Image
Image

Advanced Custom Fields (ACF®)

Descrición

Advanced Custom Fields (ACF®) converte os sitios de WordPress nun sistema de xestión de contidos totalmente adaptable, ofrecéndoche as ferramentas que precisas para sacar máis partido dos teus datos.

Usa o plugin ACF para ter o control total das túas pantallas de edición de WordPress, dos datos dos campos personalizados e moito máis.

Engade campos baixo demanda.
O maquetador de campos de ACF permíteche engadir campos ás pantallas de edición de WP de forma rápida e sinxela con só uns poucos clics! Tanto se é algo simple, como engadir un campo «autor» a unha entrada de recensión dun libro, como se é algo máis complexo, como as necesidades de datos estruturados dun sitio de comercio electrónico ou dun mercado en liña, ACF fai que engadir campos ao teu modelo de contido sexa fácil.

Engádeos en calquera lugar.
Podes engadir campos por todo WordPress, incluídas entradas, páxinas, usuarios, termos de taxonomías, medios, comentarios e mesmo páxinas de opcións personalizadas! Non podería ser máis sinxelo dar estrutura á experiencia de creación de contidos de WordPress.

Móstraos en calquera lugar.
Carga e mostra os valores dos teus campos personalizados en calquera ficheiro de modelo do tema coas nosas funcións sinxelas e pensadas para desenvolvedores! Tanto se precisas mostrar un único valor como xerar contido a partir dunha consulta máis complexa, as funcións de ACF listas para usar fan que crear modelos sexa un soño para desenvolvedores de calquera nivel de experiencia.

Calquera contido, rapidamente.
Converter WordPress nun verdadeiro sistema de xestión de contidos non é só cuestión de campos personalizados. Crear novos tipos de contido personalizados e taxonomías é unha parte esencial da construción de sitios de WordPress personalizados. Agora podes rexistrar tipos de contido e taxonomías directamente na interface de ACF, o que acelera o fluxo de traballo de modelado de contidos sen necesidade de tocar código nin de usar outro plugin.

Simplemente bonito e accesible por deseño.
Para os creadores de contido e as persoas encargadas de introducir datos, a experiencia de uso dos campos é tan intuitiva como poderían desexar e intégrase perfectamente na experiencia nativa de WordPress. Os estándares de accesibilidade revísanse e aplícanse regularmente, para que ACF poida axudar a practicamente calquera persoa.

Documentación e guías para desenvolvedores.
Máis de 10 anos de contribucións dunha comunidade moi activa, xunto cun compromiso constante cunha documentación clara, fan que poidas atopar a orientación que precisas para construír o que queiras.

Características

  • Simple e intuitivo
  • Potentes funcións
  • Máis de 30 tipos de campos
  • Ampla documentación
  • Millóns de usuarios

Ligazóns

PRO

O plugin Advanced Custom Fields tamén está dispoñible nunha versión profesional que inclúe máis campos, máis funcionalidades e máis flexibilidade. As características do plugin ACF PRO:

  • O Campo Repetidor permíteche crear un conxunto de subcampos que se poden repetir unha e outra vez.
  • ACF Blocks, un poderoso framework baseado en PHP para desenvolver bloques personalizados no Editor de Bloques de WordPress (aka Gutenberg).
  • Define, crea e xestiona o contido co Campo Contido Flexible, que ofrece múltiples opcións de deseño e subcampos.
  • Usa a funcionalidade Páxina de Opcións para engadir páxinas de administración personalizadas nas que editar campos ACF.
  • Crea galerías de imaxes totalmente personalizables co Campo Galería.
  • Desbloquea un fluxo de traballo máis eficiente na xestión das configuracións dos campos reutilizando os campos e grupos de campos existentes baixo demanda co Campo Clon

Actualiza a ACF PRO

Capturas

Instalación

Desde o teu panel de WordPress

  1. Visita Plugins > Engadir novo
  2. Busca «Advanced Custom Fields» ou «ACF»
  3. Instala e activa Advanced Custom Fields desde a túa páxina de plugins
  4. Fai clic no novo elemento do menú «ACF» e crea o teu primeiro grupo de campos personalizados, ou rexistra un tipo de contido personalizado ou unha taxonomía.
  5. Le a documentación para dar os primeiros pasos

Preguntas frecuentes

Que tipo de apoio ofrecedes?

Foros de soporte. Os nosos foros de comunidade proporcionan un gran recurso para buscar e atopar respostas e preguntas de soporte. Podes crear un novo fío nestes foros, pero non está garantido que vaias recibir unha resposta do noso equipo de soporte. É máis ben unha zona para que os desenvolvedores de ACF poidan falar e compartir ideas e plugins e ofrecer unha axuda básica. Ver o foro de soporte

Buscas os ficheiros sen minificar?

Os ficheiros JS e CSS sen minificar do noso plugin están dispoñibles en GitHub.

ACF recolle algún dato?

ACF inclúe unha subscrición opcional por correo electrónico para recibir actualizacións e novas do plugin. Non se recolle ningún dato a menos que decidas subscribirte. O teu correo electrónico gárdase de acordo coa política de privacidade de WP Engine.

