Descrición
Tutor LMS é un plugin LMS para WordPress lixeiro, cheo de características e robusto para crear e vender cursos en liña facilmente. Todas as características deste sistema de xestión da aprendizaxe cumpren todos os requisitos dun mercado de cursos en liña completo.
Podes crear cursos ilimitados, cuestionarios, leccións interactivas e xerar informes, o que fai de Tutor LMS o mellor plugin LMS gratuíto para WordPress. Así, xestionar institucións educativas, cursos en liña ou webs de eLearning é moi sinxelo sen escribir nin unha liña de código.
Tamén podes unirte á nosa comunidade oficial de Facebook para coñecer as últimas novidades e formar parte de Tutor LMS.
Ademais, consulta o noso vídeo de presentación de Tutor LMS:
En definitiva, Tutor LMS é o mellor plugin LMS para WordPress para os afeccionados ao eLearning. Inclúe todas as características básicas que precisarás para crear unha web de eLearning perfecta. Ademais, tamén ten moitos complementos premium para potenciar aínda máis o plugin base! Algúns complementos importantes son Course Builder, Certificate, Social Login, Reports, Content Drip, Assignments, Calendar, etc.
🔥 Consegue Tutor LMS hoxe e crea, personaliza, xestiona e vende cursos en liña de forma eficiente.
O que di a xente:
🙆 «Este LMS ten practicamente todo o que esperarías dun LMS e máis: course builder, leccións, varios tipos de cuestionarios/tarefas, vídeo incrustado, integración con Zoom, escritorio na portada, integracións de pago/WooCommerce e moitos outros grandes complementos. Ofrece unha experiencia áxil e é fácil de usar tanto para administradores como para titores e estudantes. Gran soporte e prezo razoable.» —mariusandersen
🙆 «Levo uns anos usando LMS baseados en WordPress e, tras só unhas semanas, este ten que ser o meu favorito. Esperemos que continúe así.» —terryheick
🌟 Características principais
Estas son as características máis destacadas de Tutor LMS:
🏗️ Course builder avanzado
🧩 Quiz builder avanzado
🎮 Tipos de cuestionarios interactivos
📱 Experiencia tipo aplicación
🛒 Comercio electrónico nativo
📆 Subscricións integradas
🖥️ Tutor LMS AI Studio
📚 Cursos e leccións ilimitados
🎓 Paquetes de cursos
🧒 Modo Kids
🎁 Curso de agasallo
👁️ Vista previa do curso
⏱️ Temporizador de cuestionarios
📝 Intentos de cuestionarios
🗂️ Content Bank
📊 Escritorio individual para estudantes & instrutores
📌 Escritorio personalizado para cada perfil (administradores, instrutores, estudantes)
📽️ Leccións en vídeo
📹 Varias fontes de vídeo (aloxado en local, YouTube, Vimeo, vídeo incrustado, etc.)
✍️ Toma de notas para leccións e vídeos
📅 Content drip
📝 Xestión de leccións
💳 Axustes de monetización centralizados
🛍️ Pago como convidado
💰 Asignación de ingresos e comisións
💸 Varias opcións de retirada
📜 Historial de compras
🎨 Personalización de cursos
📊 Widget de cursos
📝 Formulario de rexistro de instrutores
⭐ Sistema de recensións e puntuación de cursos
💬 Debates & Q&A unificados
🎥 Miniatura de vídeo (tráiler/avance)
🚀 Seguimento e restablecemento do progreso do curso
🌟 Nivel de dificultade do curso
⏳ Establecer a duración do curso
🌐 Mercado de cursos
📋 Engadir requisitos e instrucións do curso
🔦 Modo spotlight
🏗️ Compatibilidade con maquetadores de páxinas
🔐 Seguridade do contido
📈 Analíticas avanzadas e máis
👥 Matrícula manual
📊 Creación de escalas de cualificación personalizadas
🔔 Avisos automáticos
👩🏫 Sistema multiinstrutor
🔐 Funcionalidades de acceso social
📧 Comprobación do correo electrónico
✉️ Editor de modelos de correo electrónico
🔒 Compatibilidade coa identificación da API REST de Tutor LMS
🏆 Certificate builder avanzado de arrastrar e soltar
📜 Comprobación de certificados
👤 Xestión das sesións de acceso activas
📱 Identificación en dous pasos
🛡️ Protección contra fraude
🔄 Preparado para RTL
🌐 Soporte multilingüe
🔏 Cumprimento do RXPD
🌗 Modo claro/escuro
♿️ Accesibilidade
Podes saber máis sobre estas características na nosa web.
Características ampliadas de Tutor LMS
Tutor LMS é a solución perfecta para quen queira crear un sistema de xestión da aprendizaxe completo. Estes son algúns dos usos principais de Tutor LMS:
👨🎨 Creadores individuais
📚 Escolas & academias
🏫 Axencias LMS
💻 Negocios de coaching
🎓 Organizacións sen ánimo de lucro & comunidades
Estas son só algunhas posibilidades! Hai un mundo novo de eLearning por descubrir con este plugin LMS para WordPress.
🎨 DESEÑO MODERNO E UNIFORME
Tutor LMS ten a interface de usuario máis moderna, funcional e uniforme para un plugin LMS. Toda a interface foi redeseñada con afán de perfección. Agora tamén é máis accesible para facilitar as cousas ás persoas con discapacidade.
📒 COURSE BUILDER INTUITIVO
Co course builder de última xeración de Tutor LMS, crear cursos en liña atractivos nunca foi tan fácil. Este avanzado plugin LMS para WordPress permíteche deseñar cursos ilimitados con leccións, cuestionarios, tarefas, vídeos e moito máis ilimitados.
Para centrarte unicamente no proceso de creación de cursos, Tutor LMS tamén che permite ocultar cabeceiras e pés de páxina no course builder co modo spotlight. Así, tanto se es un educador experimentado como se estás a comezar a túa andaina no ensino en liña, este plugin LMS para WordPress ofrécete as ferramentas que precisas para crear experiencias de aprendizaxe interactivas para os teus estudantes.
