Mostrando entradas con la etiqueta galiza. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta galiza. Mostrar todas las entradas

A historia do galego I V

A partir dos 60 vanse producir cambios no eido económico e social e unha leve atenuación da censura. Exemplos deste aperturismo foron a publicación de Grial, a instauración do Día das Letras Galegas, a ampliación do mundo editorial con Ediciós do Castro, as asociacións culturais en defensa do galego...
A Universidade galega non queda á marxe destas inquedanzas e toma parte activa no proceso de recuperación coa creación no 65 da Cátedra de Lingua e Literatura Galegas e, seis anos despois, do Instituto da Lingua Galega.
A instauración do réxime democrático en España senta as condicións para a normalización do galego. Ó abeiro do disposto na Constitución Española de 1978, o Estatuto de Autonomía de Galicia (1981) establece que o galego é, xunto co castelán, lingua oficial de Galiza.
O 15 de xuño de 1983 o Parlamento de Galicia aprobaba, co consenso de tódolos grupos parlamentarios, a Lei de Normalización Lingüística de Galicia que pasa a se constituír na ferramenta legal imprescindible para o exercicio dos nosos dereitos lingüísticos.

A historia do galego III

"Rexurdimento" é o nome co que se coñece o século XIX na nosa historia e expresa nitidamente o que foi unha traxectoria de recuperación non só literaria, senón tamén cultural, política e histórica. A publicación en 1863 de Cantares Gallegos, obra escrita integramente en galego por Rosalía de Castro, inaugura o Rexurdimento Pleno.
A comezos do s. XX, o galeguismo evoluciona cara ó nacionalismo, provocando un salto cualitativo na utilización da lingua. Nacen as Irmandades da Fala e Galicia queda incluída na Sociedade de Nacións de Xenebra.
No ano 20 comeza a publicación de NÓS, revista que dá nome a unha xeración que procurou (e conseguiuno) saca-la cultura galega do folclorismo e do influxo unilateral da cultura castelá. A cultura galega entra en contacto coas ideas estéticas europeas e o galego é usado en obras de carácter científico.

Nos anos vinte hai un importante avance no estatus do galego, crease o Seminario de Estudios Galegos, os movementos europeos de vangarda non lle resultan alleos á lírica galega, os autores da "Xeración do 25" demostran unha grande orixinalidade creativa...
Mención á parte merece a figura polifacética de Castelao, un clásico da cultura galega en tódalas áreas en que manifesta a súa arte e que ten unha grande significación política plasmada tanto na súa obra ensaística -Sempre en Galiza- coma no seu labor no seo do Partido Galeguista, xogando un papel moi importante na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia de 1936.

A historia do galego II

A transformación do latín en galego produciuse de maneira progresiva e imperceptible. É imposible dar unha data exacta desde a que o latín é galego. No s. VIII a lingua da igrexa e da administración era tan distante da falada que hai dous sistemas diferentes: o latín e o galego.
O documento literario máis antigo dos coñecidos, a cantiga satírica Ora faz ost'o senhor de Navarra de Joan Soares de Paiva, data do s. XII. Dos comezos do s. XIII son os primeiros documentos non literarios, Noticia de Torto e Testamento de Afonso III de Portugal
.
Entre os séculos XII e XIV o galego convértese na lingua por excelencia de toda a lírica da Península. Propiamente debemos falar de lírica galego-portuguesa.

Dese período datan composicións como: as Cantigas de Santa María, a Historia Troiana, a Crónica Troiana, os Miragres de Santiago, as Cantigas de Martín Codax...
O asentamento dunha nobreza estranxeira, intransixente coa cultura e a lingua de Galicia, a diminución da poboación, a perda de autonomía da igrexa galega... provocan que o galego estea practicamente ausente dos usos escritos. Son os chamados SÉCULOS ESCUROS e abranguen desde o XVI ó XVIII.

No s. XVIII xorden as voces de denuncia dos chamados "ilustrados", que reivindican a normalización da lingua galega. Entre eles destaca a figura de Frei Martín Sarmiento.