Comentarios

Image
10 de Setembro de 2026
One of the most useful WordPress plugins on the market. We use it especially to create custom post types with custom fields to hand over to central templates. Easy to use. Reliable. Great support.
Image
24 de Agosto de 2026 1 resposta
ACF doesn't allow you to update unless you pay in perpetuity, even if critical security vulnerabilities are found. This makes it a huge security liability. The plugin developers need to update it such that updates can be received without enabling paid functionality. This is the correct means of managing security; not leveraging huge security risks to try to make more money.
Image
3 de Xuño de 2026
Been using ACF on 3 sites now. Adding custom fields to posts/pages w/o touching code is just. My clients can manage their own content easily. Free version covers most use cases tbh. Rlly changed how I build WP sites.
Image
28 de Maio de 2026
Amazing plugin! It allows adding custom fields in a very easy and intuitive way. Great job!
Ler todas as 1.439 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“Advanced Custom Fields (ACF®)” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“Advanced Custom Fields (ACF®)” foi traducido a 37 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “Advanced Custom Fields (ACF®)” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

6.8.10

Data de lanzamento: 10 de setembro de 2026

  • Seguridade – ACF agora valida que os ficheiros PDF subidos comecen coa cabeceira estándar %PDF- antes de seguir procesándoos, e rexeita os ficheiros que non coinciden co formato esperado
  • Seguridade – Os campos Relación, Obxecto de entrada, Imaxe, Galería e Arquivo agora aplican os permisos de lectura de WordPress ás entradas e adxuntos referenciados cando se devolven nas respostas da REST API
  • Seguridade – ACF agora verifica tanto o contexto da vista previa como a capacidade de edición de quen fai a chamada antes de substituír os datos da revisión cando se recuperan os valores dos campos dunha entrada
  • Seguridade – O token _acf_form que usan os formularios da portada agora caduca e está ligado á renderización que o emitiu, e acf_encrypt() / acf_decrypt() incorporan un argumento opcional $context para separar os dominios entre os distintos usos do token
  • Seguridade – ACF agora executa sempre a validación dos campos nos envíos de formularios da portada que conteñen datos de campos, o que garante que non se poidan eludir as comprobacións de campos obrigatorios nin os filtros acf/validate_value personalizados
  • Seguridade – O esquema da REST API de ACF xa non revela a configuración dos grupos de campos de cada obxecto nas peticións OPTIONS a quen non ten permiso de lectura sobre o obxecto de destino
  • Seguridade – O punto de acceso AJAX do campo Usuario agora valida que o nonce da petición se creou para un campo Usuario

6.8.9

Data de lanzamento: 27 de agosto de 2026

  • Ver a entrada da versión
  • Mellora – Os ACF Blocks rexistrados mediante acf_register_block_type() ou block.json sen unha versión explícita agora usan v3 por defecto en WordPress 7.1 ou posterior. Os bloques que especifican unha versión seguen usando a versión que declaran, e o valor por defecto pódese personalizar co filtro acf/blocks/default_block_version
  • Mellora – ACF Blocks v3 agora admite unha opción renderPreview en block.json. Se se configura "renderPreview": false, no editor móstrase un marcador de posición coa icona do bloque, o título e un botón «Editar bloque» en lugar de renderizar o modelo do bloque como vista previa en directo. O bloque segue renderizándose con normalidade na portada, e os bloques v2 herdados que combinan "mode": "edit" con "supports": { "mode": false } mígranse automaticamente cando se actualizan a v3
  • Corrección – Os campos editables integrados en ACF Blocks V3 xa non requiren un segundo clic para poder editalos
  • Corrección – Os botóns de opción agora aparecen correctamente nas pantallas de administración de ACF
  • Corrección – Os campos Imaxe e Galería xa non rexeitan as subidas de SVG cando o plugin Safe SVG está activo

6.8.8

Data de lanzamento: 19 de agosto de 2026

  • Corrección – Os campos Imaxe e Galería xa non rexeitan os ficheiros SVG

6.8.7

Data de lanzamento: 4 de agosto de 2026

  • Seguridade – Os campos Imaxe e Galería de ACF agora aplican unha validación no servidor para aceptar só ficheiros de imaxe
  • Seguridade – O atributo path dos ACF Blocks rexistrados agora está protexido para que non o poidan sobrescribir os datos do bloque enviados polo cliente
  • Seguridade – As funcións auxiliares acf_encrypt() e acf_decrypt() de ACF agora autentican os valores cifrados cun HMAC e xa non recorren á codificación base64 cando OpenSSL non está dispoñible
  • Seguridade – Os xestores de gardado dos formularios de comentarios, usuarios e páxinas de opcións de ACF agora só gardan os valores dos campos cuxos grupos de campos están asignados ao contexto de gardado actual
  • Seguridade – As consultas de busca AJAX dos campos Obxecto de entrada, Ligazón á páxina e Relación agora aplican os permisos de lectura de WordPress, o que impide que os visitantes non autenticados vexan estados de entradas ou tipos de contido non públicos
  • Seguridade – O campo Usuario agora devolve só os ID dos usuarios nas respostas da REST API a quen non ten a capacidade list_users, o que impide que os visitantes non autenticados vexan os enderezos de correo electrónico dos usuarios