🧩 QUIZ BUILDER AVANZADO
Crea cuestionarios ilimitados con este plugin de cursos para WordPress. Podes engadir preguntas, establecer o límite de tempo, restrinxir os intentos, establecer notas de aprobado, etc., directamente desde este plugin LMS para WordPress.
Este plugin LMS gratuíto admite varios tipos de cuestionarios. Por exemplo, verdadeiro/falso, resposta múltiple, resposta única, emparellamento, completar os ocos e tipos de cuestionarios interactivos como debuxar imaxe, marcar imaxe, intervalo, crebacabezas e gráfico.
🛒 COMERCIO ELECTRÓNICO NATIVO
Tutor LMS ten a solución de comercio electrónico nativo máis áxil para vender cursos directamente sen depender de plugins de terceiros. Podes ofrecer cupóns, xestionar impostos, xestionar pedidos, ofrecer reembolsos, etc. mediante o comercio electrónico nativo de Tutor LMS. Tamén admite o pago individual e como convidado, e é compatible con pasarelas de pago populares como PayPal, Stripe, Paddle, Mollie, Razorpay, etc.
📆 SUBSCRICIÓNS & MEMBRECÍAS INTEGRADAS
A característica de subscricións integrada de Tutor LMS ofrece un sistema completo para xestionar pagos recorrentes e acceso baseado en membrecías.
Podes crear plans de subscrición flexibles, como mensuais, anuais ou con duracións personalizadas, para controlar como acceden os estudantes aos cursos. As membrecías permiten agrupar cursos ou contido de aprendizaxe nun único plan, o que facilita ofrecer acceso estruturado á aprendizaxe e facturación recorrente.
Tamén admite taxas de matrícula, descontos de tempada e acceso a certificados para subscritores, o que che dá un control total sobre a monetización e a experiencia dos membros.
🖥️ AI STUDIO
Tutor LMS revoluciona a creación de cursos co seu vangardista AI Studio. Esta innovadora ferramenta permite aos instrutores xerar contido de curso de alta calidade, incluíndo esquemas de curso, leccións, cuestionarios, etc. cun esforzo mínimo. Só tes que dar unha indicación e a IA creará contido estruturado e atractivo en segundos.
🎓 MÚLTIPLES MODOS DE APRENDIZAXE
Tutor LMS ofrece dous modos de aprendizaxe adaptados a diferentes tipos de estudantes e necesidades de ensino:
- Modo Modern
- Modo Kids
O modo Modern ofrece a experiencia LMS estándar por defecto para estudantes e instrutores en xeral. Está deseñado para a aprendizaxe en liña estruturada e a funcionalidade completa dos cursos.
O modo Kids ofrece un contorno de aprendizaxe lúdico e máis atractivo para os estudantes máis novos, cunha navegación simplificada e unha interface máis interactiva que axuda a mellorar a concentración.
📚 PAQUETES DE CURSOS
Con Tutor LMS podes vender varios cursos nun paquete de cursos. Os paquetes poden ofrecerse a un prezo con desconto ou estruturarse como unha ruta de aprendizaxe guiada, animando os estudantes a explorar temas complementarios. Esta característica mellora a accesibilidade dos cursos e crea percorridos de aprendizaxe seleccionados e adaptados ás necesidades dos estudantes. Tamén podes ofrecer certificados para os cursos do paquete.
🗂️ CONTENT BANK
Content Bank de Tutor LMS permíteche crear unha biblioteca persoal de leccións, cuestionarios e tarefas reutilizables. Podes organizar facilmente o contido en coleccións, reutilizalo en distintos cursos e supervisar tamén o seu uso. Tamén che permite importar ou exportar coleccións para compartir ou facer copias de seguranza dos teus materiais en varias webs con Tutor LMS.
🎁 CURSO DE AGASALLO
A característica Gift Course de Tutor LMS permite aos usuarios mercar un curso e envialo a outra persoa como agasallo. O destinatario recibe un aviso por correo electrónico cos detalles de acceso ao curso agasallado.
🖥 ESCRITORIO DO ESTUDANTE
Cada estudante e instrutor rexistrado no teu sistema de xestión da aprendizaxe de WordPress terá un escritorio na portada para ver os seus cursos matriculados, o progreso, os resultados, os anuncios, etc.
🧑🏫 MERCADO DE CURSOS
Tutor LMS é o mellor plugin LMS para crear un mercado de cursos. Podes crear cursos e instrutores ilimitados con Tutor LMS. Como administrador, podes revisar os perfís dos instrutores, xestionar os ingresos, establecer taxas de comisión, deducir cargos e moito máis. Os instrutores tamén poden retirar os seus ingresos comodamente mediante transferencia bancaria, PayPal, eCheck, etc.
📹 ADXUNTOS MULTIMEDIA
Mantén motivados os teus estudantes de eLearning con leccións multimedia, leccións interactivas H5P, arquivos SCORM, etc. Tutor LMS é compatible con fontes de vídeo versátiles como Vimeo, YouTube, Bunny Stream, etc.
💬 IMPLICA OS ESTUDANTES CON LECCIÓNS EN DIRECTO
Os instrutores poden realizar sesións de vídeo en directo cos estudantes dentro de Tutor LMS e aumentar a interacción con eles. Poden programar reunións de vídeo en tempo real con Google Meet, Zoom, Jitsi Meet, etc. Só tes que compartir a ligazón da reunión na lección e os estudantes poderán unirse ás túas clases en directo. Durante as leccións en directo, os instrutores poden usar todas as características necesarias para impartir unha clase en directo, como compartir pantalla, Q&A en directo, interacción cara a cara, etc.
💬 Q&A DOS ESTUDANTES
Tutor LMS inclúe unha sección unificada de Q&A dos estudantes onde poden facer preguntas e interactuar cos instrutores nun único espazo organizado.
📝 NOTAS DE LECCIÓN
As notas de lección permiten aos estudantes tomar notas das leccións e dos vídeos mentres aprenden. Os estudantes poden acceder a todas estas notas desde o seu escritorio.
