Android Oreo é o nome da versión 8.0 descontinuada do sistema operativo Android, que se anunciou o 21 de marzo de 2017[1] e se publicou o 21 de agosto dese ano, o día da eclipse solar total nos Estados Unidos.
Primeiro lanzouse como unha vista previa alfa para desenvolvedores para teléfonos de Google (Nexus e Pixel). A segunda versión, considerada unha versión beta, lanzouse o 17 de maio. A terceira versión, que contiña as API finais, lanzouse o 8 de xuño.[2]
A primeira vista previa para desenvolvedores de Android "O"[3][4][5] lanzouse o 21 de marzo e estaba dispoñible para varios teléfonos de Google: Nexus 5X, Nexus 6P, Nexus Player e Pixel.[6] Google planeaba lanzar un total de catro vistas previas para desenvolvedores; a segunda, considerada unha versión beta, lanzouse o 17 de maio dese ano,[7] e o segundo conxunto de novas vistas previas publicouse en xuño e xullo. Está previsto un lanzamento oficial final para o terceiro trimestre de 2017.[8]
A versión 3, que finaliza a API de lanzamento no nivel 26 da API, foi lanzada o 8 de xuño de 2017. A versión 3 tamén cambiou a interface de usuario da cámara, volveu incluír os niveis de conectividade Wi-Fi e móbil na barra de estado (co Wi-Fi de novo á esquerda), engadiu notificacións temáticas, engadiu unha animación da batería en Configuración > Batería, unha nova icona e un fondo máis escuro para a aplicación Reloxo e unha icona con forma de bágoa para as aplicacións.[9]
A versión final de Android Oreo foi lanzada ao público o 21 de agosto de 2017 para dispositivos Nexus e Pixel compatibles. Inclúe novas melloras que garanten a estabilidade do sistema operativo. En canto á máscara de usuario, non parece haber cambios en comparación coa versión 4.
Android Go é unha edición adaptada para dispositivos de gama baixa, desenvolvida a partir de Android Oreo, está deseñada para dispositivos con 1 GB de RAM ou menos. Inclúe optimizacións de plataforma deseñadas para reducir o uso de recursos e ancho de banda, incluíndo melloras en varias aplicacións de Google Go. A interface do sistema operativo tamén foi redeseñada, cun panel de configuración rápida que mostra de forma máis destacada información sobre a duración da batería, os límites de datos móbiles e o almacenamento dispoñible, así como un menú de aplicacións. Tamén se engadiu unha API, que permite aos operadores de telefonía móbil implementar o seguimento de datos e recargas dentro do menú de configuración de Android.[10] Ademais, Google Play ten un deseño modular para reducir aínda máis o uso da memoria.[11] Este sistema eficiente en canto a recursos implementouse para fabricantes de equipos orixinais (OEM) a partir de Android 8.1.[12] Entre os teléfonos que xa executan Android Go inclúense o Nokia 1,[13] o Alcatel 1X e o ZTE Temp Go.[14]