A historia do galego I

Os primeiros habitantes de Galiza eran de orixe preindoeuropea e ó igual que os celtas -indoeuropeos- deixaron a súa pegada na nosa lingua.

Deste xeito, atopamos no galego palabras preindoeuropeas (amorodo, lastra, veiga, etc.) e voces celtas como berce, bugallo, croio... que chegaron á nosa lingua unhas veces directamente e outras a través do latín.
Os romanos chegan a Galiza (s. 1 d.C.) moito máis tarde que ó resto da península (s. III a.C.). Comeza así unha tardía romanización que conlevou a incorporación dos celtas (e outros pobos) á lingua e cultura dos conquistadores. O latín pasaba a se converter na lingua dos galegos, mais este proceso non se deu de contado, senón paseniñamente por mor de casamentos e de determinadas vantaxes administrativas como a cidadanía romana, o reparto das terras, etc. O proceso de romanización tamén se deu noutros lugares, o que explica que da lingua utilizada por aquel entón, o latín vulgar, derivasen as chamadas linguas románicas.
A partir do s. V chegan a Galicia pobos de raza e lingua xermánica que non son quen de asimilaren lingüisticamente ós galego-romanos, outro tanto acontecería coa escasa presencia dos árabes no noso país e a chegada de novas vagas celtas de Bretaña. Destes contactos, o galego recibe un gran número de préstamos lingüísticos tanto xermánicos (laberca, espeto, roupa, etc) como árabes en menor medida e máis indirectamente (Mamede, laranxa, aceite, azucre...).

O galego

O galego é a "lingua propia da Galiza" gracias ós millóns de persoas que ó durante moitas xeracións soubemos mante-la nosa lingua como sinal de afirmación colectiva, tanto nos momentos de maior esplendor, como nas situacións máis complicadas e difíciles.

Actualmente máis de tres millóns de persoas falamos galego, tanto en Galiza e as zonas limítrofes (occidentes de Asturias, León e Zamora), como nas varias ducias de cidades españolas e de países onde marcharon traballa-los nosos emigrantes.

A illa de Ons

Image
Image
nova publicada en Galicia Hoxe

Os cantos de Reis

Unha tradición habitual nas nosas festas de Nadal era ir cantar polas casas. Grupos de mozas e de mozos percorrían a aldea ou parroquia cantando estas pezas de literatura popular e transmitidas oralmente ó longo dos séculos. A cambio do seu cantar, a mocidade solicitaba o aguinaldo, xeralmente en especie (viño, chourizos, touciño, doces, lambetadas, etc.), que despois consumían todos xuntos facendo unha festa ou foliada.

Aínda que o tipo de composición mudase para cada data, a tradición de reunírense os mozos da aldea para ir cantar de casa en casa estas pezas tradicionais era a mesma por todo o país e o obxectivo tamén: conseguir algo de xantar e algunhas lambetadas para monta-la festa.

En Nadal cantábanse panxoliñas ou nadais, en Fin de Ano as xaneiras, manueis ou aninovos e a vispera de Reis os cantares de reis ou aguinaldos.

Nolmalmente os temas das cancións estaban relacionadas co Nadal. No caso dos cantos de Reis a temática adoita xirar arredor da visita e adoración dos Reis Magos a Cristo, a fuxida da Sagrada Familia a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén de Xosé e de María e a procura dun lugar onde parir.

Case a totalidade dos cantos de Reis relatan unha viaxe ou falan dun camiño o cal tampouco é casual se temos en conta que o Nadal coincide co período de mínima potencia solar e co intre no que o Sol comenza o seu renacemento cíclico a partir do solsticio de inverno. O Sol viaxa constantemente e o camiño representa a búsqueda dunha nova vida.