6.8.6

Data de lanzamento: 14 de xullo de 2026

  • Corrección – Os valores do campo Google Maps xa non se codifican dúas veces cando se gardan nun bloque de ACF
  • Corrección – Inserir o valor dun campo Ligazón no editor clásico xa non activa a validación doutros campos obrigatorios antes de gardar a entrada
  • Corrección – Os bloques con edición integrada automática xa non devolven cadeas de marcador de posición avaliadas como verdadeiras para os valores de campos baleiros obtidos doutra entrada dentro do modelo de renderización do bloque
  • Corrección – Os ACF Blocks (V2 e V3) xa non fallan ao renderizar un campo oEmbed cuxo título comeza por [ ou {
  • Corrección – As regras de localización dos grupos de campos sen un valor de localización xa non provocan advertencias de PHP ao cargar a páxina
  • Corrección – Mellorouse o aspecto dos campos URL, Número e Selección en WordPress 7.0+
  • Corrección – Os campos de ACF agora gárdanse nos pedidos de WooCommerce cando se usa HPOS en modo de compatibilidade

6.8.5

Data de lanzamento: 30 de xuño de 2026

  • Seguridade – O xestor de gardado de ACF PRO para os campos dos pedidos de WooCommerce agora verifica os nonces de seguridade e só se engade na pantalla de edición do pedido, o que impide actualizacións de valores de campos sen autenticar nas tendas que usan HPOS
  • Seguridade – A ventá emerxente «Renomear estrutura» do Contido flexible xa non permite a execución dunha posible vulnerabilidade XSS almacenada
  • Seguridade – Aplicouse un límite por defecto de 1000 ás opcións achegadas polos usuarios nos campos Caixa de verificación, Botón de opción e Selección para mellorar a seguridade, cun novo filtro acf/fields/max_appended_choices dispoñible para personalizalo
  • Seguridade – Os caracteres especiais dentro dos padróns LIKE agora escápanse completamente nas consultas a wp_options mediante $wpdb->esc_like()

6.8.4

Data de lanzamento: 10 de xuño de 2026

  • Seguridade – Os xestores AJAX dos campos de ACF agora validan que o nonce da petición se creou para o tipo de campo esperado
  • Mellora – ACF PRO agora satisfai as dependencias de plugins declaradas sobre advanced-custom-fields, polo que os plugins que requiren ACF pódense activar cando só está instalado ACF PRO
  • Mellora – acf_inline_toolbar_editing_attrs() agora acepta un argumento return_array que devolve os atributos como un array escapado axeitado para usar con wp_get_attachment_image()
  • Corrección – acf_form() con 'post_id' => 'new_post' e unha lista fields de nomes de campos xa non provoca erros fatais cando acf_form_head() se executa antes de que se constrúa a consulta principal de WordPress
  • Corrección – Varias chamadas a acf_form() dentro dunha única etiqueta <form> exterior cun só botón de envío xa non descartan silenciosamente os valores dos campos, post_title nin post_content dos formularios que non son o último
  • Corrección – Duplicar un bloque V3 con atributos idénticos xa non mostra contido corrupto na vista previa do duplicado
  • Corrección – Cambiar entre pestanas que conteñen campos WYSIWYG xa non deixa o menú de administración fixado contra unha páxina máis curta, o que podía bloquear o desprazamento da páxina

6.8.3

Data de lanzamento: 2 de xuño de 2026

  • Seguridade – A vista previa AJAX do campo oEmbed xa non realiza a descuberta de URL para os usuarios sen a capacidade edit_posts.

6.8.2

Data de lanzamento: 26 de maio de 2026

  • Seguridade – Os formularios da portada de ACF (acf_form()) agora respectan as opcións de configuración post_title e post_content do formulario ao procesar os envíos, o que garante que eses valores só se gardan cando o formulario está configurado para aceptalos. Grazas a Sarawut Poolkhet (MisterHelloz) pola divulgación responsable.
  • Seguridade – Os formularios da portada de ACF (acf_form()) agora só gardan os valores dos campos asignados ao formulario mediante os parámetros fields ou field_groups, ou mediante as regras de localización do formulario

6.8.1

Data de lanzamento: 13 de maio de 2026

  • Seguridade – ACF agora comproba correctamente os permisos do usuario antes de executar as actualizacións da base de datos nun sitio concreto dunha rede multisitio
  • Novidade – Agora hai dispoñible en ACF PRO un almacén wp.data (acf/fields) para ler e escribir os valores dos campos de ACF desde JavaScript, que se pode activar mediante un novo filtro acf/settings/enable_datastore (require WordPress 6.7 ou posterior).
  • Novidade – As vinculacións de bloques de ACF PRO agora admiten a vista previa e a edición en directo no editor de bloques, cando están activados tanto o almacén de datos como o axuste enable_block_bindings.
  • Novidade – ACF PRO agora pode gardar os valores dos campos das metabox mediante o fluxo REST nativo de Gutenberg, con compatibilidade completa con revisións e autogardado cando se usa o almacén de datos.
  • Novidade – Os bloques de ACF PRO agora poden definir o seu grupo de campos integrado mediante un array acf.fields en block.json, ou mediante un argumento fields en acf_register_block_type(), coas claves dos campos xeradas automaticamente e limitadas ao bloque
  • Corrección – As funcións auxiliares de filas de Repetidor e Contido flexible xa non provocan un TypeError de PHP 8.x cando row_index_offset ou o índice do bucle activo non é numérico
  • Corrección – Os bloques V3 con hideFieldsInSidebar activado xa non mostran os campos na barra lateral despois de pechar a ventá emerxente da barra de ferramentas integrada
  • Corrección – Xa non aparecen barras de desprazamento debaixo das pestanas nos grupos de campos que conteñen moitas pestanas
  • Corrección – A capacidade acf/delete-{taxonomy} xa non devolve un erro 501 cando se chama sen un argumento force explícito, xa que os termos non se poden enviar á papeleira
  • Corrección – O filtro prepare_field_for_ability_import agora elimínase correctamente despois de cada importación de grupos de campos mediante Abilities, o que evita que se corrompan os valores das importacións posteriores na mesma petición

