WordPress.org

Plugin Directory

MainWP Child – Conecta de forma segura co MainWP Dashboard para xestionar varios sitios

Image
Image

MainWP Child – Conecta de forma segura co MainWP Dashboard para xestionar varios sitios

Descrición

O plugin MainWP Child conecta de forma segura os sitios de WordPress que queres xestionar co MainWP Dashboard.

O plugin MainWP Child crea unha conexión segura entre os teus sitios de WordPress e o teu MainWP Dashboard autoaloxado, o que che permite xestionar de forma eficiente as instalacións de WP desde un único lugar centralizado.

Con MainWP Child e o MainWP Dashboard, podes actualizar temas, plugins e o núcleo de WordPress en todos os sitios conectados, facer copias de seguridade e exploracións de seguridade, xestionar entradas, páxinas, usuarios e comentarios de forma masiva e integrarte con plugins populares como WooCommerce, Yoast SEO e Wordfence.

O MainWP Dashboard tamén ofrece características para o seguimento de custos e a xestión de clientes, o que o converte nunha solución todo en un para axencias e autónomos que queren xestionar sitios de WP de forma eficiente. A funcionalidade pódese ampliar aínda máis cunha biblioteca crecente de extensións de MainWP.

MainWP é a solución ideal para autónomos e axencias que xestionan sitios de clientes, desenvolvedores e deseñadores que traballan en varios proxectos, profesionais do marketing e xestores de contidos que supervisan varias webs, e calquera persoa responsable de manter varios sitios de WordPress.

Por que elixir MainWP para xestionar WordPress?

MainWP é 100 % gratuíto e de código aberto, sen cotas mensuais, mesmo para sitios ilimitados.

Como solución autoaloxada, ofrece o máximo control e privacidade. MainWP proporciona características completas de xestión de sitios e é moi personalizable con extensións e ganchos para desenvolvedores. O plugin MainWP Child mesmo inclúe a súa propia política de privacidade para garantir a túa privacidade mentres usas MainWP.

Todo isto fai de MainWP a mellor alternativa non SaaS a ManageWP, InfiniteWP, WPRemote e WP Umbrella.

Características principais

MainWP Child, xunto co MainWP Dashboard, ofrece a xestión segura de sitios de WordPress ilimitados, actualizacións nun clic de plugins, temas e do núcleo de WordPress, copias de seguridade automáticas e supervisión da seguridade, xestión masiva de entradas, páxinas, usuarios e comentarios, opcións de marca branca e de personalización da marca e potentes extensións para WooCommerce, Yoast SEO, Wordfence e moito máis.

Amplía o teu MainWP Dashboard con extensións

MainWP ofrece unha biblioteca crecente de extensións que engaden funcionalidades avanzadas ao teu escritorio de MainWP. Desde os informes para clientes ata a xestión do SEO, as extensións de MainWP proporcionan as ferramentas que necesitas para ofrecer un servizo de primeira aos teus clientes.

Únete á comunidade de MainWP

MainWP é máis ca un plugin: é unha comunidade activa de profesionais de WordPress. Únete ao noso MainWP Users Facebook Group para conectar con outros usuarios, compartir consellos e estar ao día das últimas características e extensións.

Pensado para desenvolvedores

MainWP está feito pensando nos desenvolvedores. Ofrecemos unha documentación extensa, ganchos e unha API para axudarche a crear extensións e integracións personalizadas para a plataforma MainWP. Temos un sitio en MainWP.dev dedicado aos desenvolvedores de MainWP.

Comeza hoxe con MainWP

Toma o control da xestión dos teus sitios de WordPress con MainWP e o plugin MainWP Child. Grazas ás súas potentes características, ás conexións ilimitadas de sitios e á súa interface fácil de usar, MainWP é a opción intelixente para calquera persoa que xestione varios sitios de WordPress.

Aprende máis sobre MainWP

Capturas

Instalación

Como funciona o plugin MainWP Child Instala e activa o plugin MainWP Dashboard nun sitio de WordPress dedicado.

Instala o plugin MainWP Child (este plugin) nos sitios de WordPress que queiras conectar ao teu MainWP Dashboard. Activa o plugin. Segue a Guía de primeiros pasos para conectar os teus sitios ao teu MainWP Dashboard.

Preguntas frecuentes

É necesario o plugin MainWP Child para usar MainWP?

Si, o plugin MainWP Child debe estar instalado en cada sitio de WordPress que queiras conectar ao teu MainWP Dashboard.

