Saltar ao contido

Berna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Berna
 Nome orixinal
Image Bern (de)
Image Berna (it)
Image Berne (fr)
Image Berna (rm) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
Image Bern (de-ch)
Image Berne (fr) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Image Bernois (fr)
Image bernesi (it)
Image Berner (de)
Image Bernoise (fr)
Image Bernerin (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Vista no inverno
Imaxe
Fotomontaxe
 Parte de
Üechtland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Situación patrimonial
Image Lugar do Patrimonio suízo
Identificador: ISOS 0499 Editar o valor en Wikidata
 Economía
Implicados
 Xefe do goberno
Cargo: alcalde de Berna Editar o valor en Wikidata
Marieke Kruit (2025 - )
Werner Bircher (1979 - 1992)
Reynold Tschäppät (1966 - 1979)
Klaus Baumgartner (pt) Traducir (1993 - 2004)
Alec von Graffenried (2017 - 2025)
Alexander Tschäppät (2005 - 2016)
Eduard Freimüller (1958 - 1966) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Fundación / creación
1191 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
Localización
 Situado en
 Bañado por
 Continente
 Lugar de traballo
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
14.219 (1700)
15.932 (1730)
14.515 (1764)
12.186 (1798)
18.997 (1818)
24.362 (1837)
29.670 (1850)
44.087 (1880)
90.937 (1910)
111.783 (1930)
146.499 (1950)
166.800 (1968) estimación
162.405 (1970)
145.285 (1981)
143.816 (1982)
142.060 (1983)
140.612 (1984)
138.574 (1985)
137.134 (1986)
136.292 (1987)
135.147 (1988)
134.393 (1989) censo
134.629 (1990) censo
130.818 (1991) censo
130.069 (1992) censo
129.423 (1993) censo
128.422 (1994) censo
127.469 (1995) censo
125.936 (1996) censo
124.412 (1997) censo
123.254 (1998) censo
122.686 (1999) censo
122.484 (2000) censo
122.211 (2001) censo
122.559 (2002) censo
122.299 (2003) censo
122.304 (2004) censo
122.178 (2005) censo
122.422 (2006) censo
122.658 (2007) censo
122.925 (2008) censo
123.466 (2009) censo
123.841 (2010) censo
125.681 (2011) censo
127.515 (2012) censo
128.848 (2013) censo
130.015 (2014) censo
131.554 (2015) censo
133.115 (2016) censo
133.798 (2017) censo
133.883 (2018) censo
134.591 (2019) censo
134.794 (2020) censo
134.290 (2021) censo
134.506 (2022) censo
136.988 (2023) censo
201.800 (2023) estatística oficial
146.455 (2024) estatística oficial
470 (2024) estatística oficial
1.404 (2024) estatística oficial
70.012 (2024) estatística oficial
8.678 (2024) estatística oficial
76.443 (2024) estatística oficial
10.607 (2024) estatística oficial
1.189 (2024) estatística oficial
889 (2024) estatística oficial
98.862 (2024) estatística oficial
4.419 (2024) estatística oficial
1.317 (2024) estatística oficial
23.889 (2024) estatística oficial
36.694 (2024) estatística oficial
109.761 (2024) estatística oficial
138.562 (2025) estatística oficial Editar o valor en Wikidata
 Taxa desemprego
   1,9 % (2024) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   51,62 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   542 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Código postal3000 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap1682378 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000109415921 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0d6nx Editar o valor en Wikidata
 Páxina WEB
 Teléfono
+41-313216111 Editar o valor en Wikidata
Facebook: StadtBern Twitter: Bern_Stadt Instagram: stadtbern LinkedIn: stadt-bern Youtube: UCoZfi5ZJyJi9ZYY1T6nWlhw Enciclopedia Galega Universal: 85800 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

A cidade de Berna[1] (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 142.479 habitantes (390.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zürich, Xenebra, Basilea e Lausana).

O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes. Debido á presenza dunha gran parte da administración federal, varias embaixadas e un bo número de inmigrantes, os outros idiomas nacionais e moitos outros poden ser escoitados con facilidade polas rúas.

Ademais Berna tamén é a capital do cantón de Berna, o segundo máis poboado dos cantóns de Suíza. Cómpre destacar como curiosidade que o físico de orixe alemá Albert Einstein elaborou a súa teoría da relatividade mentres traballaba nunha oficina de patentes da cidade.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Image
Río Aar en Berna.