Estes cantos de Reis soían comezar cunhas estrofas de presentación dos “reiseiros” na que se pedía permiso ou licencia para cantar na casa. A continuación viña o propio relato ou canto de Reis e adoitaban finalizar cunha de loubanza ós da casa onde cantaban, en caso de obte-lo aguinaldo desexado, pero tamén podía rematar dun xeito ferinte, e mesmo insultante, no caso contrario, facendo saber ós veciños quen estaba menos disposto a comparti-los seus alimentos. De seguido tocábse unha “jota” ou muiñeira e convidaban a danzar ós da casa.

Estes tipos de cantos son melodías longas e lentas, cantadas case sen respirar, con multitude de mordentes e adornos propiciados pola gaita. Conforman un estilo propio de canto, guturais, pisando os finais de estrofa cos comezos. Polas letras e melodías destes cantos percíbese que son de corte culto. Moitos deles teñen que ver con cantos gregorianos e cantares relixiosos dos séculos XV e XVI que foron adaptados e transformados polo pobo.

A meirande parte deles son en castelán ou castrapo, debido a súa orixe nos textos bíblicos ou eucarísticos, que eran sempre nesta lingua. Outras veces se a casa onde se cantaba era de “señoritos” entón trocábase nos cantos o galego polo castelán, para agrada-los anfitrións.

Estes cantos de Reis eran interpretados por cuadrillas ou xugadas de homes, mozos e nenos que recorren as casas dando a boa nova cantando. Estes grupos de Reiceiros compóñense dun gaiteiro e dun ou varios cantores e incorporan, ocasionalmente, percusión e instrumentos varios, sobre todo instrumentos denominados humildes (botella de anis, cunchas, paus, piñas, etc.) que eran os que se podían atopar fácilmente nas aldeas.


Un dia de festa

Image
Hoxe é un día de festa para Galiza, a selección galega enfrentase a Camerun en Balaidos, as duas grandes aficións galegas, as do Celtiña e as do Depor, sempre enfrontadas, unense por un día para animar a un único equipo a seleción GalegaImage

Image

O carallo 29 existe

“O carallo 29″ , que galego non escoitou algunha vez esta expresión,eu en Lentille teñoa escoitado unhas cuantas veces. O termo carallo fai referencia vulgarmente ó membro viril. En galego, un dos idiomas máis ricos en matices que hai, esta palabra traspasou a fronteria idiomática até converterse nun vocablo universal que, sen perdé-la súa expresividade orixinal, pódese utilizar en diferentes ámbitos e con diferentes significados: admiración, asombro, desprezo, dúbida… Precisamente, a expresión “o carallo 29″ ten connotacións de dúbida, reparo, recelo, incertidume ou desconfianza. E ten unha orixe histórica que se remonta xa aos tempos da Restauración, intre no que o artigo 29 da Lei Electoral proclamaba automáticamente gañador das eleccións a un candidato cando era o único que se presentaba nun distrito electoral e sen necesidade de celebrá-las votacións. Motivo polo cal se facía todo o posíbel, legal ou ilegalmente, por lográ-lo candidato único e a consecuente aplicación do artigo en cuestión. Razón pola que os galegos, que viviron en primeira persona o caciquismo da época, bautizaron o artigo con tal expresión, coas conotacións ditas xa anteriormente.Image Moitos son os que terán escoitado esta expresión algunha vez. Poucos os que coñecen a súa orixe. Pero case ninguén sabe da súa existencia real. Porque sí, existe. O carallo 29 está en Compostela, no número 29 da Rúa Travesa,realmente está no 9 da Rúa de San Bieito, rúa perpendicular á Rúa Travesa, que, malia que remata no número 27, se seguise atopariamonos no 29 cunha pedra con forma de carallo, de falo.

Como soa o Himno Galego



asi soa o Himno Galego, o día da patria, 25 de xullo, na praza da Quintana

A letra do himno galego

Que din os rumorosos
na costa verdescente,
ao raio transparente
do prácido luar?
Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

-Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confin dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
Fogar de Breogan.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso rouco son,
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, dondequer, xigante
a nosa voz pregoa
a redezón da boa
Nazón de Breogán.

