Xesús Rodríguez López, nado en Lugo o 28 de xullo de 1859 e finado o 24 de marzo de 1917, foi un médico e escritor en galego e castelán. Escritor de temas variados, pois ademais de obra literaria estrita —novela, teatro e poesía—, acometeu tamén o ensaio, foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega. De entre as súas obras destacan: A cruz de salgueiro (Lugo, 1899) novela; O Chufón (Lugo, 1915) comedia en dous actos e Ligeros apuntes sobre las supersticiones de Galicia (Lugo, 1895), esta última corrixida e aumentada nunha segunda edición de título Supersticiones de Galicia y preocupaciones vulgares (Madrid, 1910), moi reeditada posteriormente.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 165673 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 463 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.