✉️ MARKETING & AUTOMATIZACIÓN POR CORREO ELECTRÓNICO INTEGRADOS
Tutor LMS admite avisos automáticos por correo electrónico para administradores, instrutores e estudantes. Está equipado con máis de 50 disparadores de correo electrónico e numerosos marcadores de posición. Podes usar eses marcadores de posición para enviar correos electrónicos personalizados. Podes usar estes marcadores de posición de correo electrónico de Tutor LMS tanto nos asuntos como no corpo do correo electrónico.
💵 VARIAS FERRAMENTAS DE MONETIZACIÓN DE CURSOS
Podes monetizar os teus cursos de eLearning co comercio electrónico nativo de Tutor LMS. Ademais, este plugin LMS para WordPress é compatible con varios plugins de monetización como WooCommerce, Easy Digital Downloads, Paid Memberships Pro, etc. Estas integracións axúdante a xestionar as vendas de cursos, as subscricións, as comisións e as suscricións de forma eficiente. Tamén podes crear cupóns, xestionar impostos e facer seguimento dos ingresos con informes e analíticas detallados.
🏗️ COMPATIBILIDADE CON MAQUETADORES DE PÁXINAS
Tutor LMS é un plugin versátil de sistema de xestión da aprendizaxe para WordPress compatible con maquetadores de páxinas populares como Kirki, Elementor, Divi, Oxygen Builder, etc. Tamén ten un plugin de complementos para Elementor propio, módulos para Divi, etc.
🛡️ SEGURIDADE DO CONTIDO
Tutor LMS ofrece unha seguridade de contido de primeiro nivel para protexer a túa web de eLearning. Con características como a protección contra copia para evitar duplicacións non autorizadas, a prevención de hotlinking para impedir que sitios externos fagan un mal uso dos teus arquivos e a xestión de sesións de acceso activas, podes supervisar e controlar facilmente o acceso dos usuarios.
Ademais, a comprobación do correo electrónico garante que só os usuarios lexítimos poidan matricularse nos teus cursos. Tamén, Tutor LMS inclúe medidas de seguranza como o reclamo (honeypot) e a integración con reCAPTCHA para evitar bots e spam, a identificación de dous factores para unha maior seguridade de acceso e actualizacións periódicas para corrixir calquera vulnerabilidade. Todas estas sólidas características de seguranza traballan xuntas para protexer o teu contido e converten este no mellor plugin LMS para WordPress en canto a seguridade do contido.
Tamén inclúe compatibilidade co RXPD para axudar a xestionar os datos dos usuarios de forma responsable e cumprir os requisitos de privacidade globais.
🚀 COMPLEMENTOS POTENTES
Este plugin de cursos en liña para WordPress ten moitos complementos avanzados para mellorar a túa plataforma de eLearning. Algúns complementos destacados son Course Bundle, Subscriptions, Content Drip, Certificate, Reports, Social Login, Email, Quiz Export/Import, H5P, Gradebook, Prerequisite, Google Meet, etc.
📅 CONTENT DRIP PARA PROGRAMAR O CONTIDO DO CURSO
A característica Content Drip de Tutor LMS permíteche programar cando se publicará o contido do curso. Isto significa que podes desbloquear leccións, cuestionarios e outros materiais en función de certos requisitos previos ou de datas futuras concretas. Ao dar acceso gradualmente ao contido novo co paso do tempo en lugar de todo á vez, Content Drip axuda a manter os estudantes implicados e motivados.
🧑🏻🏫 COLABORACIÓN DE INSTRUTORES
Co complemento Multi-Instructor de Tutor LMS, varios instrutores poden traballar xuntos nun mesmo curso. Poden colaborar para crear e xestionar as leccións e os cuestionarios dun mesmo curso. Cada instrutor pode facer seguimento do progreso dos estudantes desde a súa propia conta.
📜 CERTIFICATE BUILDER DE ARRASTRAR E SOLTAR
Tutor LMS ofrece un avanzado Certificate Builder de arrastrar e soltar. Podes deseñar un certificado desde cero ou usar un modelo predeseñado. Inclúe varios modelos predeseñados, moitos elementos de deseño, fondos, arquivos multimedia, etc. Ademais, os estudantes tamén poden compartir os seus certificados nas redes sociais para amosar os seus logros educativos.
Os certificados tamén admiten comprobación para garantir a autenticidade e evitar o uso indebido. Calquera persoa pode comprobar os certificados do estudante mediante o ID do certificado. Tamén podes engadir un código QR no certificado para facilitar a comprobación.
🔗 ACCESO SOCIAL CUN SO CLIC
Tutor LMS ofrece acceso cun só clic co complemento Social Login. Os estudantes poden rexistrarse e acceder á túa web de eLearning usando as súas contas existentes de Google, Facebook e X (antes Twitter).
📊 INFORMES ESCLARECEDORES
O complemento Reports de Tutor LMS ofrece datos completos sobre o progreso dos estudantes, o rendemento dos cursos, analíticas e moito máis. Os administradores poden acceder a información detallada sobre cursos, recensións, vendas, datos dos estudantes, datos de ingresos, etc. directamente desde a súa plataforma LMS. Estes informes ofrecen información valiosa sobre a eficacia dos cursos e axudan os instrutores a aplicar estratexias de ensino máis fundamentadas.
🌐 SOPORTE MULTILINGÜE
O plugin de eLearning Tutor LMS ofrece soporte multilingüe usando WPML, Weglot, Loco Translate, TranslatePress, etc. Os cursos multilingües permiten aos estudantes acceder aos cursos no seu idioma preferido.
🛡️ CUMPRIMENTO DO RXPD
Tutor LMS inclúe compatibilidade integrada co RXPD para axudar a xestionar os datos dos usuarios de forma responsable. Permite aos administradores tratar os datos persoais con transparencia e cumprir os requisitos de privacidade en diferentes rexións. Tutor LMS tamén garda un rexistro completo de cando e que estudantes aceptaron os termos legais. Podes seguir facilmente a actividade de cumprimento no teu escritorio e exportar os rexistros de consentimento como arquivos CSV cando o precises.
