Saltar ao contido

Azaila

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Azaila
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Instancia de
 Parte de
 Nome oficial
Azaila (es) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Localización
 Situado en
 Capital
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
94 (2025)
124 (2013)
133 (2012)
148 (2011)
139 (2010)
154 (2009)
155 (2008)
163 (2007)
151 (2006)
162 (2005)
169 (2004)
172 (2002)
175 (2001)
119 (2014)
116 (2015)
106 (2016)
97 (2017)
94 (2018)
90 (2019)
93 (2020)
100 (2021)
105 (2022)
98 (2023)
95 (2024) Editar o valor en Wikidata
 Poboación feminina
   44 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Poboación masculina
   46 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   81,43604 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   276 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
   UTC+01:00 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Código postal44590 Editar o valor en Wikidata
Código INE44031 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap339857 Editar o valor en Wikidata
VIAF138702663 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02pvr43 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX455719
Wikidata C:Commons

Azaila (Zaila en aragonés) é un concello da provincia de Teruel, situado na comarca de Martín Bajo. A súa poboación era de 192 habitantes (1996). Dista 170 km da capital provincial.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

A localidade está nun cantil que se ergue sobre o río Aguas. O concello esténdese por unha superficie de 81,4 km².

Monumentos

[editar | editar a fonte]

Moi preto do lugar atópase a cidadela Cabezo de Alcalá, cuxo asentamento é fundamental para o coñecemento da cultura ibérica e a romanización do Val do Ebro.

Cómpre tamén destacar a igrexa do século XVII.

No Cabezo de Alcalá hai un importante sitio arqueolóxico con tres niveis: Campos de urnas tardíos (Iª Idade de Ferro); asentamento urbano da cultura ibérica (IIª Idade de Ferro); e mais a cidade ibero-romana. Cóidase que o nivel ibero corresponde co topónimo, coñecido por outras fontes (moedas por exemplo), Sedeis, Sedeiskem, capital dos iberos sedetanos. Miguel Beltrán Lloris cre, no entanto, que corresponde con Belgion. Destruída nunha guerra civil romana, a cidade non foi reconstruída, porque non facía falla un lugar fortificado para articular o territorio (na zona creceu a cidade romana de Lepida Celsa, localizada nun posto mellor comunicado e máis chairo, onde hoxe se levantan Exelsa e Viliella de Ebro).

Aínda que o nome se cre de orixe árabe, non queda nin se sabe nada da época árabe e si da época cristiá. Ben puido suceder que o topónimo Sedeis, pasando polo latín vulgar, evolucionara para Zaylla, e no período árabe, por analoxía coa palabra árabe Zaylla ("a plana" ou "a chaira"), igual que Zella, que se interpreta a partir da variante Sahla da mesma palabra. En textos medievais cristiáns coñécese como Zaylla. En 1196 Pedro II de Aragón, cedeu Zaila a Gastón de Castellot. Zaylla foi propiedade da súa familia até 1283. Coñécense restos dunha fortaleza cristiá cunha necrópole datada entre os séculos XIII e XVI.

A comezos do século XVII Zaylla estaba case deshabitada por mor da expulsión dos mouriscos. No censo de Campoflorido, en 1713 o lugar aínda se citaba como Zaylla ou Zayllas, case como o nome que emprega ben de xente vella da comarca e que fica tamén na toponimia do veciño lugar de Xatiel, onde hai un Val de Zaila.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]