6.8.0.1

Data de lanzamento: 31 de marzo de 2026
Versión só para PRO

  • Corrección – Os bloques V3 con campos WYSIWYG xa non poñen en cola os recursos do editor TinyMCE na portada
  • Corrección – Os bloques V3 con atributos idénticos e distinto contido de InnerBlocks xa non devolven na portada a saída almacenada na caché do primeiro bloque

6.8.0

Data de lanzamento – 30 de marzo de 2026

  • Ver a entrada da versión
  • Novidade – ACF agora intégrase coa Abilities API de WordPress, o que permite que consumidores externos (ferramentas de IA) xestionen grupos de campos, tipos de contido e taxonomías cando se activa explicitamente mediante o indicador de característica enable_acf_ai
  • Novidade – ACF agora pode xerar campos de datos estruturados JSON-LD cando se activa explicitamente mediante o indicador de característica enable_schema
  • Novidade – ACF agora inclúe compatibilidade con WP-CLI con novos comandos wp acf json para importar, exportar, sincronizar e comprobar o estado dos ficheiros JSON de ACF
  • Novidade – Os tipos de contido personalizados de ACF agora son compatibles coa característica «Notas» do editor de WordPress 6.9+ mediante unha nova caixa de verificación «Notas» nos axustes de compatibilidade
  • Mellora – O texto do botón «Abrir no editor expandido» de Blocks V3 agora pódese personalizar mediante unha nova propiedade acf.expandedEditorButtonText de block.json
  • Mellora – Un novo filtro PHP acf/blocks/default_expanded_editor_button_text permite personalizar o texto por defecto do botón «Abrir no editor expandido» para todos os bloques V3
  • Mellora – Os botóns de edición e «Abrir no editor expandido» de Blocks V3 agora pódense ocultar mediante unha nova propiedade acf.expandedEditorButtons de block.json
  • Mellora – Un novo filtro JS blocks/expanded_editor_overlay_class permite personalizar a clase CSS da capa superposta da ventá emerxente do editor expandido
  • Mellora – ACF Blocks V3 agora precarga o HTML do formulario do bloque xunto coa vista previa, o que elimina unha chamada AJAX adicional ao montalo
  • Mellora – As etiquetas de script integradas de ACF agora usan wp_print_inline_script_tag() para cumprir coa Content Security Policy (CSP) e admitir nonces
  • Mellora – Os botóns do editor expandido agora ocúltanse nos bloques V3 que non teñen campos asignados
  • Corrección – Os campos Contido flexible agora limpan correctamente os metadatos das entradas aniñados cando se elimina unha estrutura principal que contén campos Contido flexible aniñados
  • Corrección – O botón «Feito» do editor expandido agora permanece desactivado ata que se completa o gardado por AJAX, o que evita a perda de datos
  • Corrección – Premer Escape mentres o editor expandido está gardando xa non pecha a ventá emerxente, o que evita a perda de datos
  • Corrección – O contido de InnerBlocks que contén barras invertidas ou signos de dólar agora renderízase correctamente
  • Corrección – A edición integrada automática agora só se aplica a ACF Blocks V3, o que resolve os bordos incorrectos ao pasar o cursor ou ao enfocar que aparecían nos bloques V2
  • Corrección – Os erros de validación no editor expandido de V3 xa non provocan un estado sen saída
  • Corrección – As seleccións do Selector de iconas nos campos Repetidor xa non desaparecen
  • Corrección – A entrada numérica do campo Intervalo agora sincronízase co control escorrente e actualiza correctamente as vistas previas dos bloques V3
  • Corrección – Os axustes Nome e Instrucións do campo Mensaxe xa non se mostran no editor de grupos de campos
  • Corrección – O campo Imaxe xa non falla nas versións candidatas de WordPress 7.0
  • Corrección – Os bloques con edición integrada automática agora reciben as variables de contexto do bloque nos modelos de renderización
  • Corrección – Os bloques V3 rexistrados mediante PHP agora mostran correctamente o botón «Abrir no editor expandido»
  • Corrección – As estruturas desactivadas do Contido flexible agora funcionan correctamente en Blocks V3
  • Corrección – A edición integrada automática agora funciona cos bloques que usan renderCallback
  • i18n – Engadiuse a tradución ao dinamarqués

6.7.2

Data de lanzamento – 26 de marzo de 2026

  • Seguridade – A capacidade unfiltered_html dos usuarios agora aplícase correctamente ás chamadas á REST API
  • Seguridade – A renderización da vista previa dos bloques agora comproba correctamente que o usuario ten permiso para editar esa entrada
  • Seguridade – Os campos Repetidor que usan paxinación agora comproban correctamente que o usuario ten permisos para editar esa entrada
  • Seguridade – As peticións AJAX do título da estrutura dos campos Contido flexible agora verifican correctamente os nonces de seguridade
  • Seguridade – Os puntos de acceso AJAX de administración do campo Clon agora comproban correctamente os permisos de administración de ACF para as listaxes de grupos de campos