♿️ ACCESIBILIDADE
Tutor LMS está deseñado cunha accesibilidade mellorada para dar soporte a unha gama máis ampla de estudantes. Mellora a usabilidade en toda a interface, facilitando a navegación e a interacción cos cursos para persoas con diferentes capacidades e necesidades de aprendizaxe.
🎨 TEMAS DE TUTOR LMS
Tutor LMS ofrece temas modernos, rápidos e lixeiros como Pathwise, WellThrive, etc. Así, podes crear cursos profesionais e adaptables e personalizalos con Kirki. Consulta todos os temas dispoñibles na páxina de temas de Tutor LMS.
🔄 MIGRACIÓN DESDE OUTROS LMS
Tutor LMS ofrece unha ferramenta de migración sen complicacións para migrar cursos desde LearnDash, LearnPress e Lifter LMS. Podes transferir sen esforzo todos os datos dos cursos, das vendas, dos estudantes e a información relevante a Tutor LMS para unha transición fluída.
Outras características destacadas
Estas son outras características destacadas deste plugin LMS gratuíto para WordPress.
-
Integración con Google Classroom
-
Integración con Zoom
-
Exportación/importación de cuestionarios
-
Vista previa do curso
-
Adxuntos de cursos
-
Avisos
-
Calendario
-
Compatibilidade con BuddyPress
-
Integración con H5P
Todas estas características de Tutor LMS permiten aos usuarios deseñar un sistema de xestión da aprendizaxe máis potente e diverso.
Capturas























Blocks
Este plugin proporciona 3 bloques.
- Cart Button Display a cart button with item count for Tutor LMS ecommerce
- Instructor Registration Instructor registration form for Tutor LMS
- Student Registration Student registration form for Tutor LMS
Preguntas frecuentes
Tutor LMS é gratuíto?
Si, Tutor LMS está dispoñible de balde cunha ampla gama de características para axudarche a crear e xestionar cursos. Para acceder a características avanzadas adicionais, podes actualizar á versión Pro.
Como vendo cursos con Tutor LMS?
Tutor LMS inclúe un sistema de comercio electrónico nativo que che permitirá vender os teus cursos directamente no teu sitio WordPress. Tamén podes xestionar pagos, descontos e impostos dentro da plataforma.
Podo crear cuestionarios con Tutor LMS?
Si, Tutor LMS ofrece un quiz builder avanzado que che permite crear varios tipos de cuestionarios, incluíndo resposta múltiple, verdadeiro/falso, emparellamento e moito máis. Tamén podes establecer límites de tempo, restrinxir os intentos e definir notas de aprobado.
Podo usar Tutor LMS para sitios de membrecía?
Si, Tutor LMS ten unha característica de subscrición integrada que che permitirá crear plataformas de eLearning baseadas en membrecías.
Podo ofrecer certificacións con Tutor LMS?
Tutor LMS permíteche ofrecer certificados aos teus estudantes ao completar o curso. Podes crear e personalizar o deseño do certificado e incluír información do estudante, detalles do curso e a túa marca co Certificate Builder de Tutor LMS.
Comentarios
Colaboradores e desenvolvedores
“Tutor LMS – solución de eLearning e cursos en liña” é un software de código aberto. As seguintes persoas colaboraron con este plugin.
Colaboradores“Tutor LMS – solución de eLearning e cursos en liña” foi traducido a 40 idiomas. Grazas aos desenvolvedores polas súas contribucións.
Traduce “Tutor LMS – solución de eLearning e cursos en liña” ao teu idioma.
Interesado no desenvolvemento?
Revisa o código, bota unha ollada aorepositorio SVN, ou subscríbete ao log de desenvolvemento por RSS.
Rexistro de cambios
= 4.1.1 – 06 Oct, 2026
Actualización: optimizáronse as consultas SQL para mellorar o rendemento en Pedidos e Analytics.
Corrección: engadiuse a validación de entrada que faltaba na configuración do método de pagamento.
Corrección: engadiuse a validación de entrada que faltaba na configuración do método de retirada.
= 4.1.0 – 29 Sep, 2026
New: Introducida a puntuación negativa e parcial para os cuestionarios. (Pro)
New: Engadido un novo botón de carriño para temas de bloques e clásicos.
Update: Integrouse o WordPress AI Connector con Tutor AI Studio. (Pro)
Update: Mellorouse o rendemento de carga de páxinas no escritorio do instrutor.
Update: Os correos electrónicos de cualificación de cuestionarios agora só se envían despois de completar a avaliación manual. (Pro)
Update: Os estudantes matriculados mediante un paquete de cursos agora matrícúlanse automaticamente cando se engaden novos cursos a ese paquete. (Pro)
Fix: Corrixiuse un erro de integridade de datos ao duplicar cursos. (Pro)
Fix: Corrixiuse un problema polo que o aviso por correo electrónico «New Lesson Added» non se activaba. (Pro)
Fix: Corrixiuse a xeración de imaxes de curso ao usar a conexión de Tutor AI. (Pro)
Fix: Corrixíronse os vídeos de Tutor LMS Player que se cortaban na parte superior en modo horizontal a pantalla completa en Android.
= 4.0.9 – 17 Sep, 2026
Update: Mellorouse o rendemento xeral e reforzáronse as medidas de seguranza.
= 4.0.8 – 10 Sep, 2026
Update: Engadida unha opción para amosar ou ocultar a cabeceira e o pé de páxina no escritorio e na área de aprendizaxe.
Update: Engadidas opcións para subir logotipos separados para os modos claro e escuro.
Update: Engadido un axuste para controlar a visibilidade da imaxe de referencia do cuestionario de crebacabezas. (Pro)
Update: Mellorouse o fluxo de envío de tarefas para os estudantes. (Pro)
Update: Engadidas ligazóns ao curso e á lección asociados nas listas de Q&A da portada.
