Mostrando entradas con la etiqueta deportes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deportes. Mostrar todas las entradas

viernes, agosto 12, 2011

XL Descenso do Miño 2011

Image
Este sábado terá lugar a 40ª edición do Descenso Internacional do Río Miño. Despois duns cantos anos de clara caída, en canto a afluencia de público, este ano parace que a organización tenta cambiar a tendencia e ten programado distintos actos para que a proba volte a ter o esplendor que nunca debeu perder. Haberá un descenso popular, concertos e un ata clásico que nunca falla en calquer acontecemento galego que queira ter éxito, unha festa gastronómica. Agardemos que a proba volte a ter o esplendor que nunca debeu perder.

miércoles, mayo 26, 2010

Éxito do Clube Baloncesto Caselas Alevín

Para os que vivimos e sufrimos os inicios do Clube Baloncesto Caselas alá polo ano 1990, xogando a intemperie e sufrindo derrota tras derrota, que agora un dos seus equipos saboree o trunfo, énchenos de ledicia e orgullo. Iso foi o que sucedeu a pasada fin de semana onde o equipo Alevín Mixto do Clube Baloncesto Caselas xogou a final de liga perante o María Inmaculada de Vigo, ao final non poido ser o trunfo pero o subcampionato soubo a gloria, tanta que ata houbo baño na fonte da Praza do Concello. Toda a crónica do encontro e do postpartido podes vela na web do Clube Baloncesto Caselas.

miércoles, septiembre 16, 2009

Nova aclaración do Concello de Salceda

Parece que dende o Concello de Salceda estanse animando a rebatir as acusacións que están a sufrir dende o PP e algúns medios de comunicación afíns. Esta vez tócalle o turno ao campo de herba artificial que no seu día prometeu a Diputación e que se fai esperar. Como xa dixemos o outro día, onde hai datos non caben opinións. Esta é a nota oficial que nos fixeron chegar.

O PP DE SALCEDA NON DÍ A VERDADE SOBRE O CAMPO DE FUTBOL DE HERBA ARTIFICIAL.

O Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez e a Concelleira de Deportes, Teresa Pérez do Concello de Salceda de Caselas, fan as seguintes aclaracións en resposta ás notas de prensa enviadas polo Partido Popular de Salceda de Caselas con respecto ó campo de Fútbol de herba artificial do Penedo Redondo:

- Con data 24 de maio de 2007 asinouse un protocolo de colaboración entre a Deputación e o Concello de Salceda de Caselas para a instalación de herba artificial no Campo de Fútbol do Penedo Redondo en Parderrubias.
- Que o 27 de decembro de 2007 o alcalde de Salceda de Caselas, Marcos Besada, e o Concelleiro de Vías e Obras, Fortunato Álvarez, mantiveron unha reunión co Presidente da Deputación, Rafael Louzán na que se pactou a confirmación do anteriormente citado protocolo, unha vez se cumpriran as cláusulas nel establecidas.
- Que no Boletín Oficial da Provincia nº. 103 de 22 de xuño de 2009 aparece publicado o acordo adoptado pola Xunta de Goberno da Deputación a adxudicación provisional para a contratación da execución do proxecto “Campos de Fútbol de Herba Artificial – 3ª Fase”, pero o Concello de Salceda segue sen ter por escrito unha confirmación oficial de que a Salceda lle corresponde un.
- Que os traballos a realizar polo Concello de Salceda de Caselas, esixidos pola Deputación Provincial de Pontevedra para que esta inicie as obras de instalación do céspede, xa están executados (dispoñer de auga corrente, dispoñer de corrente eléctrica para iluminación e funcionamento de motores, a cesión dos terreos por parte da Comunidade de Montes de Parderrubias, asinada entre o Concello e a Comunidade o 26 de febreiro de 2009 e as obras o cerramento do campo de fútbol que a empresa adxudicataria COVSA acaba de rematar).
- Que o 1 de setembro de 2009 o Concello de Salceda de Caselas voltou a solicitarlle por escrito á Deputación Provincial de Pontevedra que continuase co procedemento para a adxudicación definitiva ó Concello de Salceda de Caselas do citado campo de Fútbol.
- Que a iluminación do campo e o arranxo dos vestiarios xa están adxudicados a dúas empresas. A iluminación está pendente do resto das obras que ten que executar a Deputación xa que dependen delas e os vestiarios executaranse en breve prazo.En canto ás gradas, non é condición indispensable e de feito hai moitos campos, inaugurados e en funcionamento, que a día de hoxe seguen sen graderios. De todas formas o Concello xa dispón dun proxecto para a instalación das mesmas,
- Por todo isto entendemos que “a Deputación xa pode seguir o procedemento para iniciar as obras que dependen dela e que si non o fai é por intereses políticos en contra dos veciños e veciñas de Salceda e o Partido Popular de Salceda sabeo, sendo cómplice desta situación”.

viernes, marzo 06, 2009

A pincha chega este sábado a Salceda

Este sábado celebrase o aberto de Salceda de pincha ou billarda, dentro dos distintos encontros organizados pola Liga Nacional de Billarda Conferencia Sur. O campionato comenzará as 16:00 horas no campo de futbol que hay detrás do pavillon de deportes. En caso de choiva será no propio pavillón. Máis información.

