Saltar ao contido

Odio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Odio
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Parte de
 Oposto a
 Causa de
Características
 Interacciona con
 Interacciona fisicamente con
Códigos e identificadores
Freebase/m/02p64h Editar o valor en Wikidata
MeSHD006252 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2780617971 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX543767
Wikidata C:Commons

O odio[1] é un sentimento humano que se expresa a través dunha fonda aversión, antipatía ou repugnancia cara a un ser vivo, grupo, situación, fenómeno ou cousa. Comunmente considerado o oposto ao amor, os dous teñen en común a súa intensidade e o seu ímpeto.

Tipoloxía

[editar | editar a fonte]

Entre as diversas formas de odio atópase a misoxinia que é o odio ás mulleres; a misandria, o odio aos homes; a misantropía, o odio á raza humana; o odio cara a unha nación, relixión ou raza por exemplo o antisemitismo; misoloxía, o odio á razón.

Image
Hércules vence a discordia (cun fol), a envexa (con máscara) e o odio (como Medusa), fresco de Louis de Silvestre (teito da sala do trono de Frederico Augusto I "o forte" de Saxonia, tamén chamado Augusto II de Polonia-Lituania, no pazo real de Dresden)