Update: Mellorouse a paxinación dos cuestionarios e os detalles dos intentos para unha mellor experiencia de navegación.
Update: Optimizáronse as consultas á base de datos do escritorio do instrutor para mellorar a velocidade de carga das páxinas.
Fix: Resolto un problema de pantalla en branco con Google OAuth en modo de incógnito. (Pro)
Fix: Resolto os problemas de renderización de LaTeX nas explicacións das respostas dos cuestionarios.
Fix: Corrixíronse os problemas de visualización de categorías e etiquetas no escritorio do estudante.
Fix: Resolto un problema polo que a opción de resposta 0 do cuestionario non se amosaba na portada.
Fix: Reduciuse o tamaño das imaxes nas vistas dos novos tipos de cuestionario para resolver os problemas de desprazamento interno. (Pro)
Fix: Resolto un problema polo que faltaban os requisitos previos do curso despois de eliminar unha sección. (Pro)
Fix: Resolto un problema de ID de pregunta non válido ao engadir preguntas a un cuestionario existente desde Content Bank. (Pro)
Fix: Resolto un problema polo que a duración da lección non se gardaba nin se actualizaba correctamente.
Fix: Eliminouse o campo de adxunto dos detalles do intento de tarefa onde non debía ser visible. (Pro)
Fix: Resolto o problema de cálculo das notas dos cuestionarios.
= 4.0.7 – 20 Aug, 2026
Fix: Corrixíronse os problemas de creación de cursos causados polo complemento Multi Instructor. (Pro)
= 4.0.6 – 18 Aug, 2026
Update: Mellorouse a compatibilidade con WPML. (Pro)
Fix: Resolto o desaxuste do ID do autor despois de cambiar o autor do curso. (Pro)
Fix: Corrixiuse unha vulnerabilidade de seguranza.
= 4.0.5 – 12 Aug, 2026
Update: Engadida unha opción para volver á páxina de inicio desde o escritorio do estudante en dispositivos móbiles.
Update: Reforzáronse as comprobacións de capacidades dos instrutores para unha mellor seguranza.
Update: Ao cambiar o autor dun curso, agora actualízase a autoría en todo o contido.
Update: Ocultáronse os produtos de curso nos axustes da páxina da tenda ao usar Native Monetization.
Fix: Resolto o erro fatal de PHP causado polos pedidos de renovación de WooCommerce Subscriptions. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema de data incorrecta no selector de data da ampliación do tempo de matrícula. (Pro)
Fix: Resolto o problema de entrega manual de correos electrónicos. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema de URL incorrecta nos correos electrónicos de comprobación OTP. (Pro)
Fix: Resolto o problema do límite de matrícula dos paquetes de cursos. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema polo que cancelar un pedido fallido retiraba o acceso ao curso.
Fix: Resolto o problema que impedía aos coautores ver as tarefas enviadas. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema da vista previa de YouTube nas explicacións das respostas dos cuestionarios.
Fix: Resolta a limitación de visualización que limitaba o carriño e a páxina de pago a 10 produtos.
Fix: Corrixiuse o problema de data de matrícula incorrecta nos rexistros dos cursos. (Pro)
Fix: Resolto o problema de renderización das ecuacións LaTeX nas opcións dos cuestionarios.
= 4.0.4 – 31 July, 2026
Fix: Resolto o problema de compatibilidade co tema escuro no Course Builder.
Fix: Engadido soporte de tradución para algunhas cadeas que antes non se podían traducir.
Fix: Corrixiuse o aviso de actualización incorrecto en Tutor LMS Pro. (Pro)
Fix: Evitouse que aparezan certificados en cursos sen certificado asignado. (Pro)
= 4.0.3 – 24 July, 2026
Fix: Resolto un problema polo que os envíos de cuestionarios fallaban no modo herdado.
Fix: Resolto un problema polo que a resposta correcta se marcaba incorrectamente nos cuestionarios de verdadeiro/falso.
Fix: Resolto un problema polo que o pé de páxina do certificado amosaba «Tutor LMS» en lugar do título do sitio. (Pro)
= 4.0.2 – 22 July, 2026
Update: Engadida compatibilidade con hiperligazóns nos comentarios e nas notas do instrutor
Update: Engadido soporte para URL de vídeo non listados/privados de Vimeo
Update: Actualizouse a UX do cuestionario de ordenación
Update: Amósase o nome completo da lección sen puntos suspensivos na área de aprendizaxe
Fix: Correo de redirección de contrasinal esquecido (Pro)
Fix: Problema ao eliminar cursos desde o escritorio de administración de WordPress
Fix: Non se podía acceder ás leccións bloqueadas desde a barra lateral (Pro)
Fix: Os usuarios podían avanzar aínda que suspenderan un cuestionario no modo secuencial
Fix: Ordenar as preguntas dun cuestionario revela a resposta correcta mediante a numeración predefinida (Pro)
Fix: No modo RTL, a icona do botón Completar curso inviértese co contido – problema de IU
Fix: O administrador non podía matricular manualmente un estudante que xa tiña un rexistro de matrícula caducado. (Pro)
Fix: A descrición da pasarela de pago manual desaparece ao aplicar formato de subliñado.
Fix: Problema da factura nativa de Tutor LMS con Elementor. (Pro)
Fix: Corrixiuse un problema polo que había que volver conectar a licenza para obter actualizacións do produto. (Pro)
Fix: O acceso con Facebook non funciona. (Pro)
Fix: Problema de adaptabilidade dos cuestionarios.
= 4.0.1 – 10 July, 2026
Update: Mellorouse a seguranza do acceso aos cursos mediante as API REST.
Fix: Resolto o problema de carga do vídeo das leccións.
Fix: Resolto un problema que impedía aos estudantes iniciar cuestionarios.
Fix: Engadido o botón de detalles do cuestionario que faltaba en dispositivos móbiles.
Fix: Resolto o erro de PHP provocado polos cupóns de desconto do 100 por cento.
