Páxinas

Amosando publicacións coa etiqueta Disparates. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Disparates. Amosar todas as publicacións

2008/12/20

Algo de sentidiño aínda queda

ImageDurante meses esta imaxe proclamou na Selva a denuncia contra o intento dos gobernos europeos de impoñer unha xornada laboral que viría reducir drasticamente o tempo de lecer dos traballadores e traballadoras condenándoos aínda máis a unha vida dedicada case en exclusiva ao mantemento dun sistema económico baseado no consumo desmesurado cunha repartición da riqueza absolutamente inxusta. Dentro deste contexto, alégrame gardar a imaxe porque, algo de sentidiño aínda queda, e esta semana o Parlameno europeo por maioría rexeitou esa reforma laboral.

2008/11/02

Que non cale, que fale

ImageQue fale e non agache, a transparencia a longo prazo nunca pode ser negativa. A verdade hai que afrontala e se non é a que queremos deberemos tomar as medidas necesarias para modificala. Agachar os problemas nunca foi boa solución.

Oféndeme tanto papanatismo monárquico, os medios sementan tal Alzheimer social que de aquí a nada a poboación non vai lembrar máis aló do que aconteceu a fin de semana pasada nas carreiras. Xa esquecemos que a presenza destes monarcas nas nosas vidas obedece á vontade dun ditador de extrema dereita? Xa se nos borrou da mente que Juan Carlos está onde está porque aceptou o réxime franquista enfrontándose ao seu propio pai?

Non, non, que a raíña fale, que fale, que exprese as súas ideas:

- Non ao matrimonio de homosexuais e lesbianas.
- Non ao aborto.
- Non a informar sobre a violencia machista.
- Non á eutanasia.
- Si á relixión nos colexios.

Que fale, que así me permite manter argumentadamente que, por todo o anterior, non creo que deba/poida representarme en ningún foro.

2008/09/28

Estévez / Lama conclusións selváticas con adaptación de nivel

ImageConclusións selváticas para Primaria:
- Un libro é unha cousa con páxinas de papel, e se non ten páxinas de papel non é un libro.
- Xoga cos amigos no patio porque se vén outro doutro cole e che pega os teus amigos te han defender.
Conclusións selváticas para Secundaria:
- O que che din teus pais é certo, en Internet todo é mentira, os libros tamén.
- Se es un adolescente con tendencia a illarte no teu cuarto todo o día enganchado no ordenador procura ter unha boa listaxe de contactos na túa rede social.
Conclusións selváticas para Bacharelato:
- Moita da literatura galega actual está vinculada á rede pero ti nin caso, os autores que publican blogs non caen nas probas de acceso, aí só se tratan cousas serias.
- O linchamento non é unha práctica social aceptada aínda que se trate do mozo que che puxo os cornos coa túa mellor amiga.
Conclusións selváticas para blogueir@s:
- Eduardo Estévez é o autor do libro que máis lle gustou ao xurado.
- Xavier Lama presentou unha reclamación nun exercicio lexítimo dos seus dereitos.
- O xurado actuou en ambas as dúas ocasións de boa fe.
- O moralmente correcto e o legal neste caso non coinciden.
- Sendo imposible coñecer a diferenza entre editado e inédito, ao mellor sería máis práctico de agora en diante acudir ao concepto de público fronte a descoñecido. De seguro que existen libros de poesía galega editados e publicados moito menos coñecidos que o blog de Estévez, mesmo antes da polémica.
- O blogomillo pode derivar en poderoso lobby cultural.
- A mellor publicidade para un poemario é que lle concedan un premio e logo llo retiren, para proba algunhas das referencias ao tema:

Dos protas:
Eduardo Estévez
Xavier Lama

D@s outr@s:
Alfredo Ferreiro
Danilo
Francisco Castro
Ghanito
Igor Lugrís
Jaureguizar
Juán L. Blanco Valdés
Lándoas
Manuel Bragado
Marcos S. Calveiro
María Lado
Mario
Séchu Sende
Susarins
Vieiros
Xosé Manuel Eyré