6.7.1

Data de lanzamento – 3 de marzo de 2026

  • Seguridade – As consultas AJAX do campo Usuario agora aplican as restricións de perfil configuradas no campo e validan os permisos de busca
  • Seguridade – As consultas AJAX dos campos Obxecto de entrada, Relación e Ligazón á páxina agora aplican as restricións configuradas no campo para o estado da entrada, o tipo de contido e a taxonomía

6.7.0.2

Data de lanzamento: 11 de decembro de 2025
Versión só para PRO

  • Corrección – As entradas con bloques V3 agora pódense gardar sen facer clic no bloque

6.7.0.1

Data de lanzamento: 10 de decembro de 2025
Versión só para PRO

  • Corrección – Agora pódese facer clic nos campos dos bloques V3 usados como InnerBlock
  • Corrección – Os bloques V3 cunha etiqueta script no modelo de renderización xa non fallan no editor
  • Corrección – Os bloques V3 coa edición integrada activada xa non bloquean a pestana do navegador nalgúns casos
  • Corrección – Os bloques V3 coa edición integrada activada usados como InnerBlock xa non actualizan os valores dos campos do bloque pai
  • Corrección – Pechar rapidamente o editor expandido dos bloques V3 xa non impide que se actualicen os valores dos campos

6.7.0

Data de lanzamento: 3 de decembro de 2025

  • Ver a entrada da versión
  • Novidade – ACF Blocks V3 agora admite a edición integrada: edita o contido do teu bloque directamente no seu sitio, dentro do editor. Só tes que activala.
  • Mellora – Melloras de accesibilidade no campo Acordeón
  • Mellora – Melloras de accesibilidade no campo Google Maps
  • Mellora – Melloras de estilo no editor expandido de Blocks V3
  • Corrección – A validación de ACF Blocks V3 agora bórrase correctamente cando hai máis dun bloque no editor.
  • Corrección – Os campos Relación, Obxecto de entrada e Ligazón á páxina agora ordenan as entradas correctamente en WordPress 6.8+
  • Corrección – As táboas de listaxe agora respectan o filtro JavaScript convert_field_name_to_lowercase
  • Corrección – O campo WYSIWYG nas páxinas de adxuntos xa non envía unha petición AJAX con cada pulsación de tecla

6.6.2

Data de lanzamento: 29 de outubro de 2025

  • Mellora – Engadiuse un novo filtro JS convert_field_name_to_lowercase para permitir letras maiúsculas nos nomes dos campos de ACF
  • Mellora – O formulario dos bloques V3 agora pódese ocultar opcionalmente da barra lateral mediante un novo axuste hideFieldsInSidebar en block.json
  • Mellora – Os bloques V3 agora mostran un botón «Abrir o editor expandido» na barra lateral para acceder máis facilmente ao formulario de edición completo
  • Corrección – Os botóns para reordenar as metabox de ACF xa non están ocultos para as metabox da barra lateral do editor de bloques
  • Corrección – Os bloques V3 agora mostran unha mensaxe alternativa cando non se pode renderizar a vista previa do bloque porque se usou HTML non válido nos valores dos campos
  • Corrección – Os bloques V3 xa non mostran unha icona de carga cando están precargados
  • Corrección – Os bloques V3 agora gardan os valores por defecto dos campos aínda que non se interactuase co bloque antes de gardar
  • Corrección – Premer CMD/CTRL + Z xa non fai que desaparezan os campos nos bloques V3
  • Corrección – O formulario dos bloques V3 agora ábrese no lado esquerdo nos idiomas RTL

6.6.1

Data de lanzamento: 16 de outubro de 2025

  • Corrección – A paleta do Selector de cor agora móstrase correctamente cun maior número de cores personalizadas na paleta
  • Corrección – O campo WYSIWYG xa non mostra unha área de texto adicional en ACF Blocks
  • Corrección – A sinatura de tipos da función de renderización de ACF Blocks agora coincide coa anterior á 6.6, o que resolve posibles erros de indicación de tipos
  • Corrección – Os bloques V3 agora actualizan correctamente a vista previa do bloque ao cambiar os controis de texto
  • Corrección – Os bloques V3 agora funcionan correctamente no editor de bloques de widgets
  • Corrección – Os bloques V3 xa non renderizan un div oculto adicional no editor de bloques
  • Corrección – Os campos dos bloques V3 agora renderízanse sempre correctamente ao cambiar entre as vistas «Entrada» e «Bloque» na barra lateral

