Saltar ao contido

OpenStreetMap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
OpenStreetMap
Logotipo
Imaxe
(2022)
 Título
OpenStreetMap (en-gb) Editar o valor en Wikidata
 Medio usado
Características
 Lingua
 Uso
Economía
 Produto ou servizo
Cifras e dimensións
Membros10189683 (12 de febreiro de 2026) Editar o valor en Wikidata
Clientela10600000 Editar o valor en Wikidata
Implicados
 Fundador/a
 Propietario/a
 Operador/a
 Participantes
Datas
 Fundación / creación
1 de xullo de 2004 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
9 de agosto de 2004 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 Área de operación
 País de orixe
Recoñecemento
 Premios e distincións
 Puntuación da crítica
4/5 lib.reviews (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
VIAF184588430 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/08f_0k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Manual
Facebook: OpenStreetMap Twitter: openstreetmap Instagram: openstreetmap GitHub: openstreetmap Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

OpenStreetMap (tamén coñecido polas súas siglas OSM) é un proxecto aberto e colaborativo para crear mapas libres, gratuítos e editables. As trazas dos mapas créanse empregando información obtida de dispositivos GPS ou empregando fotografías aéreas ou de satélites e outras fontes como bases de datos da administración. Dende 2016 OSM emprega en España cartografía PNOA para mapeado e edición.

Descrición

[editar | editar a fonte]
Image
Evolución do mapeo da área da cidade de Múnic (Alemaña) de agosto de 2006 a setembro de 2007 por colaboradores de OpenStreetMap.
Image
OSM de Galiza indicando a ZEE en Galiza.

Os inicios do proxecto están en xullo de 2004 por Steve Coast en protesta polos altos prezos que Ordnance Survey, a axencia cartográfica de Gran Bretaña, cobraba pola súa información. O 9 de agosto de 2004 pediu o dominio openstreetmap.org[1]. En 2006 o proxecto OSM pasou a estar organizado baixo unha fundación internacional con apoios para aloxar a súa base de datos. O proxecto foi ampliándose a máis países do mundo e en abril de 2009 iniciouse a colaboración con Wikipedia para empregar os seus mapas xeoreferenciados. Dende entón Wikipedia ofrece ligazóns aos mapas de OSM, entre outros.

O proxecto baséase en edicións feitas por colaboradores rexistrados. Os usuarios crean unha conta rexistrándose na páxina do proxecto OSM. Poden editar directamente os mapas na páxina web do proxecto sen necesidade de instalar programa algún no seu ordenador. Unha vez rexistrado e acceso á páxina de edición amósanse imaxes de distintas zonas. Cada usuario pode elixir a zona ou lugar que desexa mapear. Converter esas fotos en datos que se incorporarán á base de OSM. Así pódense trazar estradas, edificios, terreos, zonas segundo o seu uso ou calquera outro dato. Todo será incorporado aos mapas de OSM. Existen programas alleos a OSM que permiten baixar partes dos mapas do proxecto chamadas teselas. Estes anacos permiten ser editados de xeito completo podendo engadir datos doutras aplicacións como receptores GPS, trazas completas. Toda esa información pode ser subida posteriormente á base de datos de OSM. Terceiras empresas e usuarios desenvolven programas que empregarán a base de datos OSM. Algunhas fan uso comercial deses datos. O proxecto OSM fomenta o uso comercial. Cada empresa decide o nivel de liberdade que da ao seu proxecto. Así algunhas deixan empregar parte do seu software de xeito libre e cobran por algunhas funcións.

OSM en Galiza

[editar | editar a fonte]

Na ampliación de OSM chegou a ofrecer algunhas imaxes de satélite das principais cidades de Galiza non estando dispoñible no resto de xeito que as vilas máis pequenas e as estradas entre elas non tiñan presenza no proxecto. Hoxe en día as imaxes xa están dispoñibles para todo o territorio aínda que faltan moitas estradas secundarias por trazar.

  1. Plaza, Analía (7 de agosto de 2014). "OpenStreetMap, una década trazando el mundo entre todos". ElDiario.es (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2021.