A Radio Televizija Crne Gore (RTCG) é a compañía pública de radio e televisión de Montenegro, ten a súa sede en Podgorica, membro asociado da Unión Europea de Radiodifusión desde xullo de 2001, converteuse en membro de pleno dereito logo da independencia de Montenegro en 2006.
A orixe da RTCG está en Radio Titograd que comezou a emitir en 1949, e que desde 1990 se chama Radio Crna Gora, en 1963 estableceuse o servizo de televisión.
RTCG ten tres canles de televisión, dous terrestres e un internacional vía satélite, tamén conta con dúas emisoras de radio.