PyMOL


PyMOL é un software de fonte dispoñible[2] dun sistema de visualización de moléculas creado por Warren Lyford DeLano. Comercializouno inicialmente DeLano Scientific LLC, que era unha compañía de software privada dedicada a crear ferramentas útiles que se fixesen accesibles universalmente para as comunidades científicas e educativas. Actualmente comercialízaa Schrödinger, Inc. Como a licenza de software orixinal era unha licenza permisiva, puideron retirala e as novas versións xa non saen coa licenza Python, senón cunha licenza de uso de servizo (garantindo un uso amplo, redistribución e dereitos de modificación, pero asignando o copyright de calquera versión a Schrödinger, LLC.),[2] e algúns dos códigos fonte xa non están liberados.[3] PyMOL pode producir imaxes tridimensionais de alta calidade de pequenas moléculas e macromoléculas biolóxicas, como proteínas é un programa moi utilizado.
PyMOL é unha das poucas ferramentas de visualización principalmente de modelo de fonte aberta dispoñibles para o uso en bioloxía estrutural. A parte Py do nome do programa refírese a que o programa foi escrito na linguaxe de programación Python.
PyMOL usa OpenGL Extension Wrangler Library (GLEW) e FreeGLUT, e pode resolver ecuacións de Poisson-Boltzmann usando o Adaptive Poisson Boltzmann Solver.[4] PyMOL usou Tk para os widgets GUI e tiña binarios nativos Aqua para macOS a través de Schrödinger, que foron substituídos por unha interface de usuario PyQt en todas as plataformas cando saíu a versión 2.0.[5]
Nas representacións feitas con PyMOL asígnase un código de cores aos elementos da táboa periódica.[6]
Galería
[editar | editar a fonte]- Exemplo dalgunhas características de edición de moléculas de PyMOL, rotación de enlace diédrico e relaxación molecular interactiva con Sculpting mode. Estas son características útiles para preparar a xeometría de input para o software de química cuántica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "PyMOL Molecular Graphics System". SourceForge. 2 de xuño de 2020.
- 1 2 3 "Open-Source PyMOL". Schrodinger, Inc. 5 de novembro de 2021. Consultado o 7 de novembro de 2021.
- ↑ "PyMOL | pymol.org". pymol.org. Consultado o 7 de novembro de 2021.
Filosofía de fonte aberta
PyMOL é un produto comercial, pero facemos que a maioría das súas fontes sexa libremente dispoñible baixo unha licenza permisiva. O proxecto de fonte aberta é mantido por Schrödinger e finalmente financiado por calquera que compre unha licenza PyMOL.
A fonte aberta permite unha ciencia aberta.
Esta era a idea do autor do PyMOL orixinal Warren L. DeLano. - ↑ "APBS". poissonboltzmann.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2020. Consultado o 7 de outubro de 2020. Parámetro descoñecido
|url-status=ignorado (Axuda) - ↑ "PyMOL v2.0 Release Notes".
- ↑ "Color Values". pymolwiki. 2010. Consultado o 4 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: PyMOL |