Image

A Enquisa da Comunidade Ase de 2025 xa está dispoñible!

Volveu chegar ese momento do ano: estamos a buscar persoas que queiran participar na Enquisa da Comunidade Ase!

A Enquisa da Comunidade Ase, dirixida polo Equipo Da Enquisa da Comunidade Ase en colaboración coa Universidade Northwestern, recompila información valiosa sobre a demografía e as experiencias des membres da comunidade ase, incluídas as identidades asexuais, demisexuais, gris-asexuais e outras identidades relacionadas. Ademais, es participantes poden decidir se queren compartir as súas respostas con investigadores externes ou unicamente co noso equipo.

A enquisa está dispoñible para todo o mundo. Non importa se és asexual, non asexual ou se aínda estás cuestionando a túa identidade: se tes 15 anos ou máis, estás benvide a participar! Gustaríanos recompilar unha amplia variedade de respostas de tantas partes da comunidade como sexa posible, polo que te animamos a compartir esta ligazón con calquera persoa potencialmente interesada ou con calquera comunidade(s) ase na(s) que participes.

Prema nesta ligazón para realizar a Enquisa da Comunidade Ase de 2025: 

https://redcap.fsm.northwestern.edu/surveys/?s=44EAW3J8FRWXMNTC ou https://tinyurl.com/AceSurvey2025

Poderás ver todos os resultados xa publicados da enquisa nesta ligazón: https://acecommunitysurvey.org. Se che gustaría recibir unha notificación automática por correo electrónico cando se publiquen novos resultados ou anuncios, podes abonarte aquí.