Berna atópase na meseta suíza no cantón de Berna, un pouco ao oeste do centro de Suíza e 20 km ao norte dos Alpes Berneses. A paisaxe ao redor da cidade formouse polos glaciares de finais da Glaciación. As dúas montañas máis próximas a Berna son o Gurten cunha altura de 858 metros e a Bantiger cunha altura de 947 metros. O sitio do antigo observatorio de Berna é o punto de orixe do sistema de coordenadas Suízo. A cidade, até 1834, estaba limitada ao seu centro histórico, pechado entre un meandro do Aar. Coa apertura dos muros e a construción de pontes para atravesar o río, a cidade expandiuse en todas direccións.

A cidade limita ao norte coas comunas de Frauenkappelen, Wohlen bei Bern, Kirchlindach, Bremgarten bei Bern, Zollikofen e Ittigen, ao leste con Ostermundigen e Muri bei Bern, ao sur con Köniz e Neuenegg, e ao oeste con Mühleberg.

Segundo a lenda, o duque Bertoldo V de Zähringen, fundador da cidade, deulle o nome de Berna tras vencer un oso (Bär en alemán). É preciso destacar que na zona houbo osos durante séculos, que de feito aínda hoxe se poden ver mais de xeito testemuñal na fosa dos osos (Bärengraben) cerca do Nydeggbrücke (Ponte de Nidegg).

O territorio da comuna, situado na beira da baixa meseta suíza, onde o Aar describe varios meandros, atopábase xa dende a época prehistórica sobre o eixo de comunicación norte-sur, que dende Alsacia cara aos pasos alpinos polo Xura e o Oberland. Mais a transversal este-oeste, moito máis importante, ía polo pé do Xura e os lagos, ao norte do país, deixando de lado a rexión bernesa.

Na época galo-romana, a cidade tampouco se atopaba na vía que unía o Léman a Vindonissa, vía Aveticum e Petinesca, mais si sobre o camiño, bastante frecuentado, que seguía o Aar cara ao Oberland.

Idade Media

[editar | editar a fonte]
Image
Extensión máxima da cidade-estado de Berna.

As máis antigas fontes que evocan a fundación da cidade en 1191 son a Crónica de Berno (primeira metade do século XIV) e a crónica de Honrade Justinger (despois de 1420). Berna debe a súa existencia á Casa do Zähringen que querían reforzar a súa posición no espazo prealpino, de cara aos Hohenstaufen e ás familias nobres locais.

A mediados do século XII, a poboación era densa, mais aínda se ignora se existía xunto ao castelo de Nydegg construído por Bertoldo IV, anterior á fundación do burgo.

Máis tarde o duque Bertoldo V de Zähringen fundou a cidade sobre terras do Imperio, outorgándolle dereitos sobre o modelo de Friburgo. Coa morte do duque en 1218, a cidade pasou a mans do imperio, obtendo de Frederico II do Sacro Imperio Romano unha carta chamada Goldene Handfeste. Este diploma enumeraba os dereitos de Berna, confirmados en 1274 por Rodolfo I. A Constitución foi modificada máis tarde, en 1294: o pobo elixe aos Dez e Seis, que designan o novo Consello dos Douscentos ou Gran Consello. Os Dez e Seis e os Douscentos controlan o Pequeno Consello e ao representante ante o Imperio. E en 1353, Berna convértese no oitavo cantón da Confederación Helvética.

Restauración

[editar | editar a fonte]
Image
Pazo federal, sede do goberno da Confederacón

A confusión entre a cidade e o cantón baixo o plan administrativo e financeiro cesa co Antigo Réxime. Unha comisión federal procede en 1803 á repartición da fortuna, o dote atribuído á cidade xerou durante a rexeneración algunhas disputas co cantón, que durarían até 1841. Baixo a Mediación, as autoridades municipais estaban compostas dun Gran e dun Pequeno Consello, as corporacións servían como órganos electorais. A Restauración logrou conservar un Gran Consello de cidade de 200 membros, que xunto coas trece corporacións elixía unha administración de 35 membros.

A Constitución de 1831, quita toda preponderancia á cidade de Berna sobre o cantón. Unha comuna política foi erixida en 1832, onde todo cidadán domiciliado e que posuíse unha certa fortuna tiña dereito a votar. O número de electores foi crecendo grazas á forte inmigración e ás leis federais e cantonais promulgadas en 1852, 1859 e 1861, que estendían o dereito ao voto. As mulleres obtiveron a igualdade política en 1968 e a maioría do consello Comunal de 1993 a 1996. A idade de dereito ao voto pasou de 20 a 18 en 1988.