Podo ocultar o plugin MainWP Child da administración de WordPress?

Si, podes usar a extensión MainWP White Label para ocultar o plugin MainWP Child da administración de WordPress nos teus sitios conectados.

Como se compara MainWP con ManageWP?

Aínda que MainWP e ManageWP ofrecen características similares, MainWP é autoaloxado e de código aberto, o que proporciona máis control e flexibilidade. Aprende máis sobre as diferenzas entre MainWP e ManageWP.

Como se compara MainWP con WP Umbrella?

Tanto MainWP como WP Umbrella ofrecen características para xestionar varios sitios de WordPress, pero MainWP é autoaloxado e de código aberto, mentres que WP Umbrella é unha plataforma SaaS aloxada nos seus servidores. A arquitectura aberta de MainWP ofrece máis control e flexibilidade. Descubre máis diferenzas entre MainWP e WP Umbrella.

Como se compara MainWP con InfiniteWP?

MainWP e InfiniteWP son solucións autoaloxadas de xestión de WordPress. Porén, MainWP é de código aberto, o que permite revisar e ampliar o código, mentres que o Admin Panel de InfiniteWP non é de código aberto e ofusca o seu código. MainWP tamén ofrece un conxunto completo de características pensadas para axencias e autónomos que xestionan sitios de clientes. Descubre as diferenzas entre MainWP e InfiniteWP.

Como se compara MainWP con WPRemote?

MainWP e WPRemote son solucións de xestión de WordPress, pero diferéncianse no seu enfoque e no seu conxunto de características. MainWP é un plugin autoaloxado e de código aberto que che dá o control total sobre os teus datos e ofrece unha ampla gama de características. WP Remote é un servizo na nube que almacena os teus datos nos seus servidores, o que pode ser un problema para algúns usuarios que dan prioridade á propiedade dos datos, á seguridade e ao RXPD. Aprende máis sobre as diferenzas entre MainWP e WPRemote.

É seguro MainWP?

Si, a seguridade é unha prioridade máxima para MainWP. Seguimos as boas prácticas de seguridade de WordPress e o noso código é de código aberto e está dispoñible para a súa revisión en GitHub. Tamén ofrecemos un programa de recompensas por fallos para fomentar a divulgación responsable de calquera problema de seguridade. Le máis sobre as prácticas de seguridade de MainWP.

Podo contribuír a MainWP?

Por suposto! MainWP é de código aberto e dámoslle a benvida ás contribucións da comunidade. Visita o noso repositorio de GitHub para comezar.

Como podo enviar unha idea para MainWP?

Segue os pasos indicados en MainWP Feature Requests para enviar a túa idea e permitir que a comunidade de MainWP vote por ela.

Onde podo atopar máis información sobre MainWP?

Temos unhas preguntas frecuentes extensas con máis preguntas e respostas aquí.

Onde informo dos fallos de seguridade atopados neste plugin?

Informa dos fallos de seguridade atopados no código fonte do plugin MainWP Child a través do Programa de divulgación de vulnerabilidades de Patchstack. O equipo de Patchstack axudarache coa verificación e a asignación do CVE, e avisará os desenvolvedores deste plugin.

Comentarios

Image
11 de Decembro de 2025
MainWP saves me hours of time every week, very thankful for your awesome plugin.
Image
14 de Xuño de 2024
I installed this plugin on each of the sites I manage to connect them to my self-hosted MainWP Dashboard. Now I can perform updates and monitor my sites from a single location. It saves a bunch of time and it makes management simple and easy.
Ler todas as 70 opinións

Colaboradores e desenvolvedores

“MainWP Child – Conecta de forma segura co MainWP Dashboard para xestionar varios sitios” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.

Colaboradores

“MainWP Child – Conecta de forma segura co MainWP Dashboard para xestionar varios sitios” foi traducido a 20 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.

Traduce “MainWP Child – Conecta de forma segura co MainWP Dashboard para xestionar varios sitios” ao teu idioma.

Interesado no desenvolvemento?

Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.

Rexistro de cambios

6.2.2 – 10-5-2026

  • Security: Hardened serialized data handling during Clone/Restore operations.

