Mostrar mensagens com a etiqueta todos. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta todos. Mostrar todas as mensagens
quinta-feira, 21 de junho de 2007

eu?

Image
el tamén son eu.

porque inevitablemente eu non son eu. eu son silvio falcón, eu son elos, eu son anguita, eu son manola, eu son ti, eu son elas, eu son todos agás eu mesma.

cantas veces escoitei nos meus beizos as verbas coas que non estaba dacordo o outro día? cantas veces a miña opinión era a túa de hai dous meses? cantas veces estaba falando do tema marcado polos políticos de turno?

eu son manola, sendo uxía. eu son fraga, sendo beiras. eu son stalin, sendo el che guevara. eu son moisés, sendo hitler. eu son bin laden, sendo bush.

non estou feita nada máis do que me rodea, do que me dá o pensamento que eu creo libre, que me pon na man o voto que non deposito na urna, que che fai dano cando te ama.

Imagea labazada que recibo de ti. o grito que lle dou á nena. a bala que escacha a cabeza dun neno africano. o odio que se profesan os de hamás e os de al fatah, e viceversa. o voto caciquil para o alcalde de sempre. todo iso son eu. e tamén ti. pero sobre todo, eu.

dóeme. por iso o esquezo. non me gusta. por iso o odio. quero afastalo. por iso sempre seguirá aí.

o día que eu sexa eu, sendo ti quen es ti, e el sendo el; ese día seremos civilizados, seremos unha sociedade intelixente, poderemos vivir.

mentras tanto, morremos sen saber quen somos.
domingo, 22 de abril de 2007

Todos xuntos

ImageTodos xuntos é a maneira mais efectiva de acadar uns obxectivos. Durante moitos anos, baixo a influencia das ideas liberais de Adam Smith, dábase por probado que se cada individuo competía e procuraba o mellor para sí, a sociedade obtiña tamén o seu mellor.

No filme A Beautiful Mind, que narra parte da vida do matemático John Nash, hai un momento no que se explica de maneira sinxela, e talvez un pouco machista, que o vello Adam Smith andaba algo errado. Tres rapaces e catro raparigas -unha loira e as súas tres amigas morenas- encóntranse nun salón de billar. A loira é a mais feitiña e todos os rapaces desexan en principio competir por gañarse a súa atención. Nash apórtalles unha solución mais interesante: se todos competisen pola loira só un tería éxito, mentres que se decidisen colaborar renunciando á loira e facerlle a beira cada un a unha morena o éxito sería máis probábel.

Cada fin de semana vense modestos equipos de fútbol nos que o ego dos futbolistas desaparece e flúen no partido para acadar bos resultados mentres noutras bandas de vedettes de calzón curto o xogo resulta mediocre. Das moitas cantigas anónimas e o folk ate as comunidades de software libre de hoxe pódense encontrar milleiros de casos de éxito colectivo colaborativo onde se puxo o ben común por riba do particular. Así debería ser tamén coa xestión do solo urbano.

Na outra banda, o exceso de competitividade e individualismo egoísta tamén ten mostrado os seus tráxicos estragos no Xapón, cunha elevada taxa de suicidos en adolescentes, e, en xeral, en todo o Ocidente, onde psicoterapeutas, autores de manuais de autoaxuda e falabaratos fan o seu agosto tentando de acalmar a ansiedade. Inflúe moito como nos ensinen de pequenos.