sábado, octubre 25, 2008

Este domingo presentación do Clube Baloncesto Caselas

Este domingo día 26 de Outubro as 16:15 horas será a presentación oficial do Clube Baloncesto Caselas para esta nova tempada. E as 17:30 xogará o equipo senior o seu primeiro partido na casa contra o San José de La Guía. Fotos históricas do C.B. Caselas

martes, julio 08, 2008

Exitos deportivos

Cando o fútbol pasar a se-lo protagonista eclipsa a calquer outra nova. Iso é o que está pasando dende hai un par de semanas. A selección española proclamouse campiona de Europa e xa non se falou doutros éxitos deportivos que tiveron ese mesmo fin de semana protagonizados por ciclistas de Mos. Por exemplo Oscar Pereiro, ese mesmo domingo, conquistaba a medalla de bronce no campionato de España de ciclismo en ruta; e ese mesmo fin de semana outro ciclista de Mos, David Rodríguez, conquistaba a medalla de prata no campionato de España de BTT na categoría master 30. Pero para que vexades que non teño nada contra o fútbol aquí vos deixo este vídeo resumen que amosa como celebrou a xente en Tui o trunfo da selección española de futbol.

sábado, mayo 03, 2008

Marcha BTT do Faro de Budiño

Mañán domingo a partires das 9:30 da mañán terá lugar polos montes de Budiño (O Porriño) a VII de BTT. Para inscribirse haberá que estar polo menos media hora antes no recinto da Forna. Máis información na web da A.A.C.C. A Forna ou chamando ao teléfono 626 118 119

lunes, octubre 15, 2007

Pereiro xa é o gañador do Tour 2006

Despois de 15 meses de espera, Oscar Pereiro xa é oficialmente o gañador do Tour 2006. Foron 15 meses de sufrimento, de espera, pero ao final chegou o día do recoñecemeno oficial. A partires de agora Galicia, Valdolouro e Mos xa teñen un gañador do Tour. Esperemos que non sexa o derradeiro.

martes, septiembre 18, 2007

Baloncesto

Agora que, grazas a selección española, parece que o baloncesto volta a estar de moda, aproveitamos para recomendarvos un par de enlaces co que poderedes enterarvos un pouco da actualidade do Baloncesto en Valdolouro e arredores.

Baloncestocaselas.com: Web do equipo de baloncesto de Salceda que levamos seguindo prácticamente dende os seus inicios.

Webpbb.com: Páxina web do Porriño Baloncesto Base que como di o seu nome é o equipo de baloncesto de O Porriño.

O Baloncesto Mos e o C.B. Tui non teñen páxina web ou polo menos non a coñecemos.

domingo, septiembre 02, 2007

Fame de ciclismo

Levabamos moitos anos sen Volta a España, levamos moitos anos sen Volta a Galicia, a verdade é que a xente tiña moitas ganas de presenciar en directo unha proba ciclista de élite e iso notouse nas nosas estradas. Miles de persoas botáronse a rúa para aplaudir, ainda que so sexa durante uns segundos, a estes esforzados, e últimamente, maltratados deportistas. Foi un bonito día de ciclismo e ademáis tamén nos enteramos, gracias a TVE, que a illa que esta na praia de Samil e a Illa da Toxa e eu que pensaba que era a de Toralla.

Serafín Martínez do Karpín Galicia no trio de escapados
Image
Image

Chegada do pelotón
Image
Image

Alvaro Pino e Valeri Karpín no coche do equipo
Image

Membros da peña Oscar Pereiro
Image

viernes, agosto 03, 2007

Axenda para esta fin de semán

Gran actividade cultural nos nosos concellos para esta fin de semán. Estes son os acontecementos máis destacables:

En Cabreira, moi preto de Salceda, XI Festa da Chuzadita, todo un clásico das macrofestas do verán, tan de moda últimamente. Será este venres pola noite e ata altas horas da madrugada.

En Tui, tamén hoxe venres a partires das 22:30 horas, na Praza de San Fernando, XVI Festival de Bandas de Música, que contará coa participación da Agrupación Musical de Belesar de Baiona e da Banda de Música Popular de Tui.

En Salceda, este sábado a partires das 00:00 horas, actuación do grupo A Roda na Praza do Concello.

No aspecto deportivo, está fin de semán terá lugar en Tui a primeira proba do campionato galego de Wakeboard (esquí nautico). Hoxe venres serán os entrenamentos entre as 10 da mañán e as 7 da tarde, e o domingo terá lugar a proba oficial de 10 a 17 horas, fronte ao Centro Interfederado de Remo e Piragüismo.

Image

domingo, julio 29, 2007

Oscar Pereiro 10º calsificado no Tour de Francia

O ciclista de Mos, Oscar Pereiro, despois da súa gran contrarreloxo de onte, rematará o Tour no 10º posto da xeral. Este será o 4º ano consecutivo no que Oscar acaba o Tour entre os 10 primeiros, algo que poucos ciclistas poden decir. Agora só queda que o Tour o declare lexítimo ganador do ano 2006.

domingo, julio 08, 2007

Web oficial de Oscar Pereiro

Esta semán, pouco antes de marchar para Francia a disputar o Tour, Oscar Pereiro presentounos a súa web oficial. Por certo, onte tuvo unha boa actuación na etapa prólogo que se celebrou en Londres. A ver se este ano Oscar pode facer historia e converterse no primeiro ciclista que gana dous Tours no mesmo ano, o do 2007 e o que lle deben do 2006. ¡Ánimo Oscar!