6.6.0

Data de lanzamento: 7 de outubro de 2025

  • Ver a entrada da versión
  • Novidade – ACF Blocks versión 3 é compatible coa versión 3 da Block API de WordPress
  • Novidade – ACF agora require a versión 6.2 de WordPress ou posterior
  • Mellora – Os grupos de campos agora poden ter un título visible independente
  • Mellora – Melloras de accesibilidade nos tipos de campo grupo de botóns, caixa de verificación, botón de opción e imaxe
  • Mellora – O campo Selector de cor agora pode usar unha paleta personalizada ou as cores de theme.json como paleta
  • Mellora – Os avisos de administración de ACF volven usar os estilos do núcleo de WordPress
  • Mellora – As ventás emerxentes «Eliminar estrutura» e «Renomear estrutura» do Contido flexible agora móstranse correctamente en dispositivos móbiles
  • Corrección – Blocks V3: agora podes editar os bloques de ACF no modo de edición dentro do editor de padróns do núcleo de WP
  • Corrección – Blocks V3: os erros de validación agora aparecen por primeira vez despois de facer clic en «Gardar/publicar», en lugar de aparecer de inmediato mentres escribes nun campo por primeira vez
  • Corrección – Blocks V3: despois de corrixir un erro de validación dun campo, móstrase como corrixido de inmediato, en lugar de ter que saír do bloque e volver a entrar nel
  • Corrección – Blocks V3: os bloques con botóns de opción xa non afectan os valores dos campos dos outros
  • Corrección – Blocks V3: os bloques con botóns de opción obrigatorios agora valídanse correctamente
  • Corrección – Blocks V3: a validación dos campos de ACF agora funciona no editor do sitio
  • Corrección – Blocks V3: os campos WYSIWYG xa non se ven afectados ao escribir noutros bloques
  • Corrección – Os nomes dos novos campos só usan minúsculas
  • Corrección – O Selector de iconas agora aplica a validación de campo obrigatorio
  • Corrección – As chamadas á función obsoleta focus de jQuery actualizáronse para usar a función trigger
  • Corrección – As estruturas dentro dos campos Contido flexible clonados agora pódense desactivar e renomear
  • i18n – Actualizáronse as traducións ao xaponés de PRO (props danielkun)

6.5.1

Data de lanzamento: 10 de setembro de 2025

  • Mellora – O botón «Expandir todo» e «Contraer todo» do Contido flexible agora aparece correctamente en dispositivos móbiles
  • Mellora – O botón de eliminar estrutura do Contido flexible volve estar na cabeceira principal da estrutura, o que facilita eliminar estruturas
  • Mellora – A ferramenta de importación de JSON agora limita os ficheiros seleccionables aos ficheiros JSON
  • Corrección – As estruturas desactivadas do Contido flexible xa non contan para a validación do mínimo/máximo de estruturas
  • Corrección – O botón superior «Engadir fila» das estruturas agora desactívase cando as estruturas alcanzaron o máximo da validación de estruturas
  • Corrección – Os botóns «Engadir fila» e «Duplicar estrutura» de cada estrutura agora desactívanse cando as estruturas alcanzaron o máximo da validación de estruturas
  • Corrección – Desactivar estruturas do Contido flexible xa non desactiva as estruturas dos campos Contido flexible clonados que usan un ID de entrada diferente na mesma páxina
  • Corrección – O menú «Engadir estrutura» do Contido flexible xa non queda oculto por algúns tipos de campo
  • Corrección – Os nomes das estruturas do Contido flexible agora poden permitir algo de HTML seguro
  • Corrección – Ao crear un tipo de contido temporal durante a importación, ACF agora establece correctamente o tipo de contido de ACF, en lugar de usar entrada por defecto
  • Corrección – As actualizacións de ACF PRO agora móstranse aínda que ningún outro plugin teña unha actualización dispoñible

6.5.0.1

Data de lanzamento: 12 de agosto de 2025
Versión só para PRO

  • Corrección – As estruturas do Contido flexible configuradas co axuste «Estrutura» en «Táboa» agora renderízanse correctamente no editor de entradas
  • Corrección – Os botóns «Engadir estrutura» do Contido flexible agora inseren a nova estrutura na posición correcta
  • Corrección – Os nomes longos das estruturas do Contido flexible xa non saen fóra do despregable «Engadir estrutura»

6.5.0

Data de lanzamento: 11 de agosto de 2025

  • Novidade – As estruturas do Contido flexible agora pódense renomear no editor de entradas, o que dá aos editores de contido máis claridade ao xestionar as estruturas
  • Novidade – As estruturas do Contido flexible agora pódense desactivar, o que impide que se rendericen na portada sen ter que eliminar os seus datos
  • Novidade – As estruturas do Contido flexible agora pódense contraer e expandir en bloque para editar o contido máis rapidamente
  • Novidade – Ao editar unha estrutura do Contido flexible agora resáltase a estrutura que se está editando, o que facilita identificala
  • Novidade – Os campos Selector de data e Selector de data e hora agora pódense configurar para usar a data actual por defecto
  • Corrección – As pestanas personalizadas do Selector de iconas agora funcionan correctamente cando se usan dentro dun bloque de ACF
  • Corrección – Duplicar un grupo de campos xa non provoca un erro fatal cando se usan as traducións ao ruso
  • Corrección – As clases de ACF xa non usan propiedades de clase dinámicas, o que mellora a compatibilidade con PHP 8.2+
  • Corrección – ACF PRO xa non mostra unha actualización dispoñible inmediatamente despois de actualizar á última versión
  • Corrección – Os botóns de contraer e expandir as metabox dos grupos de campos xa non están desaliñados no editor de entradas
  • Corrección – A sección de ACF da Saúde do sitio xa non provoca unha advertencia de PHP cando as regras de localización dos grupos de campos están incompletas
  • Seguridade – O HTML agora escápase nos erros de validación dos campos e na información emerxente

6.4.3

Data de lanzamento: 22 de xullo de 2025

  • Seguridade – O HTML inseguro nas etiquetas dos grupos de campos agora escápase correctamente nos grupos de campos cargados condicionalmente, o que resolve unha vulnerabilidade de execución de JS no editor clásico
  • Seguridade – O HTML agora escápase nas etiquetas dos grupos de campos cando se mostran na administración de ACF
  • Seguridade – Os elementos Select2 de lóxica condicional e bidireccional xa non renderizan HTML nas etiquetas dos campos nin nos títulos das entradas
  • Seguridade – A función acf.escHtml agora usa a biblioteca de terceiros DOMPurify para garantir que se elimina todo o HTML inseguro. Pódese usar un novo filtro JS esc_html_dompurify_config para modificar o comportamento por defecto
  • Seguridade – Os títulos das entradas agora escápanse correctamente sempre que os mostra o código de ACF. Grazas a Shogo Kumamaru de LAC Co., Ltd. pola divulgación responsable
  • Seguridade – Agora móstrase un aviso de administración cando se usa a versión 3 da biblioteca Select2, xa que quedou obsoleta en favor da versión 4

