Este pasado domingo celebramos o fin de curso da AOFT no Liceo de Ourense e logo o xa tradicional Xantar-Foliada con sorpresas no Aixiña. Moitísimos parabéns a todxs polo traballo feito! Moitísimas gracias ao Liceo de Ourense por sempre estar disposto a colaborar e a Aixiña por todo!
Todxs as fotografías nas nosas redes: Facebook da AOFT: Facebook
O DOMINGO 14 DE XUÑO, teremos o CONCERTO DE FIN DE CURSO do alumnado daAOFT. Será ás 12:30h no LICEO DE OURENSE con entrada de balde!
Logo do concerto celebramos o xa tradicional xantar-foliada daAOFT. A este xantar pode asistir quen queira, sexa ou non alumnado da AOFT, a única condición é ter fame e ganas de festa! Este ano continuamos cos SORTEOSSORPRESA no XANTAR!!
Será ás 14:30h no local da Asociación Aixiña (Rúa Recaredo Paz, nº1). Menús con opción carne, peixe ou vexetariano a elexir previamente. O custo será de 26€.
Data límite para anotarse ao xantar: XOVES 11 DE XUÑO
Inauguración da Exposición»A Pandeireta Galega» Actualización dun instrumento Ancestral. Un pracer enorme participar acompañando ao compañeiro e amigo Suso Vaamonde! Moitísimas gracias!
Este pasado domingo celebramos o VI Achegasons no Liceo de Ourense. Moitísimas gracias a todxs por facelo posible e disfrutar de este día xuntxs! Concerto do alumnado, agrupación De Pé Feito, fermosísimo concerto de «Tallo» e logo o xa tradicional xantar-foliada no Aixiña. Moitísimas gracias!
O domingo 14 de decembro chega o VI Achegasons, organizado pola AOFT e coa colaboración do Liceo de Ourense:
Ás 11:30h «Concerto de nadal do Alumnado da AOFT e da Agrupación De Pé Feito»
Ás 12:45h «Concerto de Tallo» Paraxismas é unha viaxe musical seguindo o rastro dun espía das palabras. Ecos dunha natureza perdida, unha fala, un modo de sentir e ver o mundo gravados nun caderno. Sons codificados que desembocan na incrible aventura de A. Otero, e que serán o fío conductor destas melodías. Lucía Eiros Clarinetes e Alberte Núñez Acordeón Diatónico
A ENTRADA É GRATUÍTA ATA COMPLETAR AFORO
Ás 14:30h XANTAR-FOLIADA no Aixiña. Menú Cocido, opción Peixe ou Vetetariano. Pezo do xantar: 25€
Este pasado 11 de novembro, estivemos colaborando co grupo Brañas Folk no seu concerto no Magosto de Ourense, xunto a un montón de artistas, amigxs e compañeirxs.
Foi un pracer enorme! Moitísimas gracias por convidarnos.
-*CANTO E PANDEIRETA: Patricia López. -*GAITA: Gonzalo Abelairas. –ACORDEÓN: Álvaro Pérez. –«CURSO DE FRAUTA PARA GAITEIRXS» (Pínfano): Fernando De Vicente. –PERCUSIÓN: Noel De Dios. –BAILE: Ismael Rodríguez. –ZANFONA INICIACIÓN: Gonzalo Abelairas.
*O curso de Pandeireta: Incluirá outro tipo de percusións coma pandeiro, pandeira…
*MATERIAS CON APOIO ONLINE NA PLATAFORMA CLASSROOM.
PROFESORADO:
-As cotas de gaita, canto e pandeireta son 150€ por todo o curso (seguindo o horario escolar de outubro a xuño incluídos as dúas asignaturas 270€ curso completo) -Percusión, Baile e Acordeón, falando diréctamente cos mestres. -«Curso de Frauta para Gaiteirxs (Pínfano)»» Organizarase directamente co mestre.
HORARIO PROVISIONAL DAS ACTIVIDADES : *(a espera de completar os grupos durante as próximas datas)
Para calquera dúbida que teñades podedes achegarvos ao local dentro do horario das actividades e alí consultarnos o que precisedes. O local está situado en Rúa dos Mirtos, Barrocás, Ourense.