6.2.1 – 9-30-2026

  • Fixed: Resolto un problema polo que as actualizacións premium instaladas seguían aparecendo na lista despois de sincronizar o sitio fillo co Escritorio de MainWP.
  • Updated: As solicitudes de actualizacións premium agora devolven os resultados de inmediato para informar do estado de forma máis oportuna.
  • Updated: Ampliouse a guía do Unique Security ID para cubrir a xeración automática, a rexeneración, os métodos de conexión e as actualizacións no Escritorio de MainWP

6.2 – 9-9-2026

  • Engadido: capacidades e operacións da versión 2 para copias de seguridade, contornos de probas, seguridade, exploración de vulnerabilidades, SEO, marca, mantemento, WooCommerce, caché e outras integracións.
  • Engadido: despregamento de arquivos, instalación de plugins e temas, entrega de artefactos, xestión de páxinas, moderación de comentarios, importación de entradas personalizadas e optimización da base de datos máis seguros.
  • Engadido: vistas previas, seguimento do estado, paxinación, reversión, cancelación e xestión de operacións segura ante repeticións para MainWP Abilities.
  • Engadido: System Monitor para a saúde do cron de WordPress, que inclúe comprobacións programadas, execución alternativa e activación manual.
  • Engadido: compatibilidade cos axustes de almacenamento remoto de pCloud na integración con UpdraftPlus.
  • Engadido: identificación opcional da carga útil das peticións asinadas con caducidade e validación dun só uso.
  • Actualizado: mellorouse a compatibilidade con versións antigas de WordPress e dos plugins.

6.1.8 – 8-25-2026

  • Corrixido: agora pódese facer clic nos botóns «Download» e «Hide» do System Report.
  • Corrixido: as actualizacións de temas feitas desde a administración de WP agora rexístranse correctamente en Network Activity.
  • Corrixido: mellorouse a xestión das tarefas de copia de seguridade de BackWPup nas versións modernas e herdadas, incluída a validación, o informe do progreso e as accións de iniciar e deter a copia de seguridade.
  • Actualizado: mellorouse a identificación e a validación das sesións de Clone para unha maior seguridade das sesións.

6.1.7 – 8-18-2026

  • Actualizado: mellorouse o seguimento dos informes de copias de seguridade para BackupBuddy, BackWPup, Time Capsule e UpdraftPlus.
  • Actualizado: a extensión WooCommerce Status agora inclúe as vendas dos sete días anteriores.

6.1.6 – 8-5-2026

  • Corrixido: garantiuse unha xestión coherente do fuso horario nas marcas de tempo das copias de seguridade na integración con BackWPup.
  • Actualizado: mellorouse a xestión de erros e o procesamento das respostas na integración con BackWPup para que as operacións de copia de seguridade sexan máis fiables.

6.1.5 – 7-28-2026

  • Corrixido: corrixiuse o seguimento das relacións en Network Activity para que os valores anteriores dos campos só se rexistren cando existe a entrada relacionada.
  • Actualizado: ampliouse a compatibilidade cos axustes de Wordfence, incluído o rexistro de auditoría, os controis das exploracións, a exploración de IPv4, a detección da IP remota e a configuración de proxies de confianza.

6.1.4 – 7-21-2026

  • Engadido: engadiuse a compatibilidade co plugin FastPixel Cache na característica «Cache Control».
  • Actualizado: mellorouse a xestión das seleccións do límite dos informes para que os valores gardados se procesen de forma máis coherente.

6.1.3 – 7-7-2026

  • Corrixido: mellorouse o filtrado dos rexistros para que os rexistros das tarefas de copia de seguridade de BackWPup inclúan agora de forma máis fiable as tarefas por defecto relevantes.
  • Corrixido: problemas coa detección do estado do plugin WP Staging causados por unha actualización recente do plugin.

6.1.2 – 6-16-2026

  • Actualizado: reforzouse a verificación da conexión de MainWP Child e o comportamento dos axustes nas configuracións sen contrasinal. Se a identificación por contrasinal (Password Authentication) está desactivada, engadir ou volver conectar un sitio agora require o Unique Security ID, tamén cando se usa a API REST de MainWP ou outras automatizacións. Grazas a Khaled Alenazi (Nxploited).

6.1.1 – 6-2-2026

  • Actualizado: mellorouse a limpeza das sesións cando se producen fallos de identificación para garantir un peche de sesión correcto. (Pull Request de Sixela)
  • Actualizado: mellorouse a detección das actualizacións de temas e plugins premium para evitar bloqueos do sistema causados por servidores lentos ou inaccesibles. (Pull Request de Contributolo)

6.1 – 5-26-2026

  • Corrixido: erros tipográficos e incoherencias nas descricións dos eventos de inicio de sesión dos usuarios e nos identificadores das accións para mellorar a claridade e a coherencia nos rexistros de Network Activity.
  • Actualizado: os comentarios marcados como spam agora exclúense correctamente do reconto nos informes e nas métricas de tokens.
  • Actualizado: actualizouse a biblioteca PHPSecLib á última versión.
  • Actualizado: mellorouse a supervisión das comprobacións de saúde de plugins e temas cunha mellor programación das tarefas en segundo plano e a recuperación automática dos eventos programados que non se executaron.

