Trusted

O tema de WordPress Trusted é sinxelo pero elegante, cun deseño totalmente adaptable. Foi deseñado para ser moderno e fresco e é axeitado para moitos tipos de web, blog ou tenda en liña. Está deseñado para integrarse co plugin WooCommerce e dar ao teu sitio un escaparate atractivo. As cores pódense cambiar no Personalizador e previsualizarse rapidamente en tempo real. A cabeceira ten estilos escuro e claro e inclúe o número de teléfono, así como conta/acceso/rexistro de WooCommerce e carriño da compra. A páxina de inicio estática inclúe 3 (tres) servizos destacados con selección de iconas, pestanas de WooCommerce para mostrar os teus produtos e un panel de teléfono/chamada á acción de ancho completo. Tamén hai un modelo de páxina Blank Canvas sen título de páxina nin barra lateral, que contén só a cabeceira principal e o pé de páxina, ideal para usar con plugins maquetadores de páxinas. O tema Trusted tamén ten 9 (nove) áreas de widgets, incluídas 4 (catro) barras laterais distintas para blog, páxina, páxina de inicio e tenda. Outras áreas de widgets permiten engadir o teu propio contido á barra superior, a 3 (tres) columnas do pé de páxina e a unha área extra central do pé de páxina. Tamén é compatible cun menú de navegación principal e un menú do pé de páxina que admite iconas/ligazóns de redes sociais.
Características
Descargas diarias
Instalacións activas: 1.000+
Valoracións
Soporte
Tes algo que dicir? Precisas axuda?
Informar
Ten este tema problemas importantes?