O himno Galego

O texto do himno é froito da correspondencia que mantiveron Eduardo Pondal e Pascual Veiga en 1890, no que o compositor lle solicitaba ao escritor un texto para unha partitura que ía presentar con motivo dun certame que ía elixir o mellor himno galego para o caso que o premio resultase deserto. Logo de varias redaccións envíalle un primeiro texto que titulou Breogán. Pascual Veiga solicítalle algúns cambios na acentuación para adaptalo ritmicamente á música.
O texto definitivo publicouse xa como Os Pinos por primeira vez o 22 de maio de 1890 nun folleto do certame musical que convocara o Orfeón nº4 da Coruña para elixir a mellor Marcha Rexional Galega. O texto apareceu tamén n'A Monteira e en El Eco de Galicia da Habana. Ao final, aínda que houbo ensaios, o himno non se a interpretar. A maioría das versións do texto derivan do texto que apareceu na número 18 da revista Galicia da Habana en 1905. En 1935 o texto integrouse na segunda edición, realizada pola RAG, de Queixumes dos pinos, base das versións modernas do texto

O motivo central do texto é que Galiza debe acordar do seu sono (apatía política) e emprender o camiño cara a libertazón. Para iso deberá escoitar a voz dos rumorosos piñeiros, ou sexa, o pobo galego como entidade nacional histórica.

O nome do país non figura en nengures no poema, como é habitual en Pondal, e fanse referencias metafóricas ao "Fogar" e á "Nazón" de "Breogán".

Ademais do celtismo e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal, foi a súa capacidade para penetrar nos sentimentos do pobo e expresar as súas aspiracións fundamentais, o que posibilitou o seu éxito.

.

Estrenouse na Habana en 1907 e, como a Bandeira de Galicia, é froito da emigración. Desde 1907 até 1923, o himno galego foi cantado por rexionalistas e agraristas nos seus actos e pouco a pouco foi sendo aceptado. Cando se prohibiu o uso durante a ditadura de Primo de Rivera, as sociedades galegas de América intensificaron o seu interese pola súa interpretación pública. Coa Segunda República atinxiu o recoñecemento oficial.

Evitouse durante o franquismo e mesmo durante a etapa de aperturismo só se cantaba, como moito, en actos culturais e como unha canción máis dentro do folclore galego. Dende 1960 comeza a interpretarse de xeito máis explícito, aínda que disimulando os seus aspectos ideolóxicos. En concreto, cantábase só a primeira parte.

En 1975, mentres tiñan lugar uns actos folclóricos na festa do Apóstolo, a xente comezou a erguerse para cantalo. Ao ano seguinte instaurouse este costume de xeito definitivo na Praza da Quintana, ratificado tamén polas autoridades asistentes. Os centralistas asumiríano, finalmente, na campaña electoral de 1977

Cen anos do Himno Galego



O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro de La Habana acolleu a estrea do Himno galego. Unha celebración que se conmemorou o sábado día 8 neste mesmo teatro pero que, esta vez, se estendeu a outras cidades. No Centro de Galicia-Olivos de Bos Aires, Milladoiro e Xeito Novo ofreceron un concerto; o Centro Galego Carrasco de Montevideo acolleu outro de Susana Seivane e Los Williams; San Salvador de Bahia, en Brasil, tivo un con Uxía Senlle, Carlos Núñez e Chico César no cartel. Completou o programa a Orquestra Panorama tocando desde o Gran Marina Hotel en Barcelona. A celebración foi retransmitida en directo por Televisión de Galicia.

Algo máis da illa de Ons

Image

fai uns dias pedin a vosa colaboración para evitar o peche da zona de acampada da illa de Ons Image, se queredes coñecer un pouco máis desta illa, fai un dias saiu unha reportaxe en informe semanal, que podedes ver se pinchades aqui e unha vez dentro da páxina so tedes que ir a documentos e ali a Ons la isla sin ley.

A illa de Ons

Pola súa riqueza natural e paisaxística, a illa de Ons e unha das compoñentes, xunto ás Cies, Sálvora e Cortegada do primeiro Parque Nacional de Galicia. Pero Ons posúe tamén unhas características socio-histórico-etnográficas que xunto coa súa arquitectura popular mariñeira e a súa excelente gastronomía, a converten en a IllaImage máis interesante, non só do parque nacional, senón de toda a costa peninsular española.