Fix: Restrinxíronse as descargas de certificados cando non hai ningún modelo de certificado seleccionado. (Pro)
= 4.0.0 – 08 July, 2026
New: Experiencia de aprendizaxe do estudante totalmente redeseñada
New: Experiencia móbil tipo aplicación cunha navegación cómoda co polgar
New: 5 novos tipos de cuestionarios: Draw Image, Pin Image, Graph, Puzzle e Range (Pro)
New: Modo Kids cunha interface lúdica e chea de cor
New: Modo claro/escuro cun contraste de accesibilidade mellorado
New: Engadido soporte de accesibilidade para usuarios con discapacidade visual
New: Engadida compatibilidade co RXPD para mellorar o tratamento de datos
New: Escritorio do estudante que amosa dun vistazo leccións en directo, progreso e tarefas
New: Escritorio do instrutor cun resumo de ingresos, estatísticas de cursos e actividade dos estudantes
New: Cambia entre as vistas de instrutor e estudante directamente desde o escritorio
New: Novo Live Lesson Hub (Pro)
New: Novo calendario de cursos con fitos e folla de ruta visual (Pro)
New: Experiencia unificada de debates e Q&A en todos os cursos
New: Notas centralizadas en todas as leccións e vídeos
New: Certificados vinculados ao progreso, con desbloqueo dinámico (Pro)
New: Característica de comprobación de certificados (Pro)
New: Resource Center para PDF e recursos descargables
New: Interface de cuestionarios redeseñada con seguimento detallado e opcións de revisión
New: Vista previa de preguntas engadida ao Quiz Builder
New: AI Studio agora pode xerar preguntas de cuestionario de forma independente
New: Funcionalidade de caducidade dos paquetes de cursos (Pro)
New: Analíticas máis claras sobre participación, progreso e rendemento dos cursos (Pro)
New: Facturación de cursos centralizada con subscricións, historial e renovacións
New: Xestión do perfil con sinatura do certificado e actualización da información persoal
New: Preferencias para a reprodución automática de leccións, descargas, temas e axustes de accesibilidade
New: Microinteraccións con animacións e efectos de son
New: Novos modos de deseño globais: estruturas Modern, Kids e Legacy
New: Lista de historial de pedidos engadida para a monetización con PMPro (Pro)
Update: Melloras de compatibilidade de deseño co tema TutorStarter
Update: Compatibilidade total co tema Twenty Twenty-Five
Update: Mellorouse o soporte de H5P na área de aprendizaxe do estudante
Update: Actualizacións de compatibilidade con WPML (Pro)
Update: Mellor compatibilidade con Yoast SEO e Rank Math SEO
Update: Gradebook amósase agora na área de aprendizaxe (Pro)
Update: Mellorouse a compatibilidade coa tradución
Update: Engadida aos axustes de administración a opción de activar/desactivar as notas de lección
Update: Mellorouse a funcionalidade xeral das tarefas, con máis refinamentos da IU (Pro)
Update: Mellorouse a vista previa dos intentos de cuestionario do instrutor para unha mellor usabilidade
Update: A data de caducidade da subscrición amósase agora nas matrículas de WooCommerce Subscription (Pro)
Update: Content Bank é agora compatible con todos os novos tipos de preguntas de cuestionario (Pro)
Update: Mellorouse a navegación da lista de avisos (Pro)
Update: Mellorouse a sección Live Class da páxina de inicio
Update: Mellorouse a compatibilidade cos temas nas páxinas e estruturas de Tutor LMS
Update: Mellorouse a coherencia do escritorio e da área de aprendizaxe cos temas predeterminados do sistema
Update: Mellorouse a experiencia de acceso e a IU da ventá emerxente de acceso social
= 3.9.15 – Jul 06, 2026
Update: Mellorouse a seguranza das solicitudes da API REST.
= 3.9.14 – Jun 29, 2026
Update: Mellorouse a compatibilidade coa páxina de pago de WooCommerce baseada en bloques.
Fix: Engadida validación para garantir que os importes de retirada non superen o saldo de pago dispoñible. (Pro)
= 3.9.13 – Jun 17, 2026
Update: Corrixíronse varias vulnerabilidades de seguranza.
= 3.9.12 – Jun 09, 2026
Update: Engadida compatibilidade con PHP 8.5
Update: Engadida compatibilidade con WordPress 7.0
Update: Corrixíronse varias vulnerabilidades de seguranza.
= 3.9.11 – May 20, 2026
Update: Mellorouse a compatibilidade cos temas de Tutor LMS.
= 3.9.10 – Apr 29, 2026
Update: Melloráronse as comprobacións de permisos de usuario para reforzar a seguranza.
Fix: Resolto un problema polo que non se conservaban os saltos de liña no texto de preguntas e respostas creado mediante a API. (Pro)
= 3.9.9 – Apr 13, 2026
Update: Actualizáronse as ventás emerxentes e as iconas de Tutor LMS para un mellor soporte de accesibilidade WCAG 2.
Update: Engadida á páxina de rexistro unha caixa de verificación de aceptación dos termos e condicións.
Update: Reforzouse a seguranza do proceso de pago do comercio electrónico.
Fix: Resolta unha vulnerabilidade de inxección SQL na páxina da lista de instrutores.
Fix: Resolto o problema do estado pendente de Stripe en pagos diferidos. (Pro)
= 3.9.8 – Apr 01, 2026
Update: Engadida unha comprobación de autorización adecuada ao actualizar as leccións.
Update: Reforzáronse as consultas SQL en varias operacións de eliminación e actualización.
Update: Mellorouse a seguranza na busca de intentos de cuestionario evitando a inxección SQL.
Fix: Corrixiuse a matrícula en cursos privados mediante AJAX sen a validación adecuada.
Fix: Resolto o problema de sobrescritura do perfil de facturación no comercio electrónico nativo de Tutor LMS.
Fix: Substituíuse wp_remote_get por wp_safe_remote_get para unha importación de cursos con arquivos multimedia máis segura.