2008/03/25

O meme das alegrías

ImageCando L.Q.B. tivo a ben convidarme a participar no seu orixinal meme sobre coñecementos bíblicos ou, dito doutro xeito, con que cinco blogueir@s farías alegrías durante unha noite toda, primeiro foi aquilo, máis tarde iso, para seguir con esta brincadeira que debeu ser ben mala. E o caso é que despois das santas xornadas a cousa acabou neste post que me resultou bastante divertido e que espero non ofenda os aludidos. Aí vai a miña listaxe dos 5 nomes, nesta ocasión candidatos, en orde alfabética:
Cabrafanada – entre outras cousas, por isto (sen máis comentarios).
Kaplan – polo cine, as palabras, Kavafis e o que subxace.
O Pitiño – polas súas piadas (aínda na ausencia).
Suso Bahamonde – porque o sexo sempre me pareceu unha forma interesante de baixar aos infernos.
Torreira – porque nunca tiven ocasión de probar o LK mentres, e teño a certeza de que sería unha moi agradable experiencia.
Non vou convidar a ninguén explicitamente a seguir este meme, xa que non está no meu ánimo violentar a ningún dos visitantes desta súa selva; agora ben, saiban todos e todas que quedan formalmente invitados a espallar este exercicio de fresco descaro.

2008/03/04

Debate eleccións xerais 2008

ImageO de hoxe foi un debate electoral diferente, estiven no Blog dos Pelachos nun chat mentres se desenvolvía o programa, foi divertido e desde logo fixo a experiencia moito máis levadeira. Parabéns a Leco pola iniciativa.

2008/02/19

CÓNTALLO A CARREFOUR

Segundo denuncia A Mesa, un xefe de sección do Carrefour de Alfonso Molina na Coruña díxolle lindezas coma esta a unha empregada referíndose ao emprego do galego por parte dela:

"Burra, no hables lenguas menores"

De seguro que estas palabriñas non te deixaron indiferente. Pois xa sabes, non quedes coas ganas,

2008/02/09

Dereitos Humanos

Amnistía Internacional: El Poder de tu Voz
Vídeo enviado por Razorbuzz

Seica este anuncio de Amnistía Internacional non pode ser emitido nas televisións do estado español porque é considerado propaganda política polo Ministerio de Industria. Menos mal que na Selva as propagandas de causas xustas sempre son benvidas.

Vía Brétemas.

2007/12/09

Problema matemático

Image(Marco o 091)
Ao outro lado - Boas noites, 091, dígame.
Eu - Boas noites, mire chamo desde XXX e necesito...
Ao outro lado - Mire, é que este é o número da policía de YYY, tería que chamar á policía de XXX.
Eu - Ah, desculpe, non o sabía, podería darme o teléfono da policía de XXX.
Ao outro lado - Pois agora mesmo non o teño pero mire por aí se pasa alguén que llo han de saber dicir.
Eu - Grazas e boas noites.
Ao outro lado - De nada, boas noites.

(Marco o 112)
Ao outro lado - Boas noites, urxencias Galicia.
Eu - Boas noites, poderían darme o teléfono da policía de XXX.
Ao outro lado - Si, ten para tomar nota? ...
  • Calcula en forma de potencia a paciencia de Eu tendo en conta que XXX é unha localidade pertencente á área metropolitana de YYY.
[Fotografía de visualpanic]

2007/11/25

2007/11/18

Xustiza para Leriasaparte

ImageVía Brétemas chego a Amúo, o blog de Leriasaparte, unha persoa coa que, polo que conta, se está a cometer unha grave inxustiza.
Visiten o seu blog e lean a súa historia, é moi breve e concretiña.
Desde a Selva pido xustiza para Leriasaparte, porque coas cousas de comer non se xoga.

