Ambas as aves eran enviadas á alba a recoller información e regresaban pola tarde. Pousábanse nos ombreiros do deus e rumoreaban todas as noticias. O nome Hugin provén do nórdico antigoHuginn e significa "pensamento", mentres que Munin significaría en nórdico antigo"memoria" ou "mente".
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 171912 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 389 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.