6.4.2

Data de lanzamento: 20 de maio de 2025

  • Novidade – En ACF PRO, agora pódense engadir campos a WooCommerce Subscriptions cando se usa HPOS
  • Seguridade – Cambiar o tipo dun campo xa non activa o axuste «Permitir o acceso ao valor na interface do editor»
  • Corrección – Os campos Repetidor paxinados xa non gardan valores duplicados ao gardar nun pedido de WooCommerce con HPOS desactivado
  • Corrección – Os bloques rexistrados mediante acf_register_block_type() cun valor parent de null xa non fallan ao rexistrarse

6.4.1

Data de lanzamento: 8 de maio de 2025

  • Novidade – Os campos Selección agora pódense configurar para permitir crear novas opcións ao editar o valor do campo (require que estean activados os axustes de campo «UI estilizada» e «Múltiple»)
  • Mellora – O aviso de advertencia «HTML escapado» introducido en ACF 6.2.5 agora está desactivado por defecto
  • Mellora – O campo Selector de iconas agora permite proporcionar un array de iconas a unha pestana personalizada mediante un novo filtro acf/fields/icon_picker/{tab_name}/icons
  • Corrección – Os ACF Blocks agora fórzanse ao modo de vista previa ao editar un padrón sincronizado
  • Corrección – O plugin ACF gratuíto volve funcionar co plugin Classic Widgets e co complemento herdado ACF Options Page
  • Corrección – ACF xa non provoca un bucle infinito en bbPress ao editar respostas

6.4.0.1

Data de lanzamento: 8 de abril de 2025

  • Corrección – Chamar a acf_get_reference() cun nome de campo non válido xa non provoca un erro fatal

6.4.0

Data de lanzamento – 7 de abril de 2025

  • Novidade – En ACF PRO, agora pódense engadir campos aos pedidos de WooCommerce cando se usa HPOS
  • Mellora – ACF agora usa Composer para cargar automaticamente algunhas clases
  • Corrección – A paxinación do Repetidor agora funciona cando o Repetidor está dentro dun campo Grupo
  • Corrección – Varias traducións xa non se chaman antes do gancho de acción init de WordPress
  • Seguridade – O campo Ligazón xa non ten unha pequena vulnerabilidade XSS local
  • i18n – Varias cadeas da tradución ao inglés británico xa non teñen un problema coas comiñas que rompía as ligazóns
  • i18n – Engadíronse as traducións ao neerlandés (formal) (props @toineenzo)

6.3.12

Data de lanzamento: 21 de xaneiro de 2025

  • Mellora – As mensaxes de erro que aparecen cando falla a validación dun campo por un nonce de seguridade insuficiente agora teñen contexto adicional
  • Corrección – Os bloques de ACF duplicados xa non perden os valores dos seus campos despois do gardado inicial cando a precarga de bloques está activada
  • Corrección – Os ACF Blocks que conteñen tipos de campo complexos agora compórtanse correctamente cando o StrictMode de React está activado

6.3.11

Data de lanzamento: 12 de novembro de 2024

  • Mellora – As claves dos grupos de campos agora pódense copiar cun clic
  • Corrección – As táboas do Repetidor con campos ocultos pola lóxica condicional agora renderízanse correctamente
  • Corrección – Os ACF Blocks agora compórtanse correctamente no StrictMode de React
  • Corrección – O modo de edición xa non está dispoñible para os ACF Blocks coa versión 3 da Block API de WordPress, xa que a edición de campos non é compatible no iframe

6.3.10.2

Data de lanzamento: 29 de outubro de 2024
Versión só para a versión gratuíta

  • Corrección – ACF Free xa non provoca un erro fatal cando hai activo algún complemento herdado de ACF non compatible

6.3.10.1

Data de lanzamento: 29 de outubro de 2024
Versión só para a versión gratuíta

  • Corrección – ACF Free xa non provoca un erro fatal cando WPML está activo

6.3.10

Data de lanzamento: 29 de outubro de 2024

  • Seguridade – Establecer unha función de retorno de metabox para os tipos de contido personalizados e as taxonomías agora require ser administrador, ou superadministrador nas instalacións multisitio
  • Seguridade – Os nonces de ACF específicos de cada campo agora levan un prefixo, o que resolve un problema polo que os nonces de terceiros se podían tratar como válidos nas chamadas AJAX
  • Mellora – Agora hai dispoñible unha nova opción «Pechar e engadir campo» ao editar un grupo de campos, que insire un novo campo integrado despois do campo que se está editando
  • Mellora – ACF e ACF PRO agora comparten o mesmo actualizador de plugins para mellorar a fiabilidade e o rendemento
  • Corrección – Exportar tipos de contido e taxonomías que conteñen funcións de retorno de metabox agora exporta correctamente a función de retorno definida polo usuario