Contrariamente a Zürich, Berna incorporou unha soa comuna, Bümpliz en 1919. As negociacións con outras como Ostermundigen e Bolligen foron todas en balde. Berna converteuse en capital federal en 1834.

Subidivisións

[editar | editar a fonte]
Image
Distritos
Image
Barrios

A comuna divídese en seis Stadtteil ('zonas de cidade'), á súa vez subdivididas en Quartiere ('barrios'). Entre algúns dos barrios máis coñecidos atópanse: Bethlehem bei Bern, Bümpliz, Eymatt, Felsenau, Gäbelbach, Matzenried, Neubrück, Niederbottigen, Oberbottigen, Riedbach, Riedern bei Bern, Tiefenau e Waldau. Das fortes concentracións de poboación dos barrios centrais e de Bümpliz-Bethlehem, oponse ao oeste do territorio comunal, con zonas de campo e grandes superficies forestais (fragas de Bremgarten e de Könizberg). Berna é centro dunha aglomeración en pleno crecemento, conformada por 34 comunas (1990). É un centro rexional de educación, cultura e sanidade (once hospitais).

Distrito Barrios Superficie
(km²)
Poboación[2]
(2008)
Distrito I
Cidade Vella
Gelbes, Grünes, Rotes, Schwarzes, Weisses 0,85 3.861
Distrito II
Länggasse-Felsenau
Engeried, Felsenau, Länggasse, Muesmatt, Neufeld, Stadtbach 11,31 18.128
Distrito III
Mattenhof-Weissenbühl
Holligen, Mattenhof, Monbijou, Sandrain, Weissenbühl, Weissenstein, 6,98 28.054
Distrito IV
Kirchenfeld-Schosshalde
Beundenfeld, Brunnadern, Gryphenhübeli, Kirchenfeld, Murifeld, Schosshalde 8,47 23.485
Distrito V
Breitenrain-Lorraine
Altenberg, Breitenrain, Breitfeld, Lorraine, Spitalacker 3,82 24.235
Distrito VI
Bümpliz-Oberbottigen
Bethlehem, Bümpliz, Oberbottigen, Stöckacker 20,18 31.655

Administración

[editar | editar a fonte]
Image
Casa do Concello de Berna

Berna réxese por un consello lexislativo de oitenta membros (Stadtrat) e consello executivo de cinco (Gemeinderat).

A partir de 2005, os representantes do Partido Socialdemócrata Suízo e dos tres partidos Verde obtiveron a maioría en ambos consellos (3 a 2 e 43 a 37, respectivamente). Por esta razón, refírense colectivamente como "Centro-Verde-Mermello" (Rot-Grün-Mitte), aínda que non existe un acordo formal de coalición e, no marco do sistema de democracia directa que impera en Suíza, a maioría das cuestións importantes resólvense por referendo xeral. Os outros partidos políticos importantes de Berna son o Partido Liberal Democrático (FDP, liberais) e o Partido Popular Suízo (SVP, nacionalista conservador).

Image
O Zytglogge, a torre do reloxo e rúas medievais con paseos cubertos con tendas (Lauben)

O centro histórico de Berna conserva a estrutura da Idade Media, o que lle valeu o recoñecemento por parte da UNESCO de Patrimonio da Humanidade. O seu elemento máis característico quizais sexa o Zytglogge, unha torre de reloxo medieval con bonecos en movemento. Tamén acolle a Catedral de Berna (Berner Münster), de estilo gótico e do século XV. Posúe unha das avenidas comerciais cubertas máis longas de Europa, con 6 km. de lonxitude.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Image
A Berner Münster vista dende a ponte de Kirchenfeld, que mostra a torre campanario e unha ampla terraza

Ademais do xa citado casco vello, Berna presenta estoutros atractivos:

  • A Einsteinhaus, a casa na que Albert Einstein viviu entre 1903 e 1905, en Kramgrasse, 49, acolle hoxe en día unha exposición permanente sobre o afamado físico no mesmo lugar onde desenvolveu a súa teoría da relatividade.
  • O Museo de Historia de Berna é o segundo museo destas características de Suíza en tamaño tras o de Zürich. Foi construído en 1894 e contén pezas relacionadas coa historia de Berna dende a prehistoria ata os nosos días, así como outras de Asia e Exipto.
Image
Vista da cidade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]