á Vivenda en Vigo

Precarias en Loita
O sábado día 6 de outubro ás 18h sairemos desde a Porta do Sol, para facer un roteiro contra a especulación e o abandono de moitos edificios no espazo urbán, especialmente no Casco Vello e o Barrio do Cura.
Animamos á xente a que traia sprays e plantillas de todo tipo.
- Caixa dos correios:: precariasvigo(arroba)gmail.com
www.precarias.arkipelagos.net

lunes, 24 de septiembre de 2007

Comezaram os distintos cursos no Local Social Faísca

A partir da próxima semana comezaram os distintos cursos no Local Social Faísca
Todas as actividades seram no local do Calvario, na Rua Toledo nº 9 rés-do-chao; e os horários seram a acordar entre as alumnas e alumnos e o mestre.
Para mais informaçom ou reservar praça no próprio local ou ligando por correio [email protected]

Curso de Requinta (Iniciaçom e aperfeiçoamento).

Curso de Gaita (Iniciaçom em frauta )

Baile galego

Capoeira

Iniciaçom à escalada / Rocódromo

História de Galiza

Formaçom dumha companhia teatral

L.S. Faísca
[email protected]