6.3.9

Data de lanzamento: 15 de outubro de 2024

  • Seguridade – Editar un campo de ACF no editor de grupos de campos xa non pode executar unha vulnerabilidade XSS almacenada. Grazas a Duc Luong Tran (janlele91) de Viettel Cyber Security pola divulgación responsable
  • Seguridade – As funcións de retorno de metabox dos tipos de contido e das taxonomías xa non teñen acceso a ningún valor superglobal, o que reforza aínda máis a corrección orixinal da 6.3.8
  • Corrección – Os campos de ACF agora valídanse correctamente cando se usan no editor de bloques e están asociados á barra lateral

6.3.8

Data de lanzamento: 7 de outubro de 2024

  • Seguridade – As funcións de retorno de metabox dos tipos de contido e das taxonomías definidas por ACF xa non teñen acceso aos datos de $_POST. (Grazas ao Automattic Security Team pola divulgación)

6.3.7

Data de lanzamento: 2 de outubro de 2024

  • Seguridade – ACF Free agora usa o seu propio mecanismo de actualización desde os servidores de WP Engine

6.3.6

Data de lanzamento: 28 de agosto de 2024

  • Seguridade – Os campos engadidos recentemente agora teñen que configurarse explicitamente para permitir o acceso no editor de contido (ao usar o shortcode de ACF ou Block Bindings) para aumentar a seguridade dos permisos dos campos. Consulta as notas da versión para máis detalles
  • Corrección de seguridade – As etiquetas dos campos agora escápanse correctamente cando se renderizan no editor de grupos de campos, para evitar un posible problema de XSS. Grazas a Ryo Sotoyama de Mitsui Bussan Secure Directions, Inc. pola divulgación responsable
  • Corrección – Os nonces das peticións AJAX de validación e de bloques xa non os sobrescriben os plugins de terceiros
  • Corrección – A detección de bibliotecas select2 de terceiros agora usa a v4 por defecto en lugar da v3
  • Corrección – As vistas previas dos bloques agora mostran un erro se non se atopa o ficheiro PHP do modelo de renderización

6.3.5

Data de lanzamento: 1 de agosto de 2024

  • Corrección – O shortcode de ACF agora mostra correctamente unha lista de valores separados por comas para os arrays
  • Corrección – Os ACF Blocks renderizados en modo automático agora volven renderizar correctamente as súas vistas previas despois de editar os campos
  • Corrección – A validación de ACF Blocks xa non mostra mensaxes de validación de campo obrigatorio se o HTML vai seleccionar automaticamente o primeiro valor ao renderizarse
  • Corrección – A validación de ACF Blocks xa non mostra mensaxes de validación de campo obrigatorio se se vai renderizar un valor por defecto como valor do campo
  • Corrección – A validación de ACF Blocks xa non mostra mensaxes de validación de campo obrigatorio para os campos ocultos pola lóxica condicional ao engadir un novo bloque

6.3.4

Data de lanzamento: 18 de xullo de 2024

  • Corrección de seguridade – O shortcode de ACF agora impide por defecto o acceso aos campos doutras entradas privadas. Consulta as notas da versión para máis información
  • Corrección – Os usuarios sen a capacidade edit_posts pero con capacidades personalizadas para editar un tipo de contido personalizado agora poden cargar correctamente os grupos de campos cargados mediante regras de localización condicionais
  • Corrección – A validación dos bloques xa non valida os subcampos dun campo ao cargar a páxina, só ao editar. Isto resolve erros de validación inconsistentes ao cargar a páxina ou ao engadir un bloque por primeira vez
  • Corrección – Desactivar unha licenza de ACF PRO agora elimina a clave da licenza aínda que falle a chamada ao servidor
  • Corrección – Os tipos de campo que devolven obxectos xa non provocan advertencias nin erros de PHP cando se mostran mediante the_field, the_sub_field ou o shortcode de ACF, nin cando se recuperan mediante unha función get_ co parámetro de escapar HTML establecido
  • Corrección – Os erros do servidor durante a renderización dos bloques agora mostran un erro ao editor de forma controlada

6.3.3

Data de lanzamento: 27 de xuño de 2024

  • Mellora – Agora todos os dashicons están dispoñibles no tipo de campo selector de iconas
  • Corrección – O campo Verdadeiro/Falso agora mostra correctamente a súa mensaxe de descrición ao lado do interruptor cando se usa o axuste UI estilizada
  • Corrección – Os valores da lóxica condicional agora cargan correctamente as opcións cando se cargan mediante AJAX
  • Corrección – ACF PRO xa non realiza chamadas de validación da licenza ao cargar unha páxina da portada
  • i18n – Corrixiuse unha cadea que non se podía traducir nas vistas previas das páxinas de opcións

6.3.2.1

Data de lanzamento: 24 de xuño de 2024
Versión só para PRO

  • Corrección – Os ACF Blocks xa non provocan un erro de JavaScript cando se obteñen mediante AJAX

6.3.2

Data de lanzamento: 24 de xuño de 2024

  • Corrección de seguridade – ACF agora xera nonces diferentes para cada campo que usa AJAX, o que impide que os subscritores ou os usuarios dos formularios da portada consulten os resultados doutros campos
  • Corrección de seguridade – ACF agora verifica correctamente os permisos para certas accións reservadas aos editores, o que impide que os subscritores realicen esas accións
  • Corrección de seguridade – Marcouse como obsoleto un tipo de campo interno privado herdado (output) para evitar que poida mostrar HTML inseguro
  • …