= 3.9.7 – Feb 25, 2026
Fix: Resolvéronse vulnerabilidades de seguranza de inxección SQL para reforzar a seguranza do sistema.
Fix: Corrixiuse un problema polo que os pedidos de Stripe se cancelaban automaticamente en certos casos.
= 3.9.6 – Jan 28, 2026
Update: Eliminouse a opción de carga automática de «email_template_data» para mellorar o rendemento de carga do sitio. (Pro)
Fix: O contido de cursos editado con Divi agora pode revertirse ao seu contido orixinal desde Tutor Course Builder.
Fix: Mellorouse a comprobación do correo electrónico do usuario validando o token durante o acceso con Google. (Pro)
Fix: Reforzouse a seguranza da xeración da ligazón de comprobación do correo electrónico. (Pro)
Fix: Engadida unha comprobación de capacidade na solicitude AJAX dos detalles do cupón.
Fix: Restrinxiuse que os instrutores eliminen cursos creados por outros administradores ou instrutores. (Pro)
Fix: Mellorouse a compatibilidade con WPML. (Pro)
= 3.9.5 – Jan 08, 2025
New: Engadido un botón de descarga de certificados para administradores e instrutores. (Pro)
Update: Engadida compatibilidade con PHP 8.4
Update: Os instrutores poden eliminar coinstrutores dos seus propios cursos. (Pro)
Update: Varias melloras e correccións na funcionalidade de curso de agasallo. (Pro)
Fix: Corrixíronse problemas de seguranza.
Fix: Os usuarios agora poden volver intentar o pago tras unha transacción fallida. (Pro)
Fix: Os filtros xa non deixan de funcionar cando se desactiva o filtro de categorías na páxina da lista de cursos.
Fix: Corrixiuse o conflito de estilo do selector de datas con a IU do selector de datas de cupóns de WooCommerce.
Fix: O reconto de valoracións sen publicar xa non aparece na páxina de detalles do curso.
Fix: Engadidas á lista despregable da páxina de pago algunhas cidades de España que faltaban.
Fix: As mensaxes de curso de agasallo agora admiten caracteres especiais. (Pro)
= 3.9.4 – Dec 18, 2025
Update: Compatibilidade con WordPress 6.9
Fix: Vulnerabilidades de seguranza
= 3.9.3 – Nov 27, 2025
Fix: Xerábanse notas automaticamente para todos os cuestionarios despois de que un estudante intentase calquera cuestionario. (Pro)
Fix: A matrícula automática non funcionaba cando os usuarios se matriculaban en cursos cancelados.
Fix: Amosábase unha lista incorrecta de instrutores ao usar o shortcode de instrutores.
Fix: A opción de descarga de certificados aparecía en cursos que non ofrecen certificados. (Pro)
Fix: Contido de correo electrónico incorrecto no disparador de avaliación de tarefas. (Pro)
= 3.9.2 – Nov 10, 2025
New: Engadido soporte de opción de pago para a matrícula manual na monetización nativa. (Pro)
Update: Mellorouse o modo estrito: agora bloquéase a finalización do curso se se suspende algunha tarefa. (Pro)
Fix: Resolto o conflito entre Limit Active Login Sessions e o pago como convidado de WooCommerce. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema do reprodutor de vídeo en dispositivos móbiles.
Fix: Corrixiuse un problema polo que os correos electrónicos de finalización de curso se enviaban ao usuario equivocado. (Pro)
Fix: Corrixiuse o erro de PHP en sitios que nunca usaron WooCommerce para a monetización.
Fix: Resolto o problema que amosaba código HTML sen procesar na matrícula manual de WooCommerce. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema de visualización polo que os cursos con varias opcións de compra amosaban Engadir ao carriño en lugar de Ver detalles. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema de importación de cuestionarios. (Pro)
Fix: Resolto o problema de redirección 404 de WPML en certos escenarios. (Pro)
= 3.9.1 – Oct 23, 2025
Fix: Resolto o problema de non carga dos vídeos de BunnyNet.
Fix: Resolto o problema de acceso denegado aos intentos de cuestionario.
Fix: Resolto que a busca de tarefas non funcionaba. (Pro)
= 3.9.0 – Oct 22, 2025
New: Presentamos a toma de notas de leccións & vídeos. (Pro)
New: Compatibilidade de certificados para paquetes de cursos. (Pro)
New: Permítese a administradores e instrutores restablecer o progreso do curso de estudantes individuais. (Pro)
Fix: Problema de RTL no popover.
Fix: Os detalles da tarefa non se amosaban na páxina de inicio/actualización da tarefa. (Pro)
Fix: Corrixiuse o problema da lista despregable en cursos programados na portada.
Fix: Advertencia amosada despois de que un estudante intente un cuestionario importado.
Fix: Corrixíronse os problemas de seguranza.
= 3.8.3 – Sep 30, 2025
Update: Mellorouse a integración de Tutor LMS x Droip para unha mellor compatibilidade e rendemento.
Fix: Erro fatal de PHP na pantalla de vista previa do correo electrónico de WooCommerce.
= 3.8.2 – Sep 25, 2025
New: Introducida a funcionalidade de reenvío de tarefas. (Pro)
New: Engadida unha opción para desactivar a característica de lista de desexos dos cursos.
New: Introducida a fase 2 da integración de Tutor LMS x Droip.
Update: Os estudantes e instrutores agora poden actualizar os seus enderezos de correo electrónico desde os axustes do perfil na portada. (Pro)
Fix: Resolto o envío de correo electrónico incorrecto na renovación de subscricións de WooCommerce. (Pro)
Fix: O produto de paquete de cursos tomaba por defecto o tipo físico en lugar de virtual en WooCommerce. (Pro)
Fix: Resolto o problema de renderización das ecuacións LaTeX.
Fix: Corrixiuse o cálculo da nota total do cuestionario en función da nota final.
