O Museo Reina Sofía de Madrid presenta actualmente unha ampla exposición retrospectiva sobre a pintora Maruja Mallo, que xa fora exhibida na Fundación Botín en Santander nos meses precedentes. Maruja Mallo é unha das artistas máis sobranceiras da arte contemporánea española do século XX. R etrato Maruja Mallo no seu estudio rodeada polas súas obras, 1936. Fotografía de Vicente Moreno Díaz (1894-1954). Archivo Moreno. Fototeca do Instituto del Patrimonio Cultural de España A raíz desta noticia un seguidor de Tudensia nos require a que documentemos a presenza de Maruja Mallo na nosa cidade, onde durante varios anos residen os seus pais e onde nacerá en 1905 o seu irmán Cristino Mallo, afamado escultor. Maruja e Cristino son dous fillos do matrimonio de Justo Gómez Mallo e María del Pilar González Lorenzo, que tiveron cinco fillos e nove fillas, das que unha delas morreu ao seis anos en 1923. Justo Gómez Mallo naceu en 1867, en Madrid, casando con María del Pilar González Lorenzo en...
Achegamos a todos os lectores de “Tudensia” os nosos mellores desexos dun feliz e santo Nadal, na compaña de familiares e amigos, cun breve poema publicado en “La Integridad” tudense na Noiteboa de 1892, asinado unicamente polas iniciais AE que non conseguimos identificar. Detalle dun debuxo de Eduardo Padín NADAL Á beira d’un camiño n-fondo d’unha cova, naceu á media noite un neniño mais lindo ca unha rosa. Os anxeles, ó vel-o, baixano dend’a groria, batendo as aas d’ouro e cantando cantigas harmoniosas. Os pobres pastoriños que por ovellas ollan, espertando contentes y-á adoral-o marcharon en viola Cand’alcendeu o día as fogueiras da aurora, un cántico d’alaudos foi resoando pol-a terra toda. AE Publicado no xornal tudense “La Integridad” o 24 de decembro de 1892. Remato reproducindo unhas liñas recibidas, do amigo e xornalista Roberto Ledo, entre tantas mensaxes de felicitación que me pa...