Historia
A Illa xa estaba habitada na Idade de Bronce, como puso de manifesto os numerosos achegos (hacha de talón...) de materiais desta época atopados por toda a superficie isleña. Existen dous castros, Castelo dos Mouros e Cova da Loba; un sepulcro antropomorfo; restos do que puido ser oMosteiro o hábitat monacal da Illa.
A primeira referencia histórica data do ano 899, na que foi doada o Cabildo Compostelán polos reis Alfonso III o Magno, Ordoño II e Alfonso V.
No século XVI, aparece a familia Montenegro como dona da Illa, o serlle cedida polo Arcebispo Gaspar de Zuñiga y Avellaneda, o que se pode comprobar polos documentos existentes no Museo de Pontevedra do foreiro pagador a Don Antonio Sarmiento Montenegro. Este asentamento viuse obrigado a fuxir a comezos do século XVII polas aterradoras incursións cara a a costa dos corsarios norteños e piratas turcos. Con posterioridade foi pasada en herdade os descendentes de Montenegro, que gozaron da súa propiedade ata o ano 1810 cando a Xunta Provincial de Armamento e Defensa da provincia de Santiago ordena defender a entrada da Ría de Pontevedra. Para sufragar os enomes gastos,Image decidiuse dividir a Illa en Accións de Primeira Clase a aqueles que a quixesen traballar tendo que pagar un canon a modo de xuro.

Despois dos conflictos entre a Igrexa e a Nobreza, saldouse a favor do Marqués de Valladares, o que permitiu a instalación dunha fábrica de salazón nas arredores do peirao e se produce un cabio na economía da Illa. Trala decadencia do salazón en 1929, é cando toma un novo rumbo a Illa, foi vendida a Manuel Riobó por 250.000 pts. e forma en ela unha Sociedade Mercantil que se dedica o secado e comercialización do polvo. Ata o ano 1936 goza dunha década de benestar e prosperidade, xa que o gran número de polvos e o dominio dos isleños na arte da pesca e da Dorna , os converte no principal punto de referencia cando se fala deste cefalópodo nas Rías Baixas
En 1936, có estallido da Guerra Civil e polas súas ideas políticas o entonces dono da Illa Didio Riobó, é buscado e perseguido, polo que toma a decisión de suicidarse, quedando os isleños dende ese momento en unha situación de abandono e icertidume sobre o seu futuro e as súasImage propiedades na Illa.
A Illa é expropiada no ano 1941, polo ramo da Guerra, e foi pasando a través dos nos dun organismo a outro, COLONIZACIÓN, ICONA, IRIDA ata que finalmente no ano 1984 foi transferida a XUNTA DE GALICIA.
Hoxe constitúe un ben de dominio público, pero con unha situación veciñal aínda pendente de resolver, mentres que os veciños, reclaman o dereito a súa propiedade das casas que eles e os seus antepasados construíron, o goberno autónomo dedícase a realizar un estudio xurídico para solucionar esta insólita situación.

contra o peche da zona de acampada da illa de ons

Image
Image

Contra o peche da zona
de acampada da illa de Ons

Image

A marea blanca

Prestige o desastre



non fan falla palabras

A MANIFESTACIÓN





Manifestación en Santiago o 1-12-2007 .Tras o siniestro do petroleiro Prestige, entre 150.000 e 200.000 personas manifestaronse en Santiago de Compostela baixo o lema "Nunca mais" . O escritor Manuel Rivas leu un manifesto onde se reclamaba que "nunca mais se teña que volver a emitir a mensaxe de SOS, dun pobo cansado de aguantar e sufrir”...; Tras os numerosos siniestros na zona (Polycomander, Erkowit, Andros Patria, Cason, Mar Egeo...), "Os galegos Xa noN queren contar mais".. Estamos petroleados ata as plaias da alma.

 
ir arriba