6.0.11 – 5-5-2026

  • Corrixido: o gancho global customize_register deixaba ver problemas da interface herdada do Personalizador.

6.0.10 – 4-28-2026

  • Corrixido: mellorouse a xestión dos prefixos dos espazos de nomes para garantir unha carga máis precisa dos módulos.
  • Actualizado: mellorouse a sincronización en segundo plano para detectar e informar dos plugins e temas desactualizados.

6.0.9 – 4-21-2026

  • Actualizado: melloráronse as entradas de Network Activity para as actualizacións automáticas de WordPress para evitar mostrar «Unknown User» e reflectir mellor as accións de actualización automáticas.

6.0.8 – 4-14-2026

  • Corrixido: engadiuse o método normalize_theme_slug() para xestionar mellor as referencias aos temas e evitar advertencias de PHP ao instalar temas subindo un arquivo ZIP.
  • Actualizado: ampliouse o seguimento de Network Activity para supervisar as actualizacións do núcleo, dos plugins e dos temas xestionadas polas actualizacións automáticas de WordPress.

6.0.7 – 4-7-2026

  • Corrixido: resolveuse un problema polo que a característica Network Activity seguía rexistrando eventos mesmo cando estaba desactivada.
  • Corrixido: conflito co plugin SureFeedback.
  • Engadido: engadiuse unha supervisión detallada da sincronización, con datos de tempo e de execución por chamada, ao Custom Event Monitor.
  • Engadido: engadiuse unha opción para definir un período personalizado de retención dos datos de Network Activity nas bases de datos dos sitios fillos.

6.0.6 – 3-31-2026

  • Corrixido: mellorouse a compatibilidade do tipado estrito das marcas de tempo nas versións máis recentes de PHP.
  • Corrixido: corrixiuse un problema polo que non se respectaba a opción «Do not overwrite Remote Storage settings» da extensión UpdraftPlus nos axustes individuais dos sitios.

6.0.5 – 3-24-2026

  • Corrixido: corrixiuse o momento da recollida dos datos de actualización dos temas para garantir que se usa a información máis recente durante as actualizacións.
  • Corrixido: omítese o rexistro dos eventos de creación de metadatos nas entradas en borrador automático para evitar conflitos co plugin SureFeedback.

6.0.4 – 3-20-2026

  • Seguridade: actualizouse a biblioteca phpseclib para corrixir unha vulnerabilidade divulgada recentemente. O problema non afecta a MainWP nun uso normal.
  • Corrixido: erro fatal ao gardar entradas en Gutenberg se a opción sticky_posts contén datos non válidos.

6.0.3 – 3-17-2026

  • Corrixido: axustes de carga automática para os datos herdados para optimizar o rendemento da base de datos.
  • Corrixido: xestión dos axustes de almacenamento remoto de UpdraftPlus para baleirar correctamente os axustes remotos gardados cando se desactivan explicitamente
  • Actualizado: seguimento da actualización da base de datos con detección automática da versión e mellor xestión da compatibilidade.
  • Actualizado: migración automática dos argumentos herdados das copias de seguridade programadas de BackWPup durante o inicio para que as copias de seguridade programadas existentes sigan executándose despois da actualización.
  • Actualizado: axustouse o momento da verificación do baleirado da caché para coordinala mellor coa inicialización dos plugins de WordPress.
  • Actualizado: mellorouse a funcionalidade de eliminación das programacións de copias de seguridade de UpdraftPlus para unha maior fiabilidade.

6.0.2 – 3-10-2026

  • Corrixido: resolveuse un conflito cun plugin de terceiros causado por unha característica herdada que ocultaba os números de versión dos scripts.
  • Actualizado: mellorouse a lóxica de recuperación dos perfís de usuario para os datos relacionados con Pro Reports.

