Mostrar mensagens com a etiqueta nenos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta nenos. Mostrar todas as mensagens

04/07/2014

Lego

Chegoume ao correo unha campaña de Greenpeace para reclamarlle á empresa LEGO que deixe de promocionar nos seus xoguetes a imaxe da petroleira Shell, a causa dos proxectos de prospección no Ártico. Como se o de Shell non viñese de atrás, co mangoneo que se trae en África Occidental, por exemplo.

O motivo deste post, porén, é outro. LEGO non é o que era. Fiquei horrorizada este Nadal, cando procuraba agasallos para a familia. Os seus produtos favorecen cada vez mais o sexismo, con kits de castelos/princesas en caixas rosa para as nenas, kits de exploradores e bombeiros para os nenos, en caixas azuis. Mirando a sua web o primeiro que destacan son as comercialadas baseadas en películas e videoxogos de imaxe propietaria, instando ao consumismo. Nada que eu queira fomentar nas próximas xeracións.
Image

Image



09/04/2007

Madame d'Aulnoy

ImageXa que a cousa ía de contos, confeso a miña sorte por ser lectora desde noviña da brillantísima rival de Perrault, a baronesa de Aulnoy, de quen a obra mais coñecida por aquí é "O paxaro azul", cunha fermosa e aguerrida princesa que terá que superar con valentía e intelixencia moitos atrancos ata resgatar ao seu pobre príncipe.

(10/03/07) Edito para mudar a imaxe xa que foi redireccionada a que escollera.

03/04/2007

Lecturas e lectoras

ImageAs reflexións sisudas que ando a ver polo blogomillo ultimamente oriéntanse bastante respecto ao tema do feminismo e/ou das relacións co "outro". No "Álbum de Mulleres" do Consello da Cultura Galega, o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil fixeron unha escolma de artigos que titularon "De nenas e de libros". Nun deles Maria Raimóndez explica que foi o sexismo presente nas súas lecturas unha das razóns que a puxou a escribir historias nas que as nenas e mulleres tivesen un rol mais activo.
Quédame moi atrás a miña prehistoria (a miña vida anterior ao acceso á palabra escrita). Das obras para nenos que lin xa mais criadiña (9-10 anos) e con liberdade para escoller as miñas lecturas, só lembro como especialmente machistas as noveliñas da prolífica Enid Blyton (aínda agora me producen escándalo). En cambio na literatura clásica infantil, nunca cansarei de recomendar e agasallar "O Meigo de Oz" de Frank Baum, o meu grande favorito de todos os tempos (que me perdoen Lewis Carroll e Raíña Vermella), protagonizado esencialmene por mulleres (de feito a única personaxe masculina, o meigo, resulta ser unha fraude!).