Cun ano de retraso, pero equí están as fotos do que foi o historico enfrontamento no entroido entre os barrios de A Feira e o Castro Barreiro (Salceda de Caselas). Un novo enfrontamento está a piques de ter lugar. A ver se esta ano o tempo acompaña.
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Entroido. Mostrar todas las entradas
sábado, febrero 22, 2014
jueves, marzo 07, 2013
Desfile do sabado de entroido no Porriño
Segunda entrega da nosas reportaxes do entroido no Valdolouro. Esta vez tócalle o turno ao desfile do sábado de entroido no Porriño. Próximamente poderedes ver as fotos do tradicional enfrentamento dos barrios de A Feira e o Castro Barreiro polas rúas de Salceda.
martes, febrero 19, 2013
Venres de Entroido en Salceda
Primeira entrega, coma sempre cun pouco de retraso, das fotos deste Entroido 2013. Próximamente, as fotos do desfiles do sábado no Porriño e do sábdo e domingo posteriores en Salceda.
lunes, marzo 05, 2012
A Feira vs Castro Barreiro
Terceira e última entrega de esta serie sobre o entroido no Valdolouro. Este é o reportaxe que fixemos no desfile do martes de entroido, dos barrios da Feira e o Castro Barreiro, polas rúas de Salceda.
miércoles, febrero 29, 2012
Desfile do domingo de entroido en Salceda
O prometido é débeda e eiquí está o álbum fotográfico do desfile de comparsas e carrozas que tivo lugar o domingo de entroido en Salceda. Nos vindeiros días colgaremos o álbum do desfile do martes de entroido dos barrios do Castro Barreiro e A Feira.
jueves, febrero 23, 2012
Desfile do sábado de entroido no Porriño
Estas son as fotos tomadas no desfile do sábado de entroido no Porriño. Nos vindeiros días colgaranse as fotos do desfile do domingo e do martes en Salceda.
viernes, mayo 06, 2011
Fotos do Martes de entroido en Salceda
Como o prometido é débeda, eiquí están as fotos do desfile das carrozas e comparsas de entroido, dos barrios de A Feira e o Castro Barreiro, que tivo lugar o martes de entroido polas rúas e estradas de Salceda. Máis vale tarde ca nunca.
sábado, abril 23, 2011
Fotos do Domingo de Entroido en Salceda
Non sei se a espera merecería a pena, pero eiquí están as fotos do desfile de carrozas e comparsas de entroido que tivo lugar en Salceda de Caselas o pasado domingo de entroido. En vindeiros días poderedes disfrutar das fotos do martes de entroido.
martes, abril 05, 2011
Desfile do sábado de entroido no Porriño
Con unhas cantas semanas de retraso eiquí están as fotos que tomamos no desfile de carrozas e comparsas que tivo lugar o sábado de entroido no Porriño. En vindeiros días, espero que non sexan moitos, subirei as fotos do desfile do domingo e do martes de entroido en Salceda.
miércoles, marzo 16, 2011
Vídeos do Entroido de Salceda
Hoxe achégovos estes vídeos, do estupendo blog Salceda Documental, sobre o desfile do venres do domingo e do martes de entroido en Salceda. En vindeiros días amosareivos as fotos que tomamos do entroido de O Porriño e de Salceda.
domingo, febrero 20, 2011
Xa chega o entroido
Cada vez está máis preto o entroido. Na nosa bisbarra o máis famoso e de máis tradición é o entroido de Salceda. Navegando pola estupenda páxina Salceda Documental atopamos esta reportaxe do ano 2006 que fala e amosa os preparativos, e todo tipo de anécdotas que rodean estas festas de Salceda. Tamén no grupo do Facebook "amigos despois do martes entroido" tedes minutos e minutos de vídeos sobre o entroido de A Feira e o Barreiro. Entre eles recoméndovos éste, "Memoria de dous barrios" que consta de 4 partes e que fai un bonito resumen coa historia deste entroido ou carnaval, como a maioría dos destes barrios prefiren chamarlle.
viernes, febrero 18, 2011
domingo, diciembre 05, 2010
Salceda Documental
Hoxe preséntovos esta estupenda páxina con documentación gráfica, sobre todo vídeos, do pasado e presente de Salceda. Recomendo especialmente que vexades o estupendo documental sobre a historia do Carnaval do Castro Barreiro e A Feira. Salceda Documental queda engadida dende hoxe a nosa sección de ligazóns.
domingo, mayo 02, 2010
Video do carnaval do Castro Barreiro e A Feira
Xa fai uns meses que pasou o entroido, pero estes días na canle Xankpenabellat do Youtube subiron un novo vídeo sobre o desfile de carrozas e comparsa do Castro Barreriro e A Feira no martes de entroido. Un vídeo estupendo como casí todos os desta canle que non podiamos deixalo pasar inadvertido.
sábado, marzo 13, 2010
Fotos do martes de entroido en Salceda
Aínda que con un pouco de retraso, eiquí están as fotos do desfile de carrozas e comparsas dos barrios do Castro Barreiro e A Feira, o martes de entrido en Salceda de Caselas.
miércoles, marzo 03, 2010
Novos vídeos do entroido de Salceda
Buscando entre a miñas suscripcións no youtube, atopei estes vídeos no canle Xankpenabellat, sobre o entroido de Salceda. O primeiro é un resumen do desfile de carroza e comparsas do domingo e o segundo e un resumén da actuación das "Caantareiras de Ardebullo" no martes de entroido no Castro Barreiro. Dende esta páxina quero felicitar ao responsable dos vídeos polo seu traballo, e espero que nos siga facendo disfrutar no futuro con novos vídeos desa boa calidade. Tamén vos recomendo a todos que fagades unha visitiña polos vídeos de dita canle, que sen dúbida merecen a pena botarlles unha ollada.
jueves, febrero 25, 2010
Fotos do domingo de entroido en Salceda
Estas son as fotos que tomamos o domingo de entroido en Salceda no desfile de carrozas e comparsas. Nos vindeiros días poñeremos as fotos do martes co desfile dos barrios do Castro Barreiro e A Feira.
Video da comparse de San Xorxe
Fai un días deixáronos un comentario, no artigo que puxemos sobre os vídeos do desfile do domingo de entroido en Salceda, decindo que non púxeramos ningún da comparsa de San Xorxe, como xa dixemos neses mesmos comentarios, non puxéramos vídeos da comparsa de San Xorxe porque non os atopamos pola rede, xa que este ano, adicámonos só as fotos e nós non fixemos vídeos. Como hoxe si que atopamos un, eiqui o traemos. Creo que é en Salvaterra, non estou moi seguro pero a comparsa si que é a de San Xorxe. Espero que con isto quede saldada a débeda.
lunes, febrero 22, 2010
Fotos do entroido de O Porriño
Hoxe traémosvos as fotos do desfile carrozas e comparsas do sábado de entroido en O Porriño. Nos vindeiros días subiremos as fotos do domingo e do martes de entroido en Salceda.
miércoles, febrero 17, 2010
Vídeos do entroido de salceda 2010
Buscando polo youtube, atopamos estes vídeos do desfile de carrozas e comparsas de entroido de Salceda. Nos vindeiros días subiremos as fotos que tomamos este ano no entroido de O Porriño e tamén no de Salceda.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)