6.0.1 – 3-3-2026

  • Corrixido: actualizouse a xestión interna dos recursos para mellorar a coherencia nos procesos de rexistro e de posta en cola.
  • Corrixido: substituíronse as funcións de cadeas compatibles con multibyte (mb_strpos, mb_split) polos seus equivalentes estándar (strops, explode) na lóxica de detección do prefixo das táboas da base de datos de WordPress.
  • Corrixido: corrixiuse un conflito co plugin SureFeedback para mellorar a compatibilidade.
  • Corrixido: evitouse a xestión conflitiva da saída durante certas operacións da base de datos para mellorar a estabilidade en contornos onde varios compoñentes xestionan os fluxos de saída.
  • Corrixido: mellorouse o escapado e a xestión segura das cadeas para a tradución para evitar problemas en casos límite en contornos localizados.
  • Actualizado: normalizouse a internacionalización do plugin estandarizando o dominio de texto mainwp-child e engadindo contexto para os tradutores para conseguir traducións máis claras e precisas.
  • Actualizado: o dominio de texto do plugin cárgase antes chamando a localization() desde init_frontend_only() e init_full() para garantir que as traducións estean dispoñibles antes.
  • Desenvolvemento: engadíronse exclusións de PHPCS para as traducións incluídas, converteuse unha sentenza SQL en heredoc nunha cadea concatenada e fixéronse pequenos axustes de lóxica e formato.
  • Eliminado: eliminouse a característica da extensión White Label que permitía ocultar as actualizacións de plugins e temas.
  • Eliminado: eliminouse un arquivo .htaccess sobrante.

6.0 – 2-24-2026

  • Engadido: novas opcións de mantemento para limpar selectivamente os datos transitorios caducados ou eliminar todos os datos transitorios do sitio.
  • Engadido: xestión das políticas de contrasinais para definir e aplicar regras de caducidade dos contrasinais.
  • Engadido: ampliouse a recuperación das entradas para permitir o filtrado por ID para unha sincronización máis específica.
  • Engadido: caché para as entradas personalizadas actualizadas recentemente con invalidación automática cando cambian as entradas, e inclusión dos datos da caché nas cargas útiles de sincronización para mellorar o rendemento.
  • Engadido: compatibilidade coa próxima Patchstack Integration para MainWP.
  • Engadido: compatibilidade coa actualización da característica que permite aos usuarios eliminar plugins activos respectando a secuencia de desactivalos primeiro e eliminalos despois en segundo plano.
  • Engadido: método auxiliar para detectar as páxinas de administración específicas de MainWP.
  • Engadido: creouse unha clase MainWP_Child_Assets dedicada para xestionar a carga dos recursos.
  • Actualizado: mellorouse o procesamento das actualizacións dos plugins para incluír os detalles de compatibilidade con WordPress e PHP tanto nas actualizacións estándar como nas de plugins premium cando as comprobacións de compatibilidade estean dispoñibles.
  • Actualizado: mellorouse a xestión das mensaxes de erro para unha mellor compatibilidade coa integración de PostHog (telemetría de MainWP Dashboard).
  • Actualizado: desactivouse por defecto o seguimento dos eventos de cron no rexistro de Sites Changes para reducir as entradas de rexistro innecesarias.
  • Actualizado: deixouse de analizar o arquivo readme.txt para obter os requisitos de versión e pasouse a lelos do arquivo principal do plugin para unha maior fiabilidade.
  • Actualizado: reestruturación da inicialización do plugin para cargar só o código necesario segundo o contexto da petición actual.
  • Actualizado: atrásase a carga do código específico da administración ata que sexa realmente necesario.
  • Actualizado: implementación da carga condicional dos arquivos CSS e JavaScript só nas páxinas específicas de MainWP.
  • Actualizado: separouse o rexistro dos recursos da súa posta en cola para mellorar o rendemento.
  • Actualizado: optimizouse a carga de jQuery UI para que só se cargue cando sexa necesaria.
  • Corrixido: corrixiuse o gardado dos axustes do plugin Solid Security.
  • Corrixido: varias advertencias e avisos de PHP para garantir un funcionamento máis limpo.
  • Corrixido: faltaba a información do usuario nalgúns obxectos e eventos da característica Sites Changes.
  • Corrixido: un problema coa sincronización de Sites Changes que se producía nalgunhas configuracións de servidor.
  • Corrixido: corrixiuse a imposibilidade do plugin Child de cargar as bibliotecas de jQuery na páxina «Clone/Restore» debido a unha lóxica condicional incorrecta.
  • Corrixido: resolveuse un erro do plugin Child ao intentar cargar recursos que non existen.
  • Desenvolvemento: actualizouse o paquete PHPSecLib á última versión para manter os estándares de seguridade e compatibilidade.

Ver o rexistro de cambios en vídeo

Consulta o rexistro de cambios de todas as versións.