Fix: Corrixiuse a barra invertida que aparecía no nome autorizado do certificado. (Pro)
Fix: Ocultouse o botón de curso de agasallo para as subscricións de WooCommerce. (Pro)
= 3.8.1 – Sep 17, 2025
Update: Os administradores agora poden exportar cursos con datos de usuarios, incluídos detalles dos estudantes, progreso do curso, recensións, pedidos, subscricións, etc. (Pro)
Fix: Resolto o problema do tempo de espera dos cuestionarios nos tipos compatibles.
Fix: O pago como convidado agora rexistra correctamente o nome e os apelidos dos estudantes. (Pro)
Fix: A importación de cursos agora inclúe correctamente os cursos programados e o reconto de tarefas. (Pro)
Fix: Resolto o problema do slug do escritorio ao usar o plugin WPML. (Pro)
= 3.8.0 – Sep 04, 2025
New: Gift Course: os usuarios agora poden enviar cursos como agasallo a outras persoas. (Pro)
New: Mellorada a organización do menú de WP Admin para facilitar a navegación.
New: Soporte de matrícula manual para cursos de subscrición e paquetes de cursos. (Pro)
Update: O filtro de tarefas agora filtra con precisión os datos polas datas de inicio e fin seleccionadas. (Pro)
Update: Mellorouse a experiencia de Content Bank para os instrutores. (Pro)
Update: Mellorouse a explicación dos cuestionarios.
Update: Engadida unha opción para activar ou desactivar os plans de subscrición de cursos e paquetes. (Pro)
Update: Optimizouse o proceso de descarga de certificados en PDF. (Pro)
Fix: Os cursos de pago podían establecerse por erro como públicos.
Fix: Calculábase un imposto incorrecto durante a matrícula manual. (Pro)
Fix: O reconto de temas non se amosaba na páxina de cursos da administración cando non se engadira contido.
Fix: Os estudantes podían acceder aos cursos mesmo despois de caducar unha data de ampliación personalizada. (Pro)
Fix: O filtro de curso preferido non aparecía cando o filtro de cursos estaba activado.
Fix: A vista previa da lección desactivábase despois de editar co editor de WordPress. (Pro)
= 3.7.4 – Aug 22, 2025
Fix: Resolvéronse os problemas de deseño ao usar idiomas de sitio RTL
= 3.7.3 – Aug 20, 2025
Update: Mellorouse a compatibilidade con WPML (Pro)
Fix: Corrixiuse un problema polo que os cursos públicos podían establecerse incorrectamente como de pago
Fix: Os usuarios co perfil de editor non podían ver as vistas previas das entradas
Fix: O temporizador do cuestionario detíñase cando os usuarios estaban inactivos ou cambiaban de pestana
Fix: Era posible enviar cuestionarios mesmo despois de caducar o temporizador
Fix: O calendario amosaba datas incorrectas ao acceder desde distintos fusos horarios (Pro)
Fix: As reunións e tarefas con data futura non se amosaban no calendario (Pro)
Fix: Os usuarios non podían acceder ás subscricións baseadas en paquetes (Pro)
Fix: Faltaban entradas no CSV do historial de compras de WooCommerce
= 3.7.2 – Aug 11, 2025
Update: Engadida compatibilidade co pago como convidado para os temas de Tutor ao usar a monetización de WooCommerce.
Update: Engadida compatibilidade co pago como convidado para os temas de Tutor ao usar a monetización nativa. (Pro)
Fix: Resolvéronse os problemas do carriño de cursos nos temas de Tutor coa monetización de WooCommerce.
Fix: Corrixiuse un erro de PHP no editor de correos electrónicos manuais. (Pro)
= 3.7.1 – Aug 05, 2025
Update: Importa sen complicacións o contido de cursos existente a Content Bank (Pro).
Update: As subscricións canceladas agora seguirán activas ata o final do seu ciclo de facturación (Pro).
Update: Os administradores agora poden engadir ou eliminar cursos dun paquete de cursos en calquera momento (Pro).
Update: As regras de requisitos previos agora aplícanse dentro dun paquete se se inclúe o curso requirido (Pro).
Update: Mellorouse a compatibilidade con WPML para un mellor soporte multilingüe (Pro).
Update: Implementáronse varias melloras de seguranza para unha mellor protección de datos.
Update: Mellorouse o rendemento da ordenación do contido dos cursos no course builder.
Fix: As valoracións sen publicar amosábanse incorrectamente nos perfís dos instrutores.
Fix: Mellorouse a compatibilidade con LaTeX nas leccións e tarefas.
Fix: Resolto un erro fatal que se producía durante o rexistro de estudantes.
Fix: Os vídeos incrustados agora poden engadirse correctamente mediante a API REST de leccións.
Fix: As preguntas abertas e de resposta curta faltaban nos arquivos de exportación (Pro).
Fix: O course builder agora admite valores decimais no prezo dos cursos.
= 3.7.0 – Jul 22, 2025
New: Content Bank: garda e reutiliza leccións, preguntas e tarefas en varios cursos. (Pro)
New: Opción para personalizar o tamaño do papel do certificado. (Pro)
New: Engadido un novo disparador de correo electrónico para os envíos posteriores á revisión. (Pro)
New: Engadido control de recadación de impostos tanto para cursos individuais como para plans de subscrición. (Pro)
Update: Aplicouse un sistema de deseño unificado aos compoñentes de listaxe e filtrado das páxinas de administración.
Update: O nome completo do usuario agora aparece nos correos electrónicos de restablecemento de contrasinal en lugar do nome de usuario/acceso.
Fix: Erro fatal de PHP ao crear unha tarefa sen límite de tempo en idiomas distintos do inglés. (Pro)
Fix: As edicións de preguntas de resposta múltiple non se gardaban correctamente e amosaban datos desactualizados.
Fix: A importación fallaba cando o tamaño do arquivo superaba o límite máximo de subida do servidor. (Pro)
Fix: O marcador de posición {instructor_feedback} non se renderizaba tras o envío dos comentarios do cuestionario.
Fix: Os pagos en dólares taiwaneses fallaban por un erro de cambio de moeda