2007/10/23

Aduaneiros / Yolanda

ImageBen sei que o tema vai xa vello, pero se non digo nada...
Vaia por diante que só son espectadora mediática dun asunto que nun principio produciu en min sorriso por disparatado mais que agora xa só consegue poñerme de mal humor por ridículo comunitario.
Un par de ideas:
- Sexa ou non a forma máis acertada de facer as cousas, nun estado de dereito non se pode censurar a ninguén por se intentar defender lexitimamente usando a lei (e isto, que eu saiba, aínda non aconteceu, e como se así fose).
- Considero que a aparición de comentarios irrespetuosos de carácter anónimo nun blog non debería ser responsabilidade dos seus autores, agora ben, si creo que é a súa responsabilidade o mantemento deses comentarios. Non se pode consentir que baixo o anonimato da rede se fagan todo tipo de acusacións (e xa non falo agora do caso que nos ocupa) sen ningún tipo de responsabilidade.
- O deseño das mariquiñas encantoume, paréceme precioso, ocorrente e elegante. Se fose Yolanda agradeceríalles a publicidade gratuíta.
- Ser unha "poetisa estrela" ten as súas vantaxes e os seus inconvenientes, cría que os segundos xa os tiña superados a estas alturas alguén coa traxectoria mediática de Yolanda Castaño.
Como ben di o noso superpremiado Rubén Ruibal este país é abondo pequeno como para que non sexan necesarios avogados para atoparse se hai boa vontade, mentres, o circo vai como vai.
Amañen as cousas e fágannos felices :D

2007/07/22

Cousas veredes

ImageNunca merquei esta publicación.
Se o poder xudicial non tivese secuestrado a edición nunca coñecería esa viñeta.
A obra en cuestión non me gusta nada, non me fai gracia e non a vexo nada orixinal nin ocorrente.
Dubido moito que en casos semellantes con outros protagonistas se obrase co mesmo celo profesional, totalmente desproporcionado neste caso. Agora ben, o dereito á liberdade de expresión non debe vulnerar o dereito á intimidade das persoas que debe ser respectado para todos os cidadáns.

2007/07/04

Seguidiñas

ImageConsulto as últimas noticias e atopo:
  • O lixo de Paris Hilton vendido por máis de mil dólares en eBay.
  • Arriba a Tenerife unha patera con 37 subsaharianos, dous deles mortos.
Así, seguidiñas, como se tanto tivese. Que mundo!!!

[Fotomontaxe de X]

Film lovers will love this!


A montaxe publicada pola UE na súa canle de Youtube para apoiar o cine europeo tampouco é nada extraordinario publicitariamente falando, pero visto que ultimamente hai tanto mexericas con ganas de criticar unha vese na obriga moral de aplaudir unha iniciativa que de principio lle parecería bastante mediocre.

2007/07/03

Exipto contra a ablacion de clítoris

ImagePor fin o goberno exipcio tomou a decisión de prohibir e penar a ablación de clítoris no seu territorio. Suma feliz a de poder engadir Exipto ao mapa dos países onde esta práctica abominable xa non poderá ser levada a cabo. Mágoa que aínda sexan moitos os estados que non seguen o exemplo.

2007/06/06

O pulverizador II

Image
A primeira hora chamaron do teléfono do cliente da marca do perfume. Unha voz aguda e menos agradable que a de onte á tarde comunicoume que xa falaran coa empresa que lles fai os perfumes e que lles confirmaran a existencia dunha partida con problemas nos pulverizadores, que a retiraran do mercado pero que fora imposible localizalos todos, etc. A voz aguda e neutramente cordial díxome que conserve o frasco e nun prazo máximo de quince días a outra empresa que xa ten os meus datos se ha de poñer en contacto comigo para tramitar a devolución. Para que logo digan que non funcionan ese tipo de servizos.
Falando de perfumes, teño un compañeiro de traballo que usa un perfume que provoca en min inconscientes lembranzas, por máis que o intento cada vez que cruzo con el non dou co nome da fragrancia e el, coqueto, négase a dicirmo.
Esta mañá tiven a sorte de poder determe diante da beleza durante uns minutos, aproveiteinos, prestoume, iso si, eu sen cámara non bolso.
Cando entrei no coche o volante queimaba, tiven que ir conducindo coas puntiñas dos dedos.
Outro gracioso pegou, ao carón da pegatina da tenda de decoración, outra, desta volta dun servizo de cerralleiros/fontaneiros/electricistas de 24 horas para urxencias. Danme ganas de chamalos. Urxente é, ponme mala vela alí. Podería marcar eses numeriños en negro sobre verde fluorescente e cando cheguen poñerlles na man un algodón enchoupado en alcol e ala, que limpen. Como isto siga así a porta dos contadores vaise transformar nunha colaxe cutre.
En canto ao de ELOS, o atentísimo e aplicadísimo Torreira xa se encargou de que se convertese nunha cuita menos.
En fin, o de ETA, se mo permiten, creo que me vai levar algo máis dun día arranxalo.
Fóra diso